Herba Becerra: Especie de planta

A herba becerra ou herba do can Antirrhinum majus é unha especie de planta da familia das plantaxináceas de talo ergueito, con follas simples, opostas na base do talo e alternas máis arriba e flores en acios de distintas cores, de forma característica, nativa do Mediterráneo, desde Marrocos, Portugal e sur de Francia, até o leste de Turquía e Siria.

Herba becerra
Herba Becerra: Descrición, Hábitat, Distribución
Planta nun muro de cachotes en Thasos, Grecia
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Plantaginaceae
Subfamilia: Antirrhinoideae
Tribo: Antirrhineae
Xénero: Antirrhinum
Especie: Antirrhinum majus

Descrición

Planta bienal até perenne, de 1,5–2 m de altura, coa base algo leñosa, máis ou menos ramificada, ascendente até recta, desigualmente vilosa e glandulosa. Follas inferiores opostas, as superiores alternas, lineares, de 1–7 cm de longo e 1–25 mm de ancho, sésiles, de marxes enteiras, de base acuñada. Inflorescencias en acios terminais. Cáliz de até 8 mm de longo, con sépalos de igual lonxitude, oblongos até largos. Corola vermello púrpura, de até case 5 cm de longo, cun labio superior bilobado e un inferior dividido en tres partes. Tubo corolino pechado por 2 prominencias avultadas. 4 estames no tubo corolino. Cápsula de até 14 mm de longo, gladulosa até glabra, oblonga, con tres poros.

Hábitat

Pedregueiras, rochedos, paredes, pendentes pedrentas.

Distribución

Mediterráneo de España até Turquía e Siria. Cultivada e moi estendida.

Herba Becerra: Descrición, Hábitat, Distribución 
Antirrhinum majus subsp. linkianum.
Herba Becerra: Descrición, Hábitat, Distribución 
Ilustración
Herba Becerra: Descrición, Hábitat, Distribución 
Detalle da flor
Herba Becerra: Descrición, Hábitat, Distribución 
Nun selo postal de Rusia
Herba Becerra: Descrición, Hábitat, Distribución 
Inflorescencia
Herba Becerra: Descrición, Hábitat, Distribución 
Cultivar

Cultivo e usos

As diversas especies son plantadas en xardíns polas súas flores. É tratada como planta anual, especialmente en zonas frías onde non sobrevive ao inverno. Numerosos cultivares están dispoñíbeis, incluíndo plantas con flores de cor lavanda, laranxa, rosa, amarela, ou brancas, e tamén cunha floración simétrica.

Propiedades

Principios activos: contén mucilaxes, ácido gálico, resinas, pectina, rinantina, amargos.

Indicacións: é emoliente tópico. Antifloxístico, resolvente. Adstrinxente, detersivo, antiescorbútico, hepático, diurético. É eficaz contra as inflamacións, úsase para as almorrás. Utilizouse en gargarexos contra ulceraciones da cavidade bucal. Internamente en colite e pirose. Externamente, como cataplasmas, sobre os eritemas.

Estudos no desenvolvemento da simetría bilateral

O desenvolvemento da monosimetría floral foi investigado mediante o uso de xenética molecular e un dos modelos máis usados neste eido foi a herba becerra (xénero Antirrhinum). Como primeiro modelo foi usada a especie Antirrhinum majus. En termos adaptativos a monosimetría semella evolucionar varias veces de forma independente a partir da simetría radial debido a que é un sistema exitoso en relación ao gran potencial para a precisión dos mecanismos de polinización por animais.

Taxonomía

Antirrhinum majus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 617. 1753.

Antirrhinum: nome xenérico que deriva do grego anti = "como," e rhinon = "nariz," por mor de que as flores semellan teren un nariz.

majus: epíteto latino que significa "maior".

    Subespecies

Hai 5 subespecies:

  • Antirrhinum majus subsp. majus. Sur de Francia, nordés de España
  • Antirrhinum majus subsp. cirrhigerum (Ficalho) Franco. Sur de Portugal, suroeste de España
  • Antirrhinum majus subsp. linkianum (Boiss. & Reut.) Rothm. Oeste de Portugal (endémica)
  • Antirrhinum majus subsp. litigiosum (Pau) Rothm. Sueste de España aínda que tamén se atoparon no oeste do mesmo país.
  • Antirrhinum majus subsp. tortuosum (Bosc) Rouy
  • Antirrhinum grandiflorum Stokes
  • Antirrhinum hispanorum Bordère ex Rothm.
  • Antirrhinum latifolium var. purpurascens Benth.
  • Antirrhinum majus var. ongipedunculatum Regel
  • Antirrhinum majus var. peloria Migout
  • Antirrhinum majus var. pseudoma jus.
  • Antirrhinum murale Salisb.
  • Antirrhinum vulgare Bubani

Notas

Véxase tamén

Tags:

Herba Becerra DescriciónHerba Becerra HábitatHerba Becerra DistribuciónHerba Becerra Cultivo e usosHerba Becerra PropiedadesHerba Becerra Estudos no desenvolvemento da simetría bilateralHerba Becerra TaxonomíaHerba Becerra NotasHerba Becerra Véxase taménHerba BecerraFranciaMar MediterráneoMarrocosPortugalSiriaTurquía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

TailandiaCristina PichelIsabel ZendalHistoria de SingapurXabier LópezXosé Luís Méndez FerrínAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoVilagarcía de ArousaZakat al-FitrCSSSuso DíazEdmundo RiveroMatemática aplicadaSidraShin ChanFeixónRúa Xeneral Gutiérrez Mellado (Pontevedra)Suso de ToroLingua indonesiaXoán MontesCarballo comúnJude BellinghamIñaki de Juana ChaosCidade Vella da CoruñaLingua neerlandesaFrancisco Porto ReyBenito MussoliniCouto MixtoPaula CarballeiraTito AsoreyCando petan na porta pola noiteCaixa de Aforros Provincial de PontevedraRochoTereixa NavazaParadigmas dos verbos irregulares galegosPrimeira cruzadaManuel Núñez SingalaAntolín FaraldoO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoArroazLista de palabras galegas de orixe celtaLionel MessiMachu PicchuMariano RajoyLondresAmorodoMaría RamalloWehrmachtIdeaRoman de RouInfolibrePaula CabaleiroAlberte MománMela CasalPolinomios de ChebyshevLila (planta)Ruxe RuxeFlora invasora de GaliciaDaniel BasteiroFelipe GonzálezShinovaFernando AlonsoCreative CommonsGonzalo MellaFaro de VigoMarie CurieXestaLuís García MañáIndonesiaKeanu ReevesOcéano ÍndicoEva Iglesias MiguénsEnrico CarusoIndiaFernando Taboada GuntínDavid PerdomoCanle (enxeñaría)🡆 More