Clasificación Internacional De Doenzas

A Clasificación Internacional e Estatística de Doenzas e Problemas Relacionados coa Saúde (en inglés: International Statistical Classification of Diseases and Related Health Problems), é a codificación de doenzas, trastornos, traumatismos e o conxunto dos motivos de recurso aos servizos de saúde.

É publicada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e emprégase en todo o mundo para clasificar as causas de morbilidade e de mortalidade, con finalidades diversas, como as de política sanitaria (financiamento e organización dos servizos de saúde), epidemioloxía ou aplicación clínica.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Clasificación Internacional de Doenzas (CID)
Título orixinalClasificación Internacional e Estatística de Doenzas e Problemas Relacionados coa Saúde

International Statistical Classification of Diseases and Related Health Problems
Autor/aOrganización Mundial da Saúde
Data de pub.1992 (CID-10)
EditorOrganización Mundial da Saúde
editar datos en Wikidata ]

Coñécese tamén pola súa denominación reducida, Clasificación Internacional de Doenzas, e polas súas iniciais CID (ICD, en inglés, e CIE, común na tradición hispana e tamén aplicable ao galego, a partir de "Clasificación Internacional de Enfermidades", CIE).

Historia

O sistema da CID, xestionado pola OMS, está deseñado para promover a comparación internacional da colleita, o procesamento, a clasificación e a presentación destas estatísticas. A CID é a clasificación central da WHO Family of International Classifications (WHO-FIC) ("Familia de Clasificacións Internacionais da OMS").

A edición máis recente da CIE é a décima, coñecida como CID-10 (ou CIE-10). Ten a súa orixe na "listaxe de causas de morte", cuxa primeira edición lle correspondeu ao Instituto Internacional de Estatística en 1893. A OMS fíxose cargo dela en 1948, na sexta edición, a primeira en incluír tamén causas de morbilidade. A OMS segue a traballar nela para a manter actualizada, e está prevista a súa substitución pola CID-11 na primavera de 2018.

A CID-10 desenvolveuse en 1992 co propósito foi rastrexar estatísticas de mortalidade. A OMS publica actualizacións menores anuais e actualizacións de máis envergadura cada tres anos.

Posteriormente, algúns países crearon as súas propias extensións do código CID-10. Por exemplo, Australia presentou a súa primeira edición propia, a ICD-10-AM en 1998, e o Canadá publicou a súa versión en 2000, a ICD-10-CA. Alemaña tamén ten a súa propia extensión, a ICD-10-GM. Nos Estados Unidos engadiuse o anexo co sistema de clasificación de procedementos ou ICD-10-PCS.

Existe, ademais, un código internacional de doenzas específico para a Oncoloxía, o CID-O (ou CIE-O ou ICD-O).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Clasificación Internacional De Doenzas HistoriaClasificación Internacional De Doenzas NotasClasificación Internacional De Doenzas Véxase taménClasificación Internacional De DoenzasDoenzaEpidemioloxíaLingua inglesaMorbilidadeOMSOrganización Mundial da SaúdeTaxa de mortalidadeTraumatismo físico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eduardo PondalXosé Manuel BeirasLista de presidentes da República PortuguesaExaculaciónVietnamVangardasAndoriñaRosario Porto OrtegaRefraneiro galego sobre o panMemorias dun neno labregoTeixugoMoción de confianzaNoelia ReyMiguel de CervantesFerrer BassaVertoMarta Fernández-TapiasGoizuetaJosé López CamposEva MejutoSalgueiro MaiaJennifer LopezProvincia da CoruñaLisboaLista de filmes coas maiores recadaciónsXabier DíazLAntón LamazaresLorenzo VarelaAgustín Fernández PazAlberto FortesIgantziÁlvaro Porto DapenaEsencia de trementinaPello OtxandianoVáknerDorothé SchubarthAmérica do NorteBaby ReindeerAC-101Miro CasabellaProvincias de EspañaCubaReal Club Celta de VigoMúsica tradicional galegaCarrizo (paxaro)Thomas Alva EdisonDelfínDe NinghuresGabriel AlénBatalla das Termópilas (-480)Grupo SargadelosXosé Luís Méndez FerrínHeraldo de ViveroThe HivesArroazGalería de imaxes de arañas de GaliciaSri LankaMucha e NuchaJava (linguaxe de programación)Curuxa comúnAmieiroFlora invasora de GaliciaCromosoma homólogoFollas novasVila de CrucesPotaRomariz, Riós, RiósÁcido dipicolínicoAntón Villar PonteVómito (grupo musical)Rafael Nadal🡆 More