Lúa Deimos: Satélite máis pequeno de Marte

Deimos ou Marte II é o satélite máis pequeno de Marte con 15 km de diámetro.

Descuberto o 12 de agosto de 1877 polo astrónomo norteamericano Asaph Hall, Deimos é probablemente un asteroide que viu a súa órbita perturbada pola gravidade de Xúpiter, de maneira que Marte o capturou, aínda que esta teoría aínda non está totalmente aceptada. Como a maioría dos corpos de tamaño comparable, Deimos posúe unha forma moi irregular, e mide 15x12x10 km.

Deimos componse de rocha rica en carbono, moi similar ós asteroides de tipo C (condrita carbonácea), e de xeo. Posúe cráteres, pero a súa superficie é notablemente máis lisa que a de Fobos, debido ao enchido parcial dos seus cráteres con regolito.

Visto desde Deimos, Marte sería 1.000 veces máis grande e 400 veces máis brillante que a lúa chea vista desde a Terra, ocupando 1/11 do largo dun hemisferio celeste.

Visto desde Marte, Deimos ten un diámetro angular non maior de 2,5', de modo que á primeira ollada aparece como unha estrela. No seu momento de máis brillo ("lúa chea") vese máis ou menos igual de brillante que Venus desde a Terra. No cuarto crecente sería tan brillante como Vega. Cando Deimos pasa por diante do Sol, o seu diámetro angular é só unhas 2,5 veces o diámetro angular de Venus durante o tránsito de Venus visto desde a Terra.

Ó contrario que Fobos, que orbita tan rapidamente que de feito sae polo oeste e se pon polo leste, Deimos sae polo leste e ponse polo oeste. Con todo, o período orbital de Deimos (aproximadamente 30,5 horas) excede o día solar marciano (unhas 24,5 horas) por tan pouco tempo que pasan 2,7 días desde a saída ata a posta, para un observador ecuatorial.

Debido á súa órbita, que é relativamente próxima a Marte e con só unha pequena inclinación respecto ó ecuador marciano, Deimos non pode ser observado desde latitudes marcianas superiores a 83,7 º. Con todo nas mellores oposicións (2003 e 2005) pode ser capturado con cámaras CCD nos seus maiores elongacións.

Tags:

Marte

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GrellaNava CastroMáquina comecartosXabarilO incerto señor Don HamletEstatuto de autonomía de Galicia de 1936Ourizo cachoRaposo comúnRoberto Tojeiro DíazSuso VaamondeJRPrefectura de GifuLuís Álvarez PousaGoián, TomiñoCayetano RiveraA Cure for WellnessCicerónMediasA Escravitude, Cruces, PadrónLista de xentilicios de concellos galegosA FonsagradaOLista de exónimos en galegoAlcaldes da CoruñaToquioQDavid RegadesCantigas de Santa MaríaXabier GonzálezSaneamentoTino Saqués1Fragas do EumePepo Suevos7Ledicia CostasBipartito galegoXabier DeiveEucaliptoHomosexualidadeWikiNosce te ipsumMonte Porreiro, Mourente, PontevedraÁreas sanitarias de GaliciaDinahostingVicente RiscoRequiarioLugoAntonio Muñoz MolinaAbel CaballeroQuenllaSardiña2023Os ÁnxelesAhí ven o maioGheadaChatGPTLago ComoMarraxoAguiño, RibeiraAlternativa por ArzúaPablo López JiménezDaniel de la TorreClaudio Garrido MartínezEspazo ComúnLíbanoA CoruñaColocación do pronome átono en galegoJosé Manuel Rey de VianaQue me queres, amor?Eva Iglesias MiguénsTopónimos célticos en GaliciaA BañaUIAFACampionato de España de segunda categoríaMariola (xogo)🡆 More