Planta Coca

A coca (Erythroxylum coca) (en quechua:kuka) é unha planta suramericana da familia das Eritroxiláceas orixinaria dos escarpados contrafortes dos Andes amazónicos, principalmente de Bolivia e do Perú.

Coca
Planta Coca
Planta de coca
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Erythroxylaceae
Xénero: Erythroxylum
Especie: E. coca
Nome binomial
Erythroxylum coca
Lam. 1786
Variedades
  • Erythroxylum coca var. coca 1979
  • Erythroxylum coca var. ipadu Plowman 1979
  • Erythroxylum coca var. novo-granatense D.Morris 1889
  • Erythroxylum coca var. spruceanum Burck
Sinonimia
  • Erythroxylum bolivianum Burck
  • Erythroxylum chilpei E.Machado

Descrición

Ten porte arbustivo/arbóreo e pode ficar frondosa, as súas flores son amarelo abrancazadas, pequenas e aromáticas, solitarias ou reunidas en cimeiras, os froitos drupáceos oblongos, vermellos, e cuxas follas posúen 14 alcaloides, e dentre eles a cocaína.

Compoñentes

O extrato de coca posúe diversos compostos orgánicos e inorgánicos, como na maioría da plantas. Hai proteínas, vitaminas, carbohidratos, graxas, fibras, calcio, fósforo e ferro, entre outros oligoelementos. As propiedades analxésicas da coca foron descubertas polos incas e até hoxe as súas follas son comumente mascadas na rexión dos Andes. Os efectos do alcaloide (cocaína) poden aplacar a fame e a fatiga.

A cantidade de cocaína contida nas follas frescas comporta só uns 0,8 %. Ademais desta substancia, as follas da coca presentan outros alcaloides como metilecgoninca, benzoilecgnoninca, ecgonina e nicotina.

A absorción da cocaína é moito menos rápida e eficiente que as formas purificadas da cocaína e non causa os mesmos efectos psicoactivos e eufóricos asociados co uso da droga. A adicción ou outros efectos nocivos do consumo da folla na súa forma natural, non se teñen documentado.

Refrescos

Algúns refrescos, como Coca-Cola, utilizan extracto de especies do mesmo xénero Erytroxylum, con menores contidos de cocaína, e outros imitaban a súa composición. Porén, tales refrescos pasaron a ser producidos de "noz de cola" e non posúen folla de coca na súa formulación.

A confusión sobre o contido do refresco Coca-Cola, e até mesmo sobre a súa formulación, débese ao feito de ter sido este o refresco precursor do uso da cocaína como medicamento antiemético, isto é, contra náuseas, vómito e diarrea. No inicio, Coca-Cola era "remedio", contiña vestixios da droga e o seu uso era indicado sempre despois das comidas. O farmacéutico John Pemberton, inventor de Coca-Cola, logo mudou o extracto do "remedio", visto o éxito nas vendas, que se mantén até hoxe.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

ABDUCA, R.G. Poder y consumo - en torno a la hoja de coca (argentina 1924-1990). In.: V° Congreso Argentino de Antropología Social en <https://web.archive.org/web/20150510002350/http://www.naya.org.ar/congresos/contenido/laplata/LP1/16.htm>. La Plata, 29 de xullo ao 1° de agosto de 1997.

ABDUCA, R.G. El cargador resistente, la coca y la cocaína. NosotroslosOtros, n. 4. Bos Aires, 1999.

CASTRO DE LA MATA, Ramiro. Inventario de la coca. Editora Cedro, Lima, 2003.

BLICKMAN, Tom. Los mitos de la coca - Drogas y Conflicto Nr. 17, xuño de 2009

CÁCERES SANTA MARÍA, Baldomero (2005). "Coca: apuntes críticos sobre investigaciones recientes". Debate agrario (39): 189–211. ISSN 1017-9011. 

CASTRO DE LA MATA, Ramiro. Inventario de la coca. Editora Cedro, Lima, 2003.

ESCOHOTADO, Antonio (1999). Historia general de las drogas. Espasa Calpe Mexicana. ISBN 84-239-9739-1.

HENMAN, Anthony Richard (2005). "La coca como planta maestra: reforma y nueva ética". Debate agrario (39): 267–278. ISSN 1017-9011.  HENMAN, Anthony METAAL, Pien JELSMA, Martin e outros. Coca sí, cocaína no. in Transnational Institute HURTADO FUENTES, Ciro. Harina de Coca. Solucion prodigiosa del hambre-malnutricion en el Perú y países Andinos.

GALVEZ, JLD. Si no hay coca no hay vida (por Angelica Pinedo Vda. De Zabala) y La Raymundita se esta casando (por Raymunda Rey Pérez).

PETTERSSON, Bjorn e MACKAY Lesley. Violaciones a los derechos humanos causadas por la "Guerra contra las Drogas" en Bolivia. Red Andina de Información, Bolivia, 1993.

ROJAS, TL, CHUMBE, EF; AGUILA, LML. Guía para el uso de la Harina y Cápsulas de Coca: composición, análisis, procesos, preprados, comercio, precios, aspectos legales y sugerencias de uso industrial, nutricional, medicinal y energizante. Editado por Agroindustrias Chaska in en 2006.

Ligazóns externas

Tags:

Planta Coca DescriciónPlanta Coca CompoñentesPlanta Coca RefrescosPlanta Coca NotasPlanta Coca Véxase taménPlanta CocaAndesBoliviaFamilia (bioloxía)PerúQuechuaSuramérica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Premio Nacional de Literatura de EspañaIlla de SálvoraFala de EstremaduraLista de prefixos e sufixosNigránXabarín ClubLingua portuguesaJude BellinghamMoucho comúnEspañaCoprofiliaTereixa NavazaXosé Manuel PereiroSete SabiosA memoria da choivaFranciaBreogánSantiago de CompostelaLista de programas de Televisión EspañolaMiguel Ángel MuñozInternetMaría JamardoSelena GomezXosé Neira VilasAguacateClub Deportivo ArenteiroCelso Fernández SanmartínConfederación Española de Derechas AutónomasNintendo Entertainment SystemIllas BalearesContactTimothée ChalametCarlos CallónLingua inglesaBipartito galegoTelexornalRefraneiro galego sobre o mes de maioApolonio de AtenasFermin MuguruzaLista de episodios de DoraemonClub dos 27Orlando BloomMasculino e feminino en galegoRefraneiro galego sobre o panMeigaAntía OteroGroenlandiaRenfe OperadoraFidel CastroPaleolíticoOs demostrativos galegosAmorodeiraMatriz cadradaPúrpuraCamilo Díaz BaliñoDaniel de la TorreCarlos NegroMaría a BalteiraMarina CastañoO sol do veránMar MediterráneoVerínSusana FortesImmanuel KantAlejandra PizarnikXurxo de CapadociaOs vellos non deben de namorarseHLA-DRPrimeira división española de fútbolFingeringBatalla de CovadongaJosé López CamposO Pedrouzo, Arca, O PinoCélula procariotaLesión deportivaLista de xentilicios de concellos galegos🡆 More