Tilburg

Tilburg é un municipio e unha cidade situada da provincia do Brabante do Norte, no sur dos Países Baixos.

O municipio inclúe a propia Tilburg, e as vilas contiguas de Berkel-Enschot e Udenhout. Cunha poboación de 203.482 habitantes en 2008, Tilburg é a sétima cidade máis poboada dos Países Baixos, e a segunda do Brabante do Norte, só por detrás de Eindhoven. O concello de tamén inclúe os núcloes de poboación de Berkel-Enschot e Udenhout.

Modelo:Xeografía políticaTilburg
Imaxe

Localización
Tilburg Editar o valor em Wikidata
 51°34′N 5°04′L / 51.57, 5.075°04′L / 51.57, 5.07
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasBrabante do Norte Editar o valor em Wikidata
Capital de
Q111748321 Traducir (1917–)
Q111691890 Traducir (1917–) Editar o valor em Wikidata
CapitalTilburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
't Hoekske (en) Traducir
Bakertand (en) Traducir
Berkeind (en) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 21+
Poboación
Poboación227.707 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.911,1 hab./km²)
Número de fogares103.738 (2015) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie119,15 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude14 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Haaren (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Mayor of Tilburg (en) Traducir Editar o valor em WikidataTheo Weterings (pt) Traducir (2017–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal5000–5049, 5056, 5070 e 5071 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico013 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webtilburg.nl Editar o valor em Wikidata
Facebook: gemeentetilburg Twitter: gemeentetilburg Instagram: gemeentetilburg LinkedIn: gemeente-tilburg Youtube: UCo-V27Pf2zHm54uNgQ3Gsjg Editar o valor em Wikidata

Historia

Tilburg 
Estatua de Guillerme II en Tilburg

As primeiras referencias históricas de Tilburg falan de cando esta localidade foi nomeada señorío no século XIV. O señorío adquiriu o nome de "Tilburg e Goirle", e estendíase polo que hoxe son estas dúas localidades. Un século máis tarde, Jan van Haestrecht, señor de Tilburg, construiría un dos signos de identidade da cidade, o Castelo de Tilburg, que aparece no escudo de armas da cidade. En 1803 Goirle separouse de Tilburg, recibindo o 18 de abril de 1809 os dereitos de ciidade, tendo nese ano arredor de 9.000 habitantes.

En 1858 o devandito castelo foi derrubado para construír unha fábrica.

Guillerme II

O rei Guillerme II sentiu unha especial predilección pola cidade, na que adoitaba pasar longas tempadas afastado do bulicio da Haia. Foi un grande benfeitor da cidade, mellorando a industria téxtil, construíndo numerosas granxas e achegando financiamento ao Concello. Foi el quen comezou a construción do palacio de Tilburg, que pensaba utilizar como residencia, mais nunca o chegou a utilizar xa que morrería poucos anos antes da súa terminación. Este palacio de Tilburg é hoxe parte do concello.

Como curiosidade o equipo de fútbol de Tilburg, que milita a primeira división neerlandesa, toma o nome de Willem II (en neerlandés Guillerme II) en honra ao rei.

Economía téxtil

Tilburg 
Vista aérea de Tilburg
Tilburg 
A Igrexa de Heuvel, a principal igrexa de Tilburg

Tilburg probablemente xurdiu ao redor dun dos lugares de reunión do gando lanar. A forma triangular dalgunhas das súas prazas históricas revela o seu pasado como encrucillado de camiños gandeiros.

A produción de la, principal fonte de ingresos dos gandeiros de Tilburg, propiciou a aparición de teares manuais, que no século XVII chegaron a ser máis de 300. En torno ao século XVIII introduciuse o muíño de vento nos teares mellora que ampliou considerablemente a produción da cidade. En 1881, Tilburg contaba con 145 para a produción de la.

A cidade mantívose como a capital da la dos Países Baixos até o colapso dos anos 60 do século XX, tras o cal a cidade reconverteu o seu tecido industrial, diversificándoo de maneira considerábel.

Institucións de Tilburg

Tilburg 
Torre Westpoint
  • Tilburg é a sede da Universidade de Tilburg (Universiteit van Tilburg), considerada por moitos a mellor dos Países Baixos en Economía e Dereito. No campo de economía e administración de empresas, é considerada pola European Economic Association como a mellor universidade de Europa
  • O museo de arte moderna De Pont ten a súa localización en Tilburg.
  • De Efteling, o maior e máis famoso parque temático dos Países Baixos está a 10 km do centro da cidade.
  • Interpolis, importante grupo asegurador asociado a Rabobank ten a súa sede en Tilburg.
  • O Museo Téxtil dos Países Baixos (Nederlands Textielmuseum) localízase en Tilburg.
  • A academia de rock (rockacademie), a maior dos Países Baixos está preto do centro da cidade. Desta academia saíron algunhas figuras prominentes do rock holandés contemporáneo.
  • A torre Westpoint álzase como un coloso preto da estación central de Tilburg. Coas seus 140 metros, é o terceiro edificio máis alto dos Países Baixos, o máis alto de carácter residencial. Foi completado en 2004.

Cidades irmandadas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Tilburg HistoriaTilburg Economía téxtilTilburg Institucións de Tilburg Cidades irmandadasTilburg Véxase taménTilburgBrabante do NorteEindhovenPaíses BaixosProvincias dos Países Baixos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AnxiospermasEdgar de WahlPobo galegoPorto RicoFermentaciónCaviarIllas GalápagosLista de concellos de OurenseLareiraArmeniaGripeOlaría da Grecia antigaOpisthocomiformesGalera (barco)Illa de NadalChordataPalenciaUniversidade de GranadaKiribatiDistributivo-temporalFernando Salgado VarelaBronquioliteCaralloBen-Hur (filme de 1959)MúsicaRastroMila KunisAirbus A220RibocimaTroitaNana MouschouriMasturbación coas mamasMullerLuca (filme de 2021)MasideCromosoma 15ARN transferentePhoenicopteriformesLista de paísesCamarón de areaFerraraSexo analFactor intrínsecoEstados Unidos de BélxicaColombiaShinovaKeanu ReevesDinastía MingAeroporto de Hangzhou-XiaoshanXVI dinastía exipciaEnemaLingua samoanaCelastrina argiolusLingua inglesaArolaLipoproteína de baixa densidadeÁcido succínicoLista de reis de BabiloniaMarylandPreposicionalFrank SinatraCastro de Punta do BicoKevin LoveLand Rober Tunai ShowTyrese MaxeyNiccolò MachiavelliRomaAlbatros viaxeiroGaliciaTAG HeuerMela CasalDeportivo da CoruñaGotemburgoLinguas altaicas🡆 More