Lúa Fobos: Satélite máis grande de Marte

Fobos ou Marte I é un satélite de Marte descuberto o 18 de agosto de 1877 polo norteamericano Asaph Hall desde o observatorio de Washington.

Fobos é o satélite máis grande de Marte, aínda que só ten uns 27 km de diámetro e está, por tanto, entre os máis pequenos do sistema solar. Ten un período de 7 horas e 39 minutos e pasa polo ceo do planeta vermello 3 veces ao día. A súa superficie componse de rocha rica en carbono e po, e está moi marcada por cráteres, o meirande deles denominado Stickney que foi o resultado da colisión con outro obxecto que estivo a piques de esnaquizar esta lúa.

Lúa Fobos: Satélite máis grande de Marte

Fobos sempre presenta a mesma cara a Marte debido ás forzas de marea que o planeta exerce sobre o seu satélite. Esta mesma forza provoca que Fobos se achegue cada vez máis a Marte. Esta proximidade (6.000 km da superficie de Marte, sendo así o satélite máis próximo ao seu corpo primario) indica que Fobos está sentenciado: nuns 40 millóns de anos caerá sobre Marte provocándolle un novo cráter na súa superficie ou, pola contra, poderíase destruír sen ter que precipitarse sobre o planeta creando un anel de pequenos corpos en órbita.

Ao igual que Deimos, pénsase que Fobos é un asteroide que na súa órbita quedou atrapado pola forza gravitacional de Marte.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

18 de agosto1877Asaph HallCarbonoMarte

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GaliciaVox populiGrupo SargadelosDiáspora galegaOtelo Saraiva de CarvalhoCarlos NegroFiúnchoHeraldo de ViveroSénecaImmanuel KantMamen MendizábalBojan KrkićJesús Hidalgo BermejoSelección de fútbol de GaliciaRibeiraFesta da Palabra SilenciadaXeración do 36Pablo EcheniqueMariano RajoyDía das Letras GalegasFernando Salgado GarcíaCubaHomosexualidadeAndoriñaGrupo RompenteEl Correo GallegoAmieiroFernando Salgado VarelaTeresa García-SabellLista de emperadores romanosSete SabiosCarlos de Matos GomesMúsica tradicional galegaXosé Luís BernalAlexander VórticeFrida KahloInglaterraBoyanka Kostova (grupo musical)Comarca de Sarria2024Ácido dipicolínicoMoinanteRaffaella CarràBigues i Riells del FaiPapuxa das amorasRusiaBibTeXÁnxel CasalEscudo de GaliciaLingua galegaPorno suaveEstados Unidos de AméricaAs dúas MaríasEduardo IndaFabiola GarcíaXXXTentacionMark Lewis JonesGerardo Pardo de VeraRomariz, Riós, RiósBidueiroRevolución dos caraveisFingeringMerloCatedral de Santiago de CompostelaManuel RivasDiglosiaFillas de CassandraLista de siglas e acrónimosMalena AlterioPobo palestinoRaposo comúnRoberto VerinoContact🡆 More