Gerard Piqué: Futbolista español

Gerard Piqué i Bernabéu, nado en Barcelona o 2 de febreiro de 1987, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Fútbol Club Barcelona.

Foi o terceiro futbolista, tras Marcel Desailly e Paulo Sousa, en lograr gañar a Liga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes, no 2008 co Manchester United e no 2009 co Barcelona.

Gerard Piqué
Gerard Piqué: Traxectoria, Internacional, Clubs
Piqué na Euro 2012.
Información persoal
Nome Gerard Piqué i Bernabéu
Nacemento 2 de febreiro de 1987 (37 anos)
Lugar de nacemento Barcelona
Altura 1,92 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Barcelona
Número 3
Carreira xuvenil
1997–2004 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2008 Manchester United 12 (0)
2006–2007Zaragoza (cedido) 22 (2)
2008– Barcelona 228 (21)
Selección nacional
2002–2003 España sub-16 7 (2)
2004 España sub-17 8 (3)
2006 España sub-19 8 (3)
2007 España sub-20 5 (1)
2006–2008 España sub-21 12 (1)
2009– España 84 (5)
2004– Cataluña 9 (0)
Na rede
http://www.gerardpique.com/
IMDB: nm3357594 Facebook: 3GerardPique Twitter: 3gerardpique Instagram: 3gerardpique Youtube: UCIf0t1O80NbdV5uMLY6Qp_g FIFA: 216973 UEFA: 93148 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de outubro de 2016.
Selección: actualizado a 10 de outubro de 2016.editar datos en Wikidata ]

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.

Traxectoria

Primeiros anos

Xogou en todas as categorías inferiores do FC Barcelona, con todo asinou o seu primeiro contrato profesional co Manchester United un dos clubs do fútbol profesional inglés onde se puido formar como profesional.

Manchester United

Debutou co primeiro equipo do Manchester United en outubro de 2004 substituíndo a John O'Shea na vitoria do equipo red por 0-3 ante o Crewe Alexandra, na terceira rolda da Carling Cup,

Asinou o seu segundo contrato cos ingleses en febreiro de 2005, logo de ter varias boas actuacións no equipo reserva do equipo de Manchester. O seu debut como titular no primeiro equipo chegou o 26 de marzo de 2006, nun partido de Premier League ante o West Ham United.

Real Zaragoza

No verán de 2006, o Manchester United e o Real Zaragoza chegaron a un acordo para a cesión do xogador por unha tempada. Xogou 22 encontros de titular co equipo zaragozano, formando no centro da defensa xunto ao arxentino Gabriel Milito. Tamén actuou na posición de mediocentro defensivo con solvencia. Finalizan na 6ª posición clasificándose así para disputar a Copa da UEFA.

Volta ao Manchester United

O Manchester anunciou en maio de 2007 que Piqué volvería á entidade inglesa tras a súa boa tempada en España. Piqué entrou a formar parte do primeiro equipo. Marcou o seu primeiro gol na Liga de Campións da UEFA o 7 de novembro de 2007, ante o Dynamo de Kíiv de Ucraína na fase de grupos. Volveu marcar en devandita competición o 12 de decembro, fronte ao AS Roma. Esa tempada conseguiu o título da Premier League co Manchester United e tamén a Liga de Campións da UEFA da tempada.

FC Barcelona

O 27 de maio de 2008, Piqué asinou un contrato de 4 anos co FC Barcelona cunha cláusula de 50 millóns de euros. Da man do técnico Pep Guardiola, Piqué converteuse nun dos activos máis importantes para a defensa "azulgrana". O equipo catalán asinou unha primeira volta histórica, conseguindo 50 puntos.

O 2 de maio de 2009 anotou o sexto gol na goleada por 2-6 que o FC Barcelona conseguiu fronte ao Real Madrid no Estadio Santiago Bernabéu.

O 13 de maio de 2009 foi titular na final onde o seu equipo proclamouse campión da Copa do Rei, partido que venceu o club blaugrana por 1-4 enfrontándose ao Athletic Club de Bilbao. O 16 de maio de 2009, gañou o seu primeiro título de Primeira División de España, ao perder o Real Madrid por 3-2 fronte ao Villarreal CF, sendo campión matematicamente o FC Barcelona.

Esa mesma tempada, o 27 de maio de 2009 formaría parte do once titular do FC Barcelona que disputou a final da Liga de Campións da UEFA, precisamente contra o seu exequipo, o Manchester United, no Estadio Olímpico de Roma. O FC Barcelona venceu por 2-0, conseguindo así Piqué a súa segunda UEFA Champions League consecutiva grazas aos goles de Eto'o e o arxentino Messi.

O 26 de febreiro de 2010, Gerard Piqué renovou o seu contrato co FC Barcelona ata 2015 cunha cláusula de rescisión de 200 millóns de euros.

Internacional

Foi internacional en 14 ocasións coa selección de España. Debutou, como titular, o 11 de febreiro de 2009 nun partido amigable ante Inglaterra no Ramón Sánchez Pizjuán, Sevilla. O 28 de marzo de 2009, no seu segundo partido internacional, no Estadio Santiago Bernabéu ante Turquía, anotou o seu primeiro gol coa camiseta de a vermella.

O 11 de xullo de 2010 xogou a final do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, proclamándose campión. Gerard Piqué, Iker Casillas e Joan Capdevila foron os únicos xogadores da selección española que disputaron todos os partidos do Mundial.

Tamén xogou en 3 ocasións coa Selección de fútbol de Cataluña, aínda que sen marcar ningún gol. A última ocasión foi o 22 de decembro de 2009 contra a Selección Arxentina de fútbol onde gañaron 4-2 baixo as ordes de Johann Cruyff.

Clubs

Actualizado o 15 de maio de 2010

Club País Ano Partidos Goles
Manchester United Inglaterra 2004 - 2006 3 0
Real Zaragoza España 2006 - 2007 28 3
Manchester United Inglaterra 2007 - 2008 12 2
FC Barcelona España 2008 - presente 87 7

Palmarés

Campionatos nacionais

Título Club País Ano
League Cup Manchester United Inglaterra 2006
Community Shield Manchester United Inglaterra 2007
Premier League Manchester United Inglaterra 2008
Copa do Rei FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2009
Supercopa de España FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2010
Liga de España FC Barcelona España 2011
Copa do Rei FC Barcelona España 2012
Liga de España FC Barcelona España 2013

Campionatos internacionais

Título Club País Ano
Campionato de Europa Sub-19 Selección sub-19 España 2006
Liga de Campións da UEFA Manchester United Inglaterra 2008
Liga de Campións da UEFA FC Barcelona España 2009
Supercopa de Europa FC Barcelona España 2009
Copa Mundial de Clubs da FIFA FC Barcelona Abu Dabi 2009
Copa Mundial de Fútbol Selección española Suráfrica 2010

Distincións Individuais

Vida privada

O pai de Piqué, Joan é avogado e a súa nai Montserrat é directora dun hospital. O seu avó, Amador Bernabéu, foi vicepresidente do FC Barcelona.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Gerard Piqué TraxectoriaGerard Piqué InternacionalGerard Piqué ClubsGerard Piqué PalmarésGerard Piqué Distincións IndividuaisGerard Piqué Vida privadaGerard Piqué NotasGerard Piqué Véxase taménGerard Piqué19872 de febreiroBarcelonaFutbolistaFútbol Club BarcelonaLiga de Campións da UEFAManchester UnitedMarcel DesaillyPosicións no fútbol

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Scarlett JohanssonLiteratura infantilLista de deuses celtasJude BellinghamTECOR societarioLontreiraAlfabeto galegoMexacánc70mgXurxo AyánIsaac NewtonTelexornalÁcido dipicolínicoShōgunTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Cayetana Álvarez de ToledoA CoruñaVáknerVigoJosé Luis Rodríguez ZapateroMomia de ManchesterPastora Dominga González ViéitezMártires de CarralFoca monxeVictoria Núñez LópezVoleibolAndoriñaCabo Norte, NoruegaDía das Letras GalegasXXXTentacionBortziriakTeixugoFrancisco Castro VelosoAmérica do NortePosición do misioneiro invertidaLuís CíliaBenito KamelasVilagarcía de ArousaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024O incerto señor Don HamletFerrer BassaReal Academia GalegaRaposo comúnCarlos SoberaRicardo BeirasVerónica ForquéDelfínidosMaría Jesús MonteroUcraínaPapuxa das amorasShinovaUniversidade de ManchesterDaniel BasteiroConcellos de GaliciaAC-101CohesiónDonicelaContactRafael NadalManuel Gago MariñoBrasilDiglosiaFrancisco FrancoXunta de GaliciaToniña comúnO Carballiño2003MeigaParlamento de GaliciaEcce HomoMichael Jackson🡆 More