Febre Do Ouro De California: Febre do ouro desde C.E.1848 ata 1855 en California

A Febre do ouro en California (1848–1855) comezou o 24 de xaneiro de 1848, cando se atopou ouro en Sutter's Mill.

Cando as novas da descuberta se espallaron, cerca de 300.000 persoas, oriúndas do resto dos Estados Unidos e do exterior, marcharon para California.

Febre Do Ouro De California: A primeira descuberta, Os Forty-Niners, Dereitos legais
Prospecto da época da Carreira do Ouro.

Estes buscadores de ouro temperáns, denominados "forty-niners" (ou sexa, de 1849) viaxaron para California por mar e en carromatos a través do continente, frecuentemente encarando grandes probas ao longo da xornada. Aínda que a maioría dos chegados eran estadounidenses, a Carreira do Ouro tamén atraeu a decenas de millares de persoas da América Latina, Europa, Australia e Asia. Nun comezo, os buscadores obtiveron o ouro dos cursos de auga e leitos de ríos usando técnicas simples, tales como o buscador con batea e posteriormente desenvolveron métodos máis sofisticados de extracción do ouro que foron adoptados mundialmente. Foi extraído ouro por valor de millares de millóns de dólares actuais, levando unha gran riqueza para uns poucos; a maioría deles, con todo, volvían para casa con pouco máis do que tiñan ao comezo da aventura. Os efectos da Carreira do Ouro foron substanciais. Así, San Francisco (California) transformouse dun pequeno lugar de tendas nunha cidade próspera, con estradas, igrexas, escolas e outras cidades foron construídas ao seu redor. Creouse un sistema de leis e un goberno, levando á admisión de California como estado dos Estados Unidos de América en 1850. Desenvolvéronse novos métodos de transporte, tales como navíos a vapor, que comezaron a prestar servizo regular, e construíronse ferrovías. A agricultura, próximo campo de crecemento de California, comezou a larga escala por todo o estado. Con todo, a Carreira do Ouro tamén tivo efectos negativos: os nativos americanos foron atacados e expulsados dos seus territorios tradicionais, e as minas de ouro causaron danos ao medio ambiente.

A primeira descuberta

Febre Do Ouro De California: A primeira descuberta, Os Forty-Niners, Dereitos legais 
Mina de ouro de California na Sierra Nevada, norte de California.

A carreira do ouro comezou en Sutter's Mill, próximo de Coloma. O 24 de xaneiro de 1848, James W. Marshall, un home que traballaba en Sacramento, e o pioneiro John Sutter, atoparon pedazos dun mineral brillante nunha cal que viña dun muíño (pertencente a Marshall), que era de propiedade de Sutter, xunto ao American River. Marshall trouxo as pezas metálicas para a análise de Sutter, e os dous investigaron silenciosamente cal era o material das pezas. As probas mostraron que Marshall atopara ouro. Sutter ficou desanimado coa descuberta, e decidiu non contar a descuberta, temendo que iso podería arruinar os seus proxectos da construción dun imperio agrícola, sabendo que moitas persoas se dedicarían á minería con esa descuberta naquela rexión. Mais os rumores da descuberta acabaron por se espallar, e en marzo de 1848 anunciouse publicamente a descuberta nos xornais de San Francisco, publicados e comercializados por Samuel Brannan. O máis famoso relato sobre a carreira do ouro en California foi feito por Brannan; despois de tanto escavar nas minas para atopar e comercializar o ouro, el saíu polas rúas de San Francisco insanamente, termando dunha porción do mineral, berrando: "Gold! Gold! Gold from the American River!" (Ouro! Ouro! Ouro atopado no río American!)

Os Forty-Niners

Febre Do Ouro De California: A primeira descuberta, Os Forty-Niners, Dereitos legais 
Buscador bateando no río Mokelumne

Os primeiros que chegaron para a procura de ouro, xa desde a primavera de 1848, foron os propios residentes de California: europeos, cidadáns dos Estados Unidos, "californianos " e amerindios . Nun principio, as novas sobre a febre do ouro difundíanse lentamente. Os primeiros que chegaron en 1848 vivían preto de California ou tiñan tido coñecemento das noticias grazas aos navíos que cursaban as rutas máis rápidas que saían de California. Varios millares de cidadáns de Oregón formaban o primeiro grupo de estadounidenses que chegou a California, a través da rota de Siskiyou. Despois, chegou xente do Hawai, millares de latinoamericanos, do México, Peru e Chile , tanto por terra como por mar . A finais de 1848, máis de 6.000 estaban xa en California . Só uns poucos chegaran por terra . Algúns destes "Forty-eighters" puideron recoller grandes cantidades de ouro moi axiña, ás veces millares de dólares no mesmo día .

Ata os buscadores ordinarios conseguían obter en ouro de dez a quince veces o salario diario que obtería un traballador na Costa Leste. Unha persoa podía traballar durante seis meses nos campos de ouro, e obter o equivalente de seis anos de salario .

Febre Do Ouro De California: A primeira descuberta, Os Forty-Niners, Dereitos legais 
Anverso do medio dólar do 75 aniversario do Estado de California, coa imaxe dun buscador de ouro.

No inicio de 1849, a noticia da febre do ouro xa era coñecida en todo o mundo, e unha enorme cantidade de buscadores de ouro e negociantes comezou a chegar desde practicamente todos os continentes. O maior grupo, en 1849, era de decenas de millares de estadounidenses, que chegaron por terra e nalgúns navíos . Os australianos e neozelandeses soubérono grazas aos barcos que levaban xornais hawaianos, e embarcaron a millares para California . Houbo Forty-niners que viñeron da América Latina, especialmente das rexións mineiras de Sonora e Sinaloa, en México. Os que viñan de Asia, especialmente da China , comezaron a chegar en 1849, a principio en pequeno número. En chinés, California era chamada "Montaña de ouro". Os primeiros inmigrantes provenientes da Europa, comezaron a chegar ata final de 1849, principalmente de Francia , acompañados dalgúns alemáns, italianos e británicos .

Estímase que en 1849 chegaron a California arredor de 90.000 persoas, aproximadamente metade delas por mar, e a outra metade por terra . Este número inclúe aproximadamente entre trinta e corenta mil estranxeiros . Para 1855, os investigadores de ouro, comerciantes e outros inmigrantes sumaban aproximadamente 300.000 persoas. O maior grupo de inmigrantes era dos Estados Unidos, mais había millares de chineses, franceses, mexicanos e outros latinoamericanos, seguidos de pequenos grupos de filipinos e españois . Tamén había uns cantos mineiros de orixe africana, talvez menos de catro mil , que chegaron do Caribe, Brasil e do sur dos Estados Unidos .

Dereitos legais

Cando comezou a febre do ouro, California era, na práctica, un lugar sen lei. O día da descuberta en Sutter's Mill, California tecnicamente era aínda parte do México, aínda que baixo ocupación militar dos Estados Unidos, como resultado da guerra México-Estados Unidos de 1846. O Tratado de Guadalupe Hidalgo, que fixo terminar a guerra o 2 de febreiro de 1848, transferira o dominio de California aos Estados Unidos. A California non era un territorio formalmente organizado, e a súa incorporación na Unión Americana non foi inmediata.

Temporalmente, California foi un territorio baixo control militar, sen que existisen poderes lexislativo, executivo ou xudicial para a rexión. Os residentes actuaban suxeitos a unha confusa mestura de regras mexicanas e dos Estados Unidos, e co xuízo persoal.

Febre Do Ouro De California: A primeira descuberta, Os Forty-Niners, Dereitos legais 
Os mineiros escavan o leito dun río, despois de desviar a corrente para unha canle preparado para tal fin.

O Tratado obrigaba os Estados Unidos a respectar as concesións territoriais feitas polo goberno mexicano , mais as zonas mineiras estaban lonxe desas concesións, polo que a febre do ouro non se viu afectada polos termos do tratado. Os campos de exploración eran tecnicamente propiedade do goberno dos Estados Unidos , mais na práctica eran terreos sen lexislación definida, e sen mecanismos para facer valer calquera lei sobre eles .

Para os Forty-niners, isto foi unha vantaxe, porque o ouro estaba "libre para tomarse". Non había propiedade privada, nin impostos a pagar polo mesmo . Os Forty-niners elaboraron os seus propios códigos, e as propias formas dos por en vigor. Entendíase que calquera buscador podía "reclamar" as terras, mais esa reclamación só tería efecto cando esas terras fosen efectivamente exploradas . Os mineiros adoitaban reclamar as terras, e comezaban a exploralas só o suficiente para determinar o seu potencial. Se a terra se consideraba de baixo valor, como ocorreu na maioría dos casos, os mineiros abandonábanma e proseguían a busca da súa fortuna noutro lugar. Outros mineiros podían entón chegar a reclamar para si a terra que xa tiña sido traballada e abandonada. Esta práctica designábase como "claim-jumping" . As disputas eran manexadas persoalmente e ás veces de forma violenta; en moitas delas os propios buscadores asociábanse para actuar como árbitros .

Desenvolvemento de técnicas para a extracción do ouro

A alta concentración de ouro na area de California, permitiu que inicialmente se necesitase só utilizar unha batea, para obter un concentrado de ouro nos ríos e correntes de auga . Non é posíbel facer esta operación en grande escala, polo que os mineiros comezaron a deseñar máquinas que os auxiliarían a procesar grandes volumes de grava .

Nas operacións máis complexas, os mineiros desviaban ríos enteiros para canles construídas ao longo do río, para despois escavar no leito do río seco. Os cálculos da Inspección Xeolóxica dos Estados Unidos, din que foron extraídas 12 millóns de onzas de ouro, equivalentes a 370 toneladas, durante os primeiros cinco anos de la febre do ouro. Esta cantidade de metal equivalía a 7,2 millares de millóns de dólares, a prezos de final de 2006 .

Febre Do Ouro De California: A primeira descuberta, Os Forty-Niners, Dereitos legais 
No muíño de cuarzo en Grass Valley, triturábase a pedra de cuarzo antes do lavado do ouro.

Na etapa seguinte, ata 1853, tiveron lugar as primeiras operacións de minería hidráulica. Esta técnica utilizouse en leitos de grava miúda que había nos outeiros dos campos de ouro , dirixindo unha corrente de auga de alta presión ata os xacementos de ouro, soltando a grava que se recupera en canais, onde o ouro se sedimenta. Estímase que a mediados da década de 1880, esta técnica serviu para recuperar once millóns de onzas de ouro, equivalentes a 6,6 millares de millóns de dólares, a prezos de finais de 2006 . Un subproduto non desexado desta técnica eran as grandes cantidades de grava solta, metais e outros contaminantes, que se depositaron nos ríos . Algunhas áreas aínda presentan cicatrices deixadas pola minería hidráulica, xa que a vida vexetal non se desenvolve nos depósitos de grava e de terra exposta .

Despois de cesar a avalancha de inmigrantes pola febre do ouro, as operacións para a recuperación do metal continuaron. Na etapa final, o ouro era procurado nos leitos dos ríos e nos estuarios do Vale Central e noutras áreas, como Scott Valley, en Siskiyou. En finais do século XIX, a tecnoloxía de dragaxe era bastante económica, e comezou a usarse para a exploración mineira en California , resultando na extracción de máis de 20 millóns de onzas, equivalentes a 12 millares de millóns de dólares .

Durante a febre do ouro e nas décadas seguintes, os investigadores de ouro tamén se dedicaron á minería tradicional, extraendo o ouro directamente da rocha que o contiña, tipicamente cuarzo. Operaban normalmente escavando e dinamitando a rocha, para seguir os veos de cuarzo e recuperalos . Xa que estas rochas eran transportadas ata a superficie, eran trituradas, e o ouro separábase usando auga corrente, ou coa axuda de arsénico ou mercurio . No final, a minería tradicional acabou por ser a única actividade de extracción de ouro na rexión .

Lucros

Unha crenza popular é que os comerciantes ficaron con máis lucros da febre do ouro que os propios investigadores de ouro. A realidade é, no entanto, máis complexa. Efectivamente, os lucros dalgúns comerciantes foron notábeis. O home máis rico de California durante os primeiros anos da febre do ouro foi Samuel Brannan, que anunciou a descuberta de Sutter's Mill . Brannan abriu as primeiras tendas en Sacramento, Coloma e outros lugares próximos dos campos de ouro. No comezo da febre do ouro, Brannan comprou todos os artefactos de minería (pás, bateas etc.) dispoñíbeis en San Francisco, e revendeunos con considerábeis lucros . Mais os investigadores de ouro tamén obtiveron importantes beneficios. Por exemplo, un pequeno grupo que traballaba en Feather River en 1848, nuns cantos meses conseguiu máis de millón e medio de dólares en ouro .

De media, os buscadores de ouro tiveron lucros modestos, unha vez deducidos os gastos. Os que chegaron máis tarde gañaron moi pouco, ou mesmo perderon diñeiro . De modo similar, moitos comerciantes desafortunados estabelecéronse en poboacións que desapareceron, ou foron vítimas dalgún dos moitos incendios que arrasaban as localidades .

Outros homes de negocios conseguiron grandes lucros en revendas, embarques, entretemento, hospedaxe e transporte .

En 1855, as circunstancias económicas tiñan mudado radicalmente. O ouro xa non era tan fácil de obter, e a única forma rendíbel de o conseguir era con grandes equipos de traballadores, ben empregados ou socios . A mediados desa década, os donos das compañías mineiras eran os que enriquecían. Alén diso, a poboación de California tiña crecido tanto, e tan axiña, que a base económica se tiña diversificado moito, e era xa posíbel obter ganancias nos negocios convencionais .

O destino do ouro

Unha vez que o ouro era recuperado, o metal podía tomar varios camiños. O máis inmediato era utilizarse como moeda de troca para comprar provisións e pagar pola hospedaxe dos mineiros. Con frecuencia, o ouro usado nestas transaccións acababa de atoparse, e fora coidadosamente pesado e avaliado .

Polo seu lado, os comerciantes e vendedores utilizaban o ouro para comprar provisións aos capitáns dos barcos que levaban mercadorías a California . O ouro deixaba California a bordo de barcos ou en mulas. Un segundo destino era que os propios Argonautas o levaron consigo ao partir, cando decidían que obteran o suficiente para volver para casa. Estímase que 80 millóns de dólares en ouro foron levados para Francia deste xeito . Co avance e a consolidación da febre do ouro, os bancos locais comezaron a emitir notas de crédito ou billetes, en troques de ouro, e algunhas casas de moeda privadas crearon moedas de ouro . Coa construción da Casa da Moeda de San Francisco en 1854, o ouro transformouse en moedas oficiais dos Estados Unidos, para circulación . O ouro tamén se enviou aos bancos nacionais en California, en troques de papel-moeda corrente.

Efectos da carreira do ouro

Efectos inmediatos

Antes da carreira do ouro, California tiña cerca de 15.000 habitantes, sen contar os amerindios nativos , e a chegada de centenas de millar de inmigrantes en tan pouco tempo, tivo consecuencias dramáticas .

Febre Do Ouro De California: A primeira descuberta, Os Forty-Niners, Dereitos legais 
Un cartel anuncia viaxes para California

Os custos humanos e ambientais do fenómeno foron considerábeis. Os indios nativos da rexión foron vítimas de doenza, fame e ataques xenocidas ; a poboación nativa, estimada en 150 mil habitantes en 1845, diminuíu abruptamente para menos de 30 mil en 1870 . Saíron leis explicitamente xenófobas, procurando afastar os inmigrantes da China e da América Latina. A cota mortal entre os inmigrantes dos Estados Unidos tamén foi severa, xa que un de cada doce Forty-niners pereceu; os índices de criminalidade durante a febre do ouro foron extremadamente altos. O medio ambiente sufriu unha deterioración considerábel, grazas á grava, terra solta e químicos tóxicos empregados na minería, que mataron animais e deterioraron hábitats .

A febre do ouro catapultou California para o centro da imaxinación global, converténdoa no destino de centenas de millar de persoas, as cales frecuentemente mostraron unha iniciativa, unha autonomía e unha civilidade notábeis. Neste período, fundárase aldeas e cidades; tamén se convocou unha asemblea constituínte, que redactou a Constitución do estado. Celebráronse eleccións, e os representantes foron a Washington para negociar a admisión de California como estado da Unión .

A agricultura en grande escala (tamén chamada "a segunda febre do ouro de California" ) comezou tamén durante esta época . Grazas a este vertixinoso desenvolvemento, axiña floreceron igrexas, escolas, camiños e organizacións civís . A poboación tamén demandaba unha eficiente rede de comunicacións e conexións políticas co resto do país. O 9 de setembro de 1850, California conseguiu o recoñecemento como estado, converténdose no estado número 31 da Unión.

Fóra do estado, as comunicacións tamén melloraron como consecuencia do fenómeno. O primeiro ferrocarril transcontinental do mundo inaugurouse no Istmo do Panamá en 1855 . Entre Panamá e San Francisco comezaron a navegar novas liñas de barcos de vapor, incluíndo os barcos da Pacific Mail Steamship Company, onde os pasaxeiros e carga facían ligazón co ferrocarril transcontinental. Desde Panamá levantaban áncora regularmente os barcos para a Costa Leste dos Estados Unidos. Nunha destas viaxes, o navío S.S. Central America afundiu fronte á costa das Carolinas en 1857, vítima dun furacán. Estímase que se afundiron tres toneladas de ouro .

O primeiro ferrocarril transcontinental nos Estados Unidos inaugurouse en 1869, mais seis anos antes abría o ramal occidental en Sacramento. a construción desta liña financiouse en parte co ouro de California . A liña unía o estado co resto do país dun modo máis efectivo, reducindo a viaxe, que tradicionalmente levaba varias semanas ou ata meses, a uns cantos días.

A febre do ouro tamén estimulou varias economías en todo o mundo. Os facendeiros de Chile, Australia e Hawai atoparon un gran mercado onde colocar os seus produtos, os bens manufacturados británicos tiñan gran venda, e da China chegaba roupa e ata casas prefabricadas . Os prezos aumentaban axiña, e o ouro de California estimulou o investimento e a creación de emprego noutros países . O investigador de ouro australiano Edward Hargraves percibiu certa semellanza entre os terreos californiano e australiano, e deduciu que era posíbel que na Australia existise ouro, en cantidades e depósitos similares. Cando Hargraves volveu á Australia, efectivamente descubriu ouro, e despoletou a febre do ouro da Australia .

Efectos a longo prazo

O nome California ficou relacionado permanentemente á Carreira do Ouro e, como resultado, tamén se relacionou co que foi coñecido como o "soño californiano". California era vista como lugar de novos comezos e grandes oportunidades, de onde o duro traballo e un pouco de sorte podían recompensarse con enormes riquezas. O historiador H. W. Brands fixo notar que, nos anos posteriores á febre do ouro, o Soño californiano difundiuse polo resto do país, e fixo parte integral do novo Soño americano.

O vello soño americano....era o soño dos puritanos, do almanaque de Benjamin Franklin....de homes e mulleres satisfeitos con acumular unha modesta riqueza pouco a pouco, ano despois de ano despois de ano. O novo soño era un soño de riqueza instantánea, gañada nun abrir e pechar de ollos, grazas á audacia e á boa sorte. [Este] soño dourado... converteuse nunha parte prominente da psique americana despois [de Sutter's Mill] .

O soño californiano atraeu a xeracións completas de familias. Despois da febre do ouro, as actividades das mesmas diversificáronse e converteron a California nun centro de liderado constante en diversos ramos industriais. Nun principio, os agricultores eran maioría , e logo o foron os perforadores de petróleo, os cineastas, construtores de avións , e empresas punto.com, que se sucederon no próspero ámbito industrial de California nas décadas seguintes á carreira do ouro.

Entre os legados da febre do ouro atópase o lema do estado: Eureka, que en grego significa "atopei", alén de que o escudo do estado consta dunha imaxe alegórica da febre do ouro. O estado coñécese como The Golden State, ou sexa, "o estado dourado".

O equipo de fútbol americano da NFL de San Francisco, os San Francisco 49ers, e os equipos homónimos de atletismo da Universidade Estatal de California en Long Beach, tomaron o nome dos buscadores de ouro do século XIX. A febre do ouro reflectiuse na literatura, nas obras de Mark Twain, Bret Harte, Joaquin Miller e outros.

A Estrada Estatal 49 de California percorre ás costas da Sierra Nevada, ligando varios lugares nacidos durante a carreira do ouro . Esta autoestrada pasa preto do Parque Histórico Estatal de Columbía, que conservou varios edificios da época con fins turísticos.

Xeoloxía

Crese que a alta concentración de ouro en California foi o resultado de forzas que actuaron durante centenas de millóns de anos. Hai aproximadamente 400 millóns de anos, California xacía no fondo do mar. Os volcáns submarinos depositaron lava e minerais, incluíndo ouro, no leito mariño. Hai uns 200 millóns de anos, as placas tectónicas empurraron o leito mariño para baixo da masa continental americana. Mentres a descendía, o leito mariño ía afundindo, e o magma resultante subiu á superficie, arrefecendo na subida. Cando se solidificaba este magma, formáronse algúns veos de ouro rodeados de cuarzo . os minerais e rochas solidificadas resultantes emerxeron en Sierra Nevada e erosionáronse, expondo parte do ouro á superficie. As correntes de auga encargáronse entón de levar o ouro costa abaixo, e depositalo en leitos de grava nos regatos. Os Forty-niners concentráronse inicialmente nestes depósitos .

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

    • Rawls, James, J. and Richard J. Orsi (eds.) (1999). A golden state: mining and economic development in Gold Rush California. California History Sesquicentennial, 2. Berkeley and Los Angeles: University of California Press. ISBN 0-520-21771-3. 

Ligazóns externas

Tags:

Febre Do Ouro De California A primeira descubertaFebre Do Ouro De California Os Forty-NinersFebre Do Ouro De California Dereitos legaisFebre Do Ouro De California Desenvolvemento de técnicas para a extracción do ouroFebre Do Ouro De California LucrosFebre Do Ouro De California Efectos da carreira do ouroFebre Do Ouro De California XeoloxíaFebre Do Ouro De California NotasFebre Do Ouro De California Véxase taménFebre Do Ouro De California1848185524 de xaneiroCaliforniaEstados Unidos de AméricaOuro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eleccións municipais de 2015 en GaliciaEduardo Paredes RodríguezAna BotellaFerrolPío BarojaFernando Grande-MarlaskaDolores IbárruriLa Voz de GaliciaRibadeoPartido Nazonalista Republicán de OurenseMoinanteMiguel SolísShakiraDecembroAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoFrancisco FrancoTorre de HérculesBimba y LolaCLIP (inmunopéptido)Lista de cidades de IsraelPRECÁreas lingüísticas do galegoBillardaMamen MendizábalInstagramFentoA HabanaMaría PitaShan TaoSátrapaCódigo QRHLA-DMMaría Victoria MorenoGrupo RompenteGran Muralla ChinesaPoloniaLupus eritematoso sistémicoManuel MurguíaAC-418Grupo NósRúa das Rodas (Santiago de Compostela)Immanuel KantJuan MagánIsabel Feodorovna RomanovaCarrie (filme)A EstradaClara CampoamorCarlos CasaresPemento de PadrónTeresa CasalElvira Fernández BalboaGran Guerra IrmandiñaComarcas de GaliciaBenito KamelasXogos OlímpicosMontse DopicoCarro galegoSunnismoAWStatsThibaut CourtoisGatipedroElena CandiaPratos combinadosNoruegaPazo BaiónGabriel García MárquezFerroAtlánticaPremios Follas Novas do Libro GalegoDinís de PortugalMontañésSociedad Civil y DemocraciaBurgosAciñeiraPartido Comunista dos Traballadores de EspañaLista de estacións de tren de Galicia🡆 More