Combustión

A combustión (do latín combustio, -onis), é unha reacción química na que un elemento combustible se combina con outro comburente, desprendendo calor outras radiacións visibles ou non e producindo un óxido.

Os tipos máis frecuentes de combustibles son os materiais orgánicos que conteñen carbono e hidróxeno. O produto desas reaccións pode incluír monóxido de carbono (CO), dióxido de carbono (CO2), auga (H2O) e cinzas. O proceso de destruír materiais por combustión coñécese como incineración.

Combustión
Combustión

Tipos de combustión

Dependendo de como se produzan as reaccións de combustión, poden ser de diferentes tipos:

  • Combustión completa: prodúcese cando as substancias combustibles reaccionan ao maior grao de oxidación posible. Neste caso non haberá presenza de substancias combustibles nos produtos de reacción.
  • Combustión incompleta: prodúcese cando non se alcanza o máximo grao de oxidación e existe a presenza de substancias combustibles nos gases de reacción.
  • Combustión estequiométrica ou teórica: é a combustión que ten lugar coa cantidade mínima de aire para que non haxa substancias combustibles nos gases de reacción. Neste tipo de combustión non hai presenza de osíxeno nos fumes, debido a que se utilizou integramente na reacción.
  • Combustión con exceso de aire: é a reacción que se produce cunha cantidade de aire superior ao mínimo requirido. Cando se usa o exceso de aire, a combustión tende a non producir substancias combustibles nos gases de reacción. Neste tipo de combustión é típica a presenza de osíxeno nos gases de combustión. A razón pola que se adoita usar o exceso de aire é reaccionar completamente co combustible dispoñible no proceso.
  • Combustión con defecto de aire: é a reacción que se produce con menos aire que o mínimo requirido. Este tipo de reacción caracterízase pola presenza de substancias combustibles nos gases de reacción.

Produtos da combustión

Entre as substancias máis comúns que adoitan aparecer como consecuencia da combustión están:

  1. - Dióxido de carbono (CO2)
  2. - Auga (H2O como vapor de auga)
  3. - Nitróxeno (N2)
  4. - Osíxeno (O2)
  5. - Monóxido de carbono (CO)
  6. - Hidróxeno (H2)
  7. - Carbono en forma de tisne
  8. - Dióxido de xofre (SO2)
  9. - Óxidos de nitróxeno (NOx)
  10. - Cinzas
  11. - Hidrocarburos
  12. - Dioxinas
  13. - Hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAH)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Combustión Tipos de combustiónCombustión Produtos da combustiónCombustión NotasCombustión Véxase taménCombustión

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Luz FandiñoVerónica Martínez DelgadoFacultade de Socioloxía da Universidade da CoruñaChus PatoBaltasar Pardal VidalNúmero eSexoEscola Universitaria de Deseño Industrial de FerrolDaniel BasteiroO Pedrouzo, Arca, O PinoContinenteYouTube1979Marián Ferreiro DíazYves MontandLepa MladjenovicLola HerreraTaiwánBidueiroConcha VelascoCelso Emilio FerreiroDiana AguavilCalorNacionalidade históricaCasaquistánRulaOrchataFrancisco Vázquez VázquezAdvanced Encryption StandardEstrutura primaria das proteínasMicrosoftTelescopioPepe Domingo CastañoFrancisco Castro VelosoPremio RañolasCecilia BaenaÁreas lingüísticas do galegoAna María Fernández MartínezSambesugaIntelixencia artificialApollo 11Benito KamelasWBulgariaSocioloxía1963Daft PunkDigital object identifierAgricultura ecolóxicaEscola Politécnica Superior de FerrolHéitor PicalloPedro ChoscoEleccións municipais en AmesMaría KodamaLuís TorrasXoán Manuel PintosMarge SimpsonTomas DeLoreyCando petan na porta pola noiteDiego AnidoQuecemento globalEmilio Antón IboleónReino de GaliciaXela AriasMadeiraCarrachaPanteón Real da Catedral de SantiagoLista de países por poboaciónFesta da ReconquistaTahuataPsicoloxía97Álvaro Cunqueiro7Birimbao (instrumento musical)Certame de Narración Curta Ánxel Fole🡆 More