Populismo

O populismo é un termo político para designar correntes heteroxéneas pero caracterizadas pola súa aversión ás elites económicas e intelectuais, a súa denuncia da corrupción política por parte das clases privilexiadas e a súa constante apelación ó Pobo.

Populismo
Coa súa retórica do "99%" (o pobo) fronte ao "1%" (a elite), o movemento Ocupacional internacional foi un exemplo de movemento social populista.
Populismo
Segundo o definido na Carta Nolan, o populismo (e totalitarismo) sitúase na parte inferior esquerda.
Populismo
Un debuxo animado de 1896 no que William Jennings Bryan, un partidario decidido do populismo, foi tragar o símbolo do Partido Demócrata de América.

Ademais adoita asociarse á Demagoxia.

A aparición do populismo como fenómeno social lígase a procesos de rápida modernización ou cambio como unha postura crítica que argumenta que estes xeran distinto grao de desenvolvemento nas diversas clases ou rexións dun país e en consecuencia desigualdade.

O termo populismo usouse en política dúas acepcións diferentes. Unha delas ten un significado positivo e a outra pexorativo.

Populismo en sentido pexorativo

O populismo cunha significación pexorativa é o uso de "medidas de goberno populares", destinadas a gañar a simpatía da poboación, particularmente se esta posúe dereito a voto, aínda a conta de tomar medidas contrarias ó Estado democrático.

De acordo, con esta significación algúns movementos populistas darían a amplas capas da poboación beneficios limitados ou solucións a curto prazo que non pon en perigo a orde social instituída nin outorga capacidades reais de autodeterminación ós pobos senón que serven para que eleven ou manteñan a popularidade dos caudillos ou do réxime reforzando o seu poder.

Diferénciase da demagoxia porque se refire non só a discursos, senón tamén a accións. Así, pódese entender como unha táctica de uso limitado, ou ben como unha forma permanente de facer política e permanecer no poder. Agora ben, a definición do que é o benestar xeral do Pobo así como de Curto prazo, Orde social instituída ou Autodeterminación permiten manipular o uso do termo e aplicalo eventualmente contra os adversarios políticos.

Populismo en sentido positivo

O populismo cunha significación positiva é un movemento social que pretende que o poder recaia máis no pobo: entendido como granxeiros, obreiros e pequenos emprendedores, as clases media e baixa; e menos ás elites políticas e corporativas. O populismo baséase no apoio voluntario, as ideas políticas da cultura autóctona sen caer no nacionalismo e oponse ós imperialismos.

Exemplos deste tipo de populismo poden ser o populismo ruso, o populismo norteamericano, o cantonalismo español, o agrarismo mexicano ou os carbonari italianos.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Populismo 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Populismo en sentido pexorativoPopulismo en sentido positivoPopulismo Véxase taménPopulismoCorrupción políticaPoboPolítico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Álex FidalgoManuel MaríaAna RomaníAustraliaGonzalo Louzao1915Marcelo CaetanoInfinitivo conxugadoCubaoyz9zLondresMerloBárbara ReyPoesíaEstado NovoAlfonso Basterra CamporroLeitzaPunta UmbríaRusiaCarrizo (paxaro)Jorge PeteiroConvento do Carme de PadrónLista de programas de Televisión EspañolaMecanismo de AnticiteraWayback MachineNeptunoMichael JacksonXXXTentacionGeorgia O'KeeffeJuan CorralVincent van GoghSalgueiroYouTubeInstagramMarcelo Rebelo de SousaNacho VegasElena CandiaGalaicosCharles WhitePontellaArcePablo EcheniqueÁcido dipicolínicoFermin MuguruzaRaposo comúnClint EastwoodFrancisco Castro VelosoCharles DarwinIker MuniainDelfínCalorDía das Letras GalegasMartín Sarmiento22 de xulloJude BellinghamDodroCataluñaFrancisco Varela OuroDiáspora galegaAltriMovimento das Forças ArmadasFederico García LorcaEstados Unidos de AméricaMoscovaEduardo PondalHomosexualidadeCangasTaylor SwiftLugoMiguel de CervantesXosé FortesGrupo RompenteAeroporto de VigoAliança Catalana🡆 More