Five Finger Death Punch: Grupo musical estadounidense de heavy metal

Five Finger Death Punch (abreviado FFDP ou 5FDP) é un grupo musical estadounidense de heavy metal formado no 2005 en Las Vegas, Nevada.

A formación orixinal do grupo consistía no vocalista Ivan Moody, o guitarrista Zoltan Bathory, o tamén guitarrista Caleb Andrew Bingham, o baixista Matt Snell e o batería Jeremy Spencer. Darrell Roberts substituíu a Bingham no ano 2006, e á súa vez foi substituído por Jason Hook en 2009. Matt Snell deixou o grupo no 2010, e foi substituído por Chris Kael no 2011.

Five Finger Death Punch
Five Finger Death Punch: Historia, Estilo e influencias, Membros
OrixeLas Vegas, Nevada, Five Finger Death Punch: Historia, Estilo e influencias, Membros
PeríodoDende 2005
Xénero(s)Groove metal, Heavy metal, Hard rock, Metal alternativo
Selo(s) discográfico(s)Firm/EMI, Prospect Park, Spinefarm/Universal
MembrosZoltan Bathory
Jason Hook
Chris Kael
Ivan Moody
Jeremy Spencer
Antigos membrosCaleb Bingham
Darrell Roberts
Matt Snell
Artistas relacionadosU.P.O., Motograter, In This Moment, Ghost Machine
Na rede
www.fivefingerdeathpunch.com
IMDB: nm4038010 Facebook: fivefingerdeathpunch Twitter: FFDP Instagram: 5fdp MySpace: ffdp Youtube: UCQjw3b3Ay5zMmEHUAxL93Rw TikTok: fivefingerdeathpunch Souncloud: five-finger-death-punch-official Spotify: 5t28BP42x2axFnqOOMg3CM iTunes: 258875116 Last fm: Five+Finger+Death+Punch Musicbrainz: 7e8571b1-7c5a-4739-bc51-73d422ee9d74 Songkick: 577269 Discogs: 1502727 Allmusic: mn0000640208 Deezer: 158710 Genius: Five-finger-death-punch Editar o valor em Wikidata

Os seus dous primeiros álbums, The Way of the Fist no 2007 e War Is the Answer no 2009, venderon máis de 500 000 copias nos Estados Unidos, sendo ámbolos dous certificados como discos de ouro pola RIAA. O terceiro álbum do grupo, titulado American Capitalist, saíu ao mercado o 11 de outubro do 2011, acadando a certificación de ouro no seu primeiro ano á venda. O grupo ten participado en varios festivais internacionais de música ao longo da súa carreira, como o Mayhem Festival en 2008, 2010 e 2013; o Download Festival en 2009, 2010 e 2013; ou o Resurrection Fest en 2014.

Historia

Formación e The Way of the Fist (2005–09)

O grupo fundouse no 2005 polo anteriormente baixista do grupo U.P.O., Zoltan Bathory, e o batería Jeremy Spencer. O nome do grupo está inspirado nos filmes de artes marciais clásicos. Matt Snell e Ivan Moody, antigo vocalista de Motograter, uníronse a eles no 2006, e o grupo comezou a gravar os seus primeiros temas de estudio.

A gravación do seu primeiro álbum The Way of the Fist rematou a finais do 2006, producido na súa totalidade por eles mesmos con axuda nas mesturas por parte de Logan Mader. Darrell Roberts uniuse a eles nese mesmo ano, e o grupo firmou un contrato con Firm Music. O 10 de xullo de 2007 lanzaron o EP Pre-Emptive Strike exclusivamente a través de iTunes Store para Norteamérica.

O primeiro sinxelo do álbum, The Bleeding, foi lanzado o 13 de xullo de 2007, e posteriormente o álbum completo The Way of the Fist saíu á venda o 31 de xullo de 2007, entrando na lista Billboard 200 no posto 199 e conseguindo a certificación de ouro da RIAA en 2011.

Five Finger Death Punch: Historia, Estilo e influencias, Membros 
Jason Hook, guitarrista do grupo dende 2009.

Entre xullo e setembro do 2007 o grupo participou na súa primeira gran xira como abreconcertos de Korn no Family Values Tour. Tamén formaron parte do Bitch We Have a Problem Tour dende setembro a outubro do mesmo ano. O grupo cancelou posteriormente unha xira planeada xunto a Chimaira e All That Remains dende xaneiro a marzo do 2008 pola a aparición de quistes nas cordas vocais do cantante Ivan Moody. Trala súa recuperación comezaron a saír de xira de novo, sendo abreconcertos de Disturbed na súa xira de promoción do disco Indestructible polos Estado Unidos dende abril a maio do 2008.

The Way of the Fist foi reeditado o 13 de maio de 2008 con 3 novos temas engadidos, sendo un destes novos temas adicionais Never Enough, o segundo sinxelo do álbum, publicado o 15 de xullo de 2008. Ese mesmo ano o grupo tomou parte no Mayhem Festival, e publicaron o seu terceiro sinxelo, Stranger Than Fiction, o 17 de setembro de 2008.

The Way of the Fist foi publicado a través do selo Spinefarm Records no Canadá o 4 de novembro do 2008, i en Europa o 19 de xaneiro do 2009. Darrell Roberts saíu do grupo en 2009 e foi substituído polo guitarrista Jason Hook. A última xira de promoción do seu primeiro álbum rematou nun concerto no escenario principal do Download Festival no 2009.

War Is the Answer (2009–10)

Five Finger Death Punch: Historia, Estilo e influencias, Membros 
Ivan Moody no "Rock on the Range" en Columbus, Ohio.

War Is the Answer anunciouse como o segundo álbum de estudio do grupo en maio de 2009. O álbum foi producido por Kevin Churko e editado por Randy Staub, debutando no número 7 da Billboard 200 e foi certificado disco de ouro pola RIAA. O primeiro sinxelo deste álbum, "Hard to See", foi publicado o 21 de xullo de 2009.

Para promocinar o disco, Five Finger Death Punch liderou a xira "The Shock and Raw" polos Estados Unidos, co apoio dos grupos Shadows Fall, Otep e 2Cents. Ao finalizar trasladáronse a Europa para continuar coa xira, de novo con Shadows Fall como abreconcertos ademais de Rise To Remain e Magnacult.

Five Finger Death Punch: Historia, Estilo e influencias, Membros 
Zoltan Bathory en 2012.

O segundo sinxelo do disco War Is the Answer, "Walk Away", foi publicado o 2 de novembro de 2009. Tamén se publicaron dous sinxelos só no Reino Unido, "Dying Breed" o 16 de novembro de 2009, e "No One Gets Left Behind" o 8 de marzo de 2010.

Five Finger Death Punch actuou no escenario principal do Download Festival o 12 de xuño de 2010 e no escenario principal do Mayhem Festival xunto a Korn, Rob Zombie e Lamb of God do 10 de xullo ata o 14 de agosto de 2010. O 17 de agosto de 2010 tocaron os temas "Bad Company" e "Hard to See" no programa Jimmy Kimmel Live! da ABC.

O 16 de setembro de 2010 publicouse o sexto sinxelo do disco, "Far from Home". Actuaron xunto a Godsmack na xira "The Oracle 2010" dende o 3 de outubro ata o 4 de novembro de 2010. O tema "Dying Breed" formou parte da banda sonora orixinal do xogo Splatterhouse de 2010.

American Capitalist (2010–13)

A gravación do terceiro álbum de estudio do grupo, chamado American Capitalist, comezou en novembro de 2010 nas Vegas, Nevada, e o álbum publicouse o 11 de outubro de 2011. O álbum foi producido de novo por Kevin Churko.

O baixista Matt Snell deixara o grupo en decembro de 2010 e foi substituído en xuño de 2011 por Chris Kael. O primeiro sinxelo do álbum, titulado "Under and Over It", foi publicado o 27 de xullo de 2011, seguido dun vídeo musical do mesmo en setembro de 2011.

A xira "Share the Welt" comezou o 16 de outubro durando ata o 14 de decembro de 2011, na que actuaron xunto a All That Remains, Hatebreed e Rains. Posteriormente iniciaron unha nova xira chamada "Furious and Deadly" dende o 23 de marzo ata o 12 de abril de 2012, xunto a Soulfly, Windowpane, e Persist.

O tema "Back For More" incluíuse na banda sonora do videoxogo Madden NFL 12, e foi publicado como sinxelo en formato de descarga dixital o 13 de setembro de 2011. "Remember Everything" foi o seu segundo sinxelo oficial do álbum, e publicouse en novembro do 2011, seguido dun vídeo musical en febreiro do 2012. "Coming Down" seguiulle como o terceiro sinxelo oficial de American Capitalist en abril de 2012, seguido por un vídeo musical dirixido por Nick Peterson en xuño de 2012. Este tema gañou un premio dos Independent Music Awards en 2013 á mellor canción de Metal/Hardcore.

Dende xullo a agosto do 2012, Five Finger Death Punch formou parte da xira "Trespass America Festival" organizada por Metal Hammer, actuando xunto a grupos como Battlecross, God Forbid, Emmure, Pop Evil, Trivium e Killswitch Engage.

The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell (2013–2015)

Five Finger Death Punch: Historia, Estilo e influencias, Membros 
Jeremy Spencer no 2014.

O 18 de marzo de 2013 o grupo anunciou a súa participación no Mayhem Festival e publicou un vídeo promocional da súa xira que incluía un novo tema, "Here to Die", e o 1 de maio de 2013 anunciaron a publicación de dous novos álbums titulados The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell: Volume 1 programado para a súa publicación o 30 de xullo, e Volume 2 programado para máis tarde ese ano.

O grupo actuou na celebración dos Golden Gods Awards dese ano, tocando un novo tema en colaboración con Rob Halford, de Judas Priest, titulado "Lift Me Up". Este tema sería posteriormente publicado como sinxelo o 14 de maio dese ano.

The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell Volume 1 foi publicado o 30 de xullo de 2013 e acadou o posto número 2 na lista Billboard 200 con 113 000 copias vendidas na súa primeira semana, sendo o mellor rexistro de vendas do grupo na primeira semana de publicación dun álbum ata esa data.

O 9 de setembro de 2013 publicaron o sinxelo "Battle Born" en anticipación do seguinte álbum de estudio, The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell, Volume 2, que foi finalmente publicado o 19 de novembro de 2013. Este álbum vendeu 77 000 copias na súa primeira semana á venda e acadou o número 2 na lista Billboard 200.

Got Your Six (Dende 2015)

O 14 de xaneiro de 2015, Five Finger Death Punch anunciou as datas dunha nova xira polos Estados Unidos do 25 de abril ata o 9 de maio de 2015, e a súa intención de comezar a escribir e gravar un novo álbum de estudio para a súa publicación máis tarde ese mesmo ano. O 2 de maio de 2015 o grupo publicou unha mostra dun novo tema titulado "Ain't My Last Dance" na súa páxina oficial de Facebook, xunto co anuncio do título do que sería o seu seguinte álbum, Got Your Six, afirmando que a data de publicación tentativa sería o 28 de agosto de 2015. Finalmente, a data oficial da súa publicación sería o 4 de setembro de 2015.

O 19 de maio de 2015 o grupo confirmou que realizaría unha xira polos Estados Unidos para promocionar o novo álbum, actuando xunto aos grupos Papa Roach, In This Moment e From Ashes To New. En febreiro de 2016 durante unha xira xunto a Shinedown, Ivan Moody sufriu unha enfermidade non especificada, polo que foi substituído polo vocalista de All That Remains, Phil Labonte, nos seguintes concertos do grupo. Posteriormente, o 27 de abril de 2016 a revista Billboard informou que o selo discográfico do grupo, Prospect Park, interpuxera unha denuncia ó grupo o 21 de abril dese ano, por non cumprir o seu contrato citando que o grupo comezara a traballar nun novo disco sen a autorización do selo. Xa no 2017, Revolver informou que Ivan Moody declarara nunha entrevista que ía deixar o grupo para centrarse nun novo grupo musical co nome de Villain, ó que o propio Moody respondeu por medio do blog oficial do grupo confirmando que quería crear un grupo paralelo propio mais sen que iso significase a súa saída de Five Finger Death Punch.

Porén, durante un concerto en Tilburg, nos Países Baixos, Moody non chegou a tempo para actuar no primeiro tema, sendo substituído polo cantante Tommy Vext, quen tamén cantou outro tema máis adiante cando Moody marchou do escenario. Durante a actuación tódolos membros do grupo deixaron o escenario en varias ocasións. Moody afirmou que “non hai outro cantante para Five Finger Death Punch”, e posteriormente dixo "este é a miña última actuación con Five Finger Death Punch" facendo un xesto de cortarse a gorxa. O día despois desta actuación o grupo anunciou que encabezarían unha xira europea con In Flames e Of Mice And Men a finais de 2017. Tras esta última actuación Ivan Moody ingresou nun centro de rehabilitación ausentándose da xira europea do grupo, sendo substituído de novo por Tommy Vext.

Estilo e influencias

A súa música adoita clasificarse como heavy metal, hard rock, metal alternativo, groove metal e thrash metal. En 2008, ó pouco de publicarse o seu álbum de estrea, o guitarrista Zoltan Bathory afirmou que o grupo se consideraba maioritariamente heavy metal, con influencias do thrash metal e do metal europeo. No 2014 Bathory declarou de novo que na súa opinión o grupo entraba dentro da categoría do heavy metal, e que os subxéneros restaban "irmandade" e valor ó heavy metal. Porén, tamén indicou que o grupo inspirábase noutros estilos musicais, mais sen nomear ningún concreto.

Membros

Membros actuais

  • Ivan Moody – Voz principal (2006–presente)
  • Jason Hook – Guitarra principal, voces (2009–presente)
  • Zoltan Bathory – Guitarra rítmica (2005–presente)
  • Chris Kael – Baixo, voces (2011–presente)
  • Jeremy Spencer – Batería (2005–presente)

Antigos membros

  • Caleb Bingham – Guitarra principal, voces (2005-2006)
  • Darrell Roberts – Guitarra principal, voces (2006–2009)
  • Matt Snell – Baixo, voces (2005–2010)


Liña temporal

Five Finger Death Punch: Historia, Estilo e influencias, Membros

Discografía

Lista de álbums de estudio con posición nas listas de vendas, cifras e certificacións
Título Detalles Posición máis alta na lista Vendas Certificacións
USA
USA
Hard Rock

USA
Rock

AUS
AUT
CAN
FIN
GER
SWE
UK
The Way of the Fist 107 16 28
  • US: 608 000
  • RIAA: Ouro
  • MC: Ouro
War Is the Answer
  • Publicado: 22 de setembro de 2009
  • Selo: Prospect Park, Spinefarm
  • Formato: CD, LP, descarga dixital
7 3 4 46 14 64
  • US: 773 000
  • RIAA: Ouro
  • MC: Ouro
American Capitalist
  • Publicado: 11 de outubro de 2011
  • Selo: Prospect Park
  • Formato: CD, LP, descarga dixital
3 2 2 50 6 14 74 57
  • US: 551 000
  • RIAA: Ouro
  • MC: Ouro
The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell, Volume 1
  • Publicado: 30 de xullo de 2013
  • Selo: Prospect Park
  • Formato: CD, LP, descarga dixital
2 1 1 13 5 3 7 4 14 21
  • US: 420 000
  • RIAA: Ouro
The Wrong Side of Heaven and the Righteous Side of Hell, Volume 2
  • Publicado: 19 de novembro de 2013
  • Selo: Prospect Park
  • Formato: CD, LP, descarga dixital
2 1 1 29 17 6 13 24 44
  • US: 276 000
  • RIAA: Ouro
Got Your Six
  • Publicado: 4 de setembro de 2015
  • Selo: Prospect Park
  • Formato: CD, LP, descarga dixital
2 1 1 3 5 3 3 5 5 6
  • US: 310,000
  • RIAA: Ouro
"—" denota un álbum que non chegou a esa lista ou non foi publicado nese territorio.

Premios e nomeamentos

    Premios Revolver Golden Gods
Ano Nomeado Premio Resultado
2012 Zoltan Bathory, Jason Hook Mellor guitarrista Nomeado
2012 Ivan Moody Mellor vocalista Nomeado
2012 Jeremy Spencer Mellor batería Gañador
2012 American Capitalist Álbum do ano Nomeado
2013 Five Finger Death Punch Mellor grupo en directo Nomeado
2014 The Wrong Side of Heaven... Álbum do ano Nomeado
2014 Ivan Moody Mellor vocalista Nomeado
2014 Zoltan Bathory, Jason Hook Best Guitarist Nomeado
2014 Chris Kael Mellor baixista Gañador
2014 Lift Me Up Canción do ano Gañador
    Premios Metal Hammer Golden Gods
Ano Nomeado Premio Resultado
2009 Five Finger Death Punch Mellor grupo debutante Gañador
2010 Five Finger Death Punch Mellor grupo revelación Gañador
2010 Zoltan Bathory Mellor guitarrista Gañador
2012 Five Finger Death Punch Mellor grupo internacional Nomeado
2012 Zoltan Bathory Metal As Fuck Nomeado
2013 Five Finger Death Punch Mellor grupo internacional Nomeado
2014 Five Finger Death Punch Mellor grupo en directo Nomeado
    Premios Kerrang!
Ano Nomeado Premio Resultado
2009 Five Finger Death Punch Mellor grupo debutante internacional Nomeado

Notas

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Five Finger Death Punch HistoriaFive Finger Death Punch Estilo e influenciasFive Finger Death Punch MembrosFive Finger Death Punch DiscografíaFive Finger Death Punch Premios e nomeamentosFive Finger Death Punch NotasFive Finger Death Punch Véxase taménFive Finger Death Punch

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Galicia estremeiraIgnacio CodesidoPili PampínPaíses BaixosCon pólvora e magnolias2023Marta Darriba2003SubstantivoCulleredoEstatuto de autonomía de Galicia de 1936A Star Is Born (filme de 2018)A FonsagradaRibeiraSantoalla do Monte, PetínAtaque EscampeManuel CabezasBisemiaDos arquivos do trasnoBenigno Lago EstévezPremio Antón Losada DiéguezEl LuísJosé Benito Pardo RodríguezVictoria PortasCervo comúnVirulenciaUIAFAA CoruñaJuan Carlos Rodríguez CebriánCaldas de ReisRaposo comúnProxyQHeterosexualidadeXosé Luís BernalPartido Comunista dos Traballadores de EspañaGerardo Pardo de VeraDía da NaiPriyanka ChopraAsexualidadeCasa de AndradeFrancisco FrancoLMariola (xogo)Pepa a LobaGondar, SanxenxoJohn HughesSaneamentoIES Valle InclánGaliciaCandorcaKarim BenzemaLobiosHidrografía de GaliciaPonte dos Santos3IndiaGaio (ave)CágadoAturuxo (folclore)Chico CésarEvan EllingsonLeymaMaría Xosé QueizánPotaWikiLuciano SobralO incerto señor Don HamletAlecrínMiniLago NessÁnxel CasalMaría Victoria de la Fuente AlonsoLeite CeltaXosé Luís Méndez Ferrín🡆 More