Javier Milei: Economista e político arxentino e presidente da Nación Arxentina dende 2023

Javier Gerardo Milei, nado en Buenos Aires o 22 de outubro de 1970, é un político, economista e autor arxentino.

Dende o 10 de decembro de 2023 é o presidente da Arxentina. Antes de entrar en política, Milei gañou notoriedade como economista, como autor de múltiples libros sobre economía e política e pola súa filosofía política particular.

Infotaula de personaJavier Milei
Javier Milei: Traxectoria, Notas, Véxase tamén
(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Javier Gerardo Milei Editar o valor em Wikidata
22 de outubro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Javier Milei: Traxectoria, Notas, Véxase tamén Presidente da Nación Arxentina
10 de decembro de 2023 –
← Alberto Fernández
Deputado da Arxentina
10 de decembro de 2021 – 10 de decembro de 2023
Circunscrición electoral: Buenos Aires
President of the Libertarian Party (Argentina) (en) Traducir
23 de febreiro de 2019 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBuenos Aires Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoCroats in Argentina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaPaleolibertarianismo (pt) Traducir, libertarianismo (pt) Traducir, Minarquía, anarcocapitalismo (pt) Traducir e conservadorismo Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónQ124750910 Traducir (1977–1988)
Universidade Torcuato di Tella - economía
Universidade de Belgrano (pt) Traducir - bachelor's degree in economics (en) Traducir
IDES (en) Traducir - economic theory (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,78 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , político , comentarista , funcionario , locutor de radio , mestre , presentador , escritor , futbolista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoA Liberdade Avança (pt) Traducir (2021–)
Avança Liberdade (pt) Traducir (2020–2021)
Partido Libertário (Argentina) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoConservadorismo, anarcocapitalismo (pt) Traducir, Escola Austríaca de Economía, Anti-politics (en) Traducir e liberalismo económico Editar o valor em Wikidata
ProfesoresShimon Axel Wahnish (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaFátima Flórez (pt) Traducir (2023–2024)
Lilia Lemoine (en) Traducir (2020–2021)
Daniela Péres (pt) Traducir (2018–2019) Editar o valor em Wikidata
IrmánsKarina Milei Editar o valor em Wikidata
ParentesRodrigo Lussich (curmán) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Javier Milei: Traxectoria, Notas, Véxase tamén Editar o valor em Wikidata

Páxina webjaviermilei.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm9348448 Facebook: JavierMileiEconomista Twitter: JMilei Instagram: javiermilei Youtube: UCwKZnJ48oXRCCGCQbL1BPSA TikTok: javiermileii Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Infancia, mocidade e familia

Javier Gerardo Milei naceu o 22 de outubro de 1970 en Buenos Aires, fillo de Norberto Horacio Milei, chofer de autobús e logo empresario dese sector, e Alicia Luján Lucich. Ten unha irmá menor, Karina, nada en 1973, con quen sempre mantivo unha estreita relación.

As relacións familiares foron complexas e Milei acusou aos seus pais de malos tratos verbais e físicos. Rompeu relacións con eles en idade adulta, non tendo contacto cos seus pais durante uns dez anos. Posteriormente, xa na súa época pública, Javier Milei retomou relacións grazas á mediación da súa irmá.

Durante a súa infancia a familia deixou o barrio de Palermo para morar en Villa Devoto, cursando o ensino primario e secundario no Colexio Cardeal Capello, un centro católico rexido polos Irmáns da Instrución Católica de Plöermel.

Ademais, durante a súa mocidade xogou como porteiro no club Chacarita Juniors e tiña un grupo de rock chamado Everest que facía versións de cancións dos Rolling Stones.

Formación académica

Segundo as súas propias lembranzas, as razóns do colapso da política do ministro José Alfredo Martínez de Hoz e a hiperinflación do goberno de Raúl Alfonsín, motivárono a matricularse en Economía na Universidade de Belgrano. Unha vez licenciado, cursou un máster de Teoría Económica no Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (IDES) e outro de Economía na Universidade Torcuato di Tella, ambos os dous centros educativos de Buenos Aires.

Carreira profesional

Logo de facer prácticas no Banco Central da República Arxentina entre 1992 e 1993, e de ser asesor do político Antonio Domingo Bussi cando este foi deputado entre 1995 e 1999. Bussi previamente fora interventor na provincia de Tucumán durante a ditadura militar que se prolongou entre 1976 e 1983 e foi condenado pola súa responsabilidade en crimes feitos durante ese período.

Foi economista xefe da administradora de fondos de xubilacións e pensións Máxima, unha das xestoras do aforro de capitalización individual impulsadas polo goberno de Carlos Menem e traballou como coordinador do Estudio Broda (un gabinete de economistas) e no banco multinacional HSBC. Tamén asesorou ao goberno arxentino no Centro Internacional de Arranxo de Diferenzas relativas a Inversións (CIADI), organismo dependente do Banco Mundial. Ademais, foi economista para a Fundación Acordar, vencellada ao político Daniel Scioli, membro do B20, do Grupo de Política Económica do ICC Internacional e do World Economic Forum. Ata 2021 foi asesor de riscos na Corporación América, o holding propiedade de Eduardo Eurnekián, e unha das máis grandes fortunas da Arxentina.

Ademais impartiu clases de Microeconomía, Macroeconomía, Teoría Monetaria, Teoría Financieira, Crecemiento Económico e Economía Matemática en distintos centros universitarios arxentinos como a Universidade de Buenos Aires, a Universidade Arxentina da Empresa e a Universidade de Belgrano, onde se mantivo ata 2021. Estímase que é o autor de máis de cincuenta artigos académicos, preto de medio millar de artigos xornalísticos e dezaseis libros, algúns canda outros.

Sona nos medios de comunicación

Participou por primeira vez en 2015 nun programa de televisión, dentro dunha mesa de análise económica. Dende o comezo, gañou sona polo infrecuente da súa perspectiva teórica (a Escola Austríaca, que non é a maioritaria entre os seus homólogos) e polo seu estilo comunicativo: vehemente e confrontativo. Deste xeito, foi gañando espazos en diferentes medios, tanto de prensa escrita, como en faladoiros de radios, e, especialmente, de televisión. As retesías con outros participantes que defendían postulados keynesianos ou peronistas incrementaron a súa notoriedade. Enérxico e teimoso na defensa das súas ideas, era procaz no debate contra os seus adversarios. Nestas intervencións criticou as políticas fiscais de varias administracións arxentinas e avogou pola redución do gasto público.

Moitas dúas participacións televisivas foron editadas, resumidas e subidas ás redes sociais polo que a súa sona traspasou o ámbito especializado no económico para converterse nun referente nos medios e da escena pública arxentina. Así, en 2018 protagonizou unha obra de teatro, chamada "O consultorio de Milei", e tamén foi convidado a numerosos programas de entretemento.

Posicións políticas

Foi descrito politicamente como un libertario de dereitas, ultraliberal ou ultradereitista, populista e partidario do capitalismo laissez faire, aliñando especificamente cos principios minárquicos e anarcocapitalistas. Na súa propia definición é liberal libertario, anarcocapitalista ou anarquista de mercado. As súas opinións distíngueno no panorama político arxentino e conseguiron unha importante atención pública e reaccións polarizantes. Propuxo unha revisión integral das políticas fiscais e estruturais do país. O seu apoio á liberdade de elección en temas como as drogas, as armas, a prostitución, o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, a preferencia sexual e a identidade de xénero contrastou coa súa oposición xeral ao aborto, a eutanasia e a inmigración de criminais. En política exterior, avoga por relacións máis estreitas cos Estados Unidos e é un forte crítico do Partido Comunista Chinés.

Como adherente á Escola Austriaca de Economía, Javier Milei defende a supresión do Banco Central da República Arxentina, a eliminación do peso arxentino (que sustituiría polo dólar estadounidense) e a redución do peso do Estado na economía promovendo a baixada de impostos e privatizacións de empresas públicas. A nivel político, sintetiza as súas concepcións no aserto do liberal arxentino Alberto Benegas Lynch, que adoitou repetir decote nas súas campañas: "o liberalismo é o respecto irrestrito ao proxecto de vida do próximo, baseado no principio de non agresión, en defensa da vida, a liberdade e a propiedade".

Carreira política

Deputado (2021-2023)

Milei, coñecido pola súa personalidade extravagante, estilo persoal distintivo e forte presenza nos medios, entrou en política no ano 2021. En xullo de 2021 anunciou a súa precandidatura a deputado federal pola cidade de Buenos Aires para as próximas eleccións de outubro dese ano pola lista "A Liberdade Avanza". As eleccións primarias abertas, simultáneas e obrigatorias, colocaron a súa forza como a terceira en votos co 13,64% dos votos. Foi elixido deputado nacional en representación da cidade de Buenos Aires por La Libertad Avanza, sendo tamén deputada polo mesmo distrito a súa compañeira de lista Victoria Villarruel, avogada coñecida polas teses revisionistas sobre o Proceso de Reorganización Nacional. Como deputado nacional, limitou as súas actividades lexislativas ao voto, centrándose en cambio en criticar o que el describe como a elite política arxentina e a súa propensión ao gasto público elevado. Milei comprometeuse a non subir impostos e doou o seu salario de deputado nacional mediante un sorteo mensual. Máis tarde, derrotou ao ministro de economía en funcións, Sergio Massa, na segunda volta das eleccións presidenciais de 2023, presentándose nunha plataforma que acusou o dominio ideolóxico do peronismo no país como detrás da crise económica arxentina en curso.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Javier Milei TraxectoriaJavier Milei NotasJavier Milei Véxase taménJavier Milei10 de decembro1970202322 de outubroArxentinaBuenos AiresEconomistaFilosofía políticaPolítico, políticaPresidente da Nación Arxentina

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pardo de CelaJesús Hidalgo BermejoAC-101Bob DylanIsabel Díaz AyusoMalena AlterioMarta Fernández-TapiasElvira Fernández BalboaGonzalo LouzaoEstatua de Che Guevara en OleirosLisboaMoción de confianzaBenito KamelasVertoLeninAmieiroCarbohidratoPonte 25 de AbrilEscudo de GaliciaJéssica BouzasCarlomagnoCuruxa comúnRebel MoonMergullón cristadoMarcelo CaetanoMáquina comecartosCastro de Punta do BicoRede privada virtualConvento do Carme de PadrónXXXTentacionJosé López CamposAmy WinehouseCessna T-37 TweetAmaia Martínez GrisaleñaJosé Manuel Rodríguez PuenteAltriContactToxo arnalVila de CrucesLista de filmes coas maiores recadaciónsJorge PeteiroRamiro CarregalJava (linguaxe de programación)Gabriel García MárquezVilagarcía de ArousaDiáspora galegaConcellos de GaliciaCarlos de Matos GomesBucetaBronceAdolf HitlerOs adverbios galegosTraxe galegoAna Luísa BouzaCristiano RonaldoYolanda DíazCanle (enxeñaría)Ledicia CostasXosé Luís Méndez FerrínFesta dos maiosPO divino saineteLista de exónimos en galegoLuis Mateo DíezGoogleAntón LamazaresDeserto do SáharaSantiago de CompostelaJesús Vázquez Almuíña1868CaquetáPaís Vasco (rexión histórica)🡆 More