Carlos Sainz Vázquez de Castro ( pronunciación (axuda · info)), coñecido como Carlos Sainz Jr ( pronunciación (axuda · info)), ou simplemente Carlos Sainz, naceu en Madrid o 1 de setembro de 1994, é un piloto de carreiras español, fillo do dobre ex campión mundial de Rallyes Carlos Sainz e de Reyes Vázquez de Castro.
(2022) | ||||||||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Carlos Sainz Vázquez de Castro Cenamor Rincón Rebollo Birto Moreno de Aranda De Anterurriaga Tiaper del Tún 1 de setembro de 1994 (29 anos) Madrid, España | |||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | ||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | |||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | |||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un | |||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá e lingua inglesa | |||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | |||||||||||||||||||||||||
Deporte | Fórmula 1 (2015–) automobilismo | |||||||||||||||||||||||||
Patrocinador | Estrella Galicia 0,0 (en) | |||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||||||||
Pai | Carlos Sainz | |||||||||||||||||||||||||
Páxina web | carlossainz.es | |||||||||||||||||||||||||
Notes |
En 2012 Sainz competiu nos campionatos británico e europeo de Fórmula 3 con Carlin. En 2014 participou co equipo DAMS na Fórmula Renault 3.5. O 28 de novembro de 2014, e fichou pola Scuderia Toro Rosso na tempada 2015 de Fórmula Un. Equipo no que continuou na tempada 2016 egran parte da 2017 aínda que pasou a Renault nas últimas carreiras da tempada 2017 e integramente na tempada 2018. Sainz fichou por McLaren para a tempada 2019, para substituír a Fernando Alonso, que deixara a F1 mentres ao mesmo tempo remataba o seu contrato con Red Bull Racing. No Gran Premio do Brasil de 2019 Sainz conseguiu o seu primeiro podio na Fórmula Un cun terceiro posto. Fichou con Ferrari para 2021. No Gran Premio do Reino Unido de 2022, Sainz logrou a súa primeira pole position e a súa primeira vitoria. Logrou a súa segunda vitoria na Fórmula Un no Gran Premio de Singapur de 2023, despois de comezar na pole position por quinta vez na súa carreira. Deixará Ferrari en a finais de 2024 cando Lewis Hamilton únase ao equipo. Despois de perderse o Gran premio de Arabia saudita de 2024 debido a unha apendicite, Sainz logrou outra vitoria na Fórmula Un no seguinte Gran Premio de Australia de 2024 comezando desde o segundo lugar.
Sainz comezou a súa carreira no karting. En 2008 gañou o título KF3 de Asia-Pacífico, e terminou segundo no campionato español. En 2009 gañou a prestixiosa Junior Monaco Kart Cup, e foi subcampión no Campionato de Europa KF3.
Sainz correu na tempada europea de 2010 da Fórmula BMW co equipo EuroInternational. Tamén formou parte do programa Red Bull Junior Team. Fixo o seu debut na Fórmula BMW como piloto invitado na tempada 2010 na Fórmula BMW Pacífico en Sepang.
Na Fórmula BMW Europa, terminou cuarto cuns incribles 227 puntos.
Sainz tamén competiu no Reino Unido na copa Fórmula Renault Winter, terminando sexto na primeira carreira e retirouse da segunda carreira de Snetterton.
Durante a tempada 2012, Sainz correu no campionato británico e nas Euroseries de Fórmula 3. Gañou cinco carreiras e terminou nove veces no podio, logrou unha pole position, no campionato británico e terminou en sexta posición. Só logrou dous podios e dous pole positions no campionato Euroseries, acabando en novena posición global.
En 2013, Sainz asinou con Arden para competir nas series GP3.
Sainz competiu na Fórmula Renault 3.5, por primeira vez en 2013. Pero, debido a que estaba máis centrado na GP3, ao mesmo tempo, perdeu unha boa chea de carreiras na súa primeira tempada. Terminou a tempada no posto 19º con 22 puntos. Un grande esforzo tendo en conta que era o seu primeiro ano nas series e perdeuse un puñado de carreiras. En 2014, cambiou de equipo para correr con DAMS.
Sainz participou nos tests para novos pilotos cos equipos Red Bull e Toro Rosso en Silverstone en 2013 e 2014. O 28 de novembro de 2014, a Scuderia Toro Rosso anunciou oficialmente que será o compañeiro de Max Verstappen en Toro Rosso, na tempada 2015 de Fórmula Un, a raíz do pase de Daniil Kvyat a Red Bull. Sainz seleccionou 55 como o seu número de carreira. Clasificouse entre os dez primeiros para o seu debut, no Gran Premio de Australia de 2015, e terminou a carreira na novena posición. Na terceira sesión de adestramentos libres do Gran Premio de Rusia de 2015, Sainz perdeu o control do seu coche na curva 13 do Circuíto de Sochi, chocou contra unha parede e contra as barreiras Tecpro. Logo de pasar unha noite no hospital, permitíuselle competir ao día seguinte, pero non terminou a carreira. Nos Estados Unidos de América terminou sétimo, que foi o seu último punto do ano. Terminou 15º na súa primeira tempada con Toro Rosso.
Terminou noveno en Australia, tras retirarse en Bahrain. En China, novamente terminou noveno. Logo de non puntuar en Rusia, finalizou sexto en España, 8º en Mónaco e noveno en Canadá antes de non poder terminar en Baku. Logo pasou a anotar 3 oitavos lugares en Austria, Reino Unido e Hungría. Máis tarde tivo unha racha de puntos ata os Estados Unidos, onde finalizou en 6° lugar, non anotou ningún punto en México, outro 6° lugar no Brasil e non puntuou en Abu Zabi. Terminou 12° na clasificación de pilotos con 46 puntos.
Sainz comezou a tempada co 7° posto en Australia. En China, fixo o movemento máis audaz na pista para ser o único con pneumáticos de seco. Funcionou e terminou oitavo. Non terminou en Bahrain logo de chocar con Lance Stroll cando saía dos boxes, o que resultou nunha penalización de tres lugares na seguinte carreira, o Gran Premio de Rusia, onde pasou a terminar décimo. En España, unha vez máis terminou sétimo antes de lograr a súa mellor posición da tempada co 6º posto en Mónaco ao relegar a Lewis Hamilton. Non terminou no Canadá, onde estivo involucrado nun choque na primeira volta con Romain Grosjean que eliminou a Felipe Massa. Terminou oitavo en Baku antes de finalizar sétimo en Hungría logo de non terminar nos puntos en Austria e retirarse en Gran Bretaña debido a unha colisión co seu compañeiro de equipo. Terminou en décimo lugar en Spa e no 14° en Monza. No Gran Premio de Malaisia, retirouse debido a un problema no motor mentres conducía xunto a Pierre Gasly, quen substituíu a Kvyat durante a fin de semana. Tamén se retirou do Gran Premio do Xapón logo dun choque.
Durante a fin de semana do Gran Premio de Singapur, no que terminou en 4ª posición, anunciouse que deixaría Toro Rosso para competir por Renault en 2018, pero durante a fin de semana do Gran Premio do Xapón de 2017, anunciouse que Sainz substituiría a Jolyon Palmer en Renault comezando no Gran Premio dos Estados Unidos de 2017, con Kvyat regresando a Toro Rosso para tomar o seu antigo posto. Na súa primeira carreira con Renault, Sainz terminou a carreira en sétimo e superou a Nico Hülkenberg, unha fazaña que Jolyon Palmer non puido facer durante todo o ano, aínda que significou moi pouco xa que Hülkenberg optou por non marcar tempo na Q2 debido as súas penalizacións na grella. Unha actuación menos impresionante seguiu na seguinte carreira en México. Clasificouse noveno, tres décimas e media por baixo de Hülkenberg no 8° posto, e comezou a carreira en sétimo logo das sancións de motor de Ricciardo. Logo da primeira volta, atopouse no 5° lugar, detrás de Hülkenberg, despois de que os contendentes ao campionato Vettel e Hamilton chocaran ao comezo da carreira. Con todo, Sainz trompeou na sección de alta velocidade da pista e fixo un plano nos seus pneumáticos e viuse obrigado a entrar en boxes e saíu no 19º posto, só diante do danado e atrasado Mercedes de Lewis Hamilton. Permanecería na cola da pista ata que se retirou da carreira con problemas de dirección. En Brasil acobou fora dos puntos e na última carreira en Abu Zabi retirouse. Terminou 9° na clasificación de pilotos con 54 puntos.
Sainz tivo un bo comezo na tempada 2018 anotando en cinco das seis primeiras carreiras, pero acabou por detrás do seu compañeiro de equipo Nico Hülkenberg en cada unha das catro carreiras que ambos finalizaron. En Acerbaixán Sainz rematou a tempada cunha boa posición, quinto. Rematou a tempada no décimo lugar con 53 puntos, 3 postos e 16 puntos por detrás do seu compañeiro Hülkenberg anotando puntos en 13 carreiras das 19 carreiras que finalizou.
Sainz mudouse a McLaren na tempada 2019, substituíndo a Fernando Alonso, que se retirara despois da tempada 2018. Despois dun desafortunado comezo de tempada debido a problemas de fiabilidade no Gran Premio de Australia de 2019 e estando involucrado en colisións nos Grandes Premios de Bahrain e de [Gran Premio da China de 2019 | China]], Sainz conseguiu puntuar constantemente despois, a miúdo terminando con forza como o mellor do resto por detrás dos tres primeiros equipos. Loitou polo sexto posto no campionato de pilotos con Pierre Gasly e Alexander Albon, que pasaron parte da tempada nun Red Bull moito máis rápido. No Gran Premio do Brasil de 2019, Sainz clasificouse inicialmente como cuarto, logo de comezar no 20º e último lugar despois dun problema de motor na cualificación, pero elevouse ao 3º posto logo de que Lewis Hamilton recibira unha penalización por causar unha colisión con Alexander Albon, o que proporcionoulle a Sainz o seu primeiro podio na Fórmula Un. Sainz case dobrou o seu total de puntos da súa mellor tempada anterior, 2017. No Gran Premio de Abu Zabi Sainz conseguiu pasar a Hülkenberg na última volta para ocupar o décimo lugar, anotando un punto e o 6º posto no campionato de pilotos a finais de ano.
Sainz comezou a tempada cun quinto posto seguido dun noveno posto en Austria e Estiria. Neste último clasificouse en terceiro lugar, o seu mellor resultado na clasificación da súa carreira, e logrou a súa primeira volta rápida e ao facelo estableceu un novo récord no Red Bull Ring. No Gran Premio de Gran Bretaña sufriu unha picada de pneumáticos na penúltima volta mentres corría comodamente cuarto e no Gran Premio do 70º aniversario viuse obrigado a comezar fóra dos dez primeiros por un problema de sobrequecemento que dificultaba o seu ritmo de clasificación. Na carreira tamén resultou prexudicado por un mal funcionamento da pistola de rodas durante o pitstop, rematando décimo terceiro. Tampouco puido comezar o Gran Premio de Bélxica debido a un problema na unidade de potencia na volta de recoñecemento. Na seguinte carreira (o Gran Premio de Italia) cualificouse terceiro detrás do dúo dominante Mercedes de Hamilton e Bottas. Finalizou segundo, o mellor resultado da súa carreira e o seu segundo podio, rematando a 0,4 segundos do gañador Pierre Gasly na que tamén foi a súa primeira vitoria. Sainz rematou a tempada 2020 no 6º lugar do campionato de pilotos por segundo ano consecutivo. Acumulou 105 puntos e 6 finalizacións entre os 5 primeiros ambos máximos na súa carreira.[Cómpre referencia]
Sainz incorporouse á Scuderia Ferrari cun contrato de dous anos na tempada 2021 como compañeiro de Charles Leclerc e en substitución de Sebastian Vettel. Clasificouse e terminou en 8º lugar no Gran premio de Bahrain. Despois continuou clasificándose 11º no Gran Premio da Emilia-Romaña para rematar no 5º lugar, atrapando o seu compañeiro de equipo, Charles Leclerc. Conseguiu o seu terceiro podio da súa carreira e o primeiro con Ferrari no Gran Premio de Mónaco de 2021. A súa capacidade de adaptarse rapidamente a Ferrari foi amplamente eloxiada polas súas actuacións en relación co seu compañeiro de equipo Leclerc nas carreiras iniciais da tempada. Acadou un 3º lugar no podio no Gran Premio de Hungría de 2021 a pesar de terminar en cuarto lugar na pista, debido a unha penalización posterior á carreira para Sebastian Vettel. Comezou o Gran Premio de Rusia de 2021 en segundo lugar, e superou ao seu antigo compañeiro de equipo Lando Norris na primeira volta, terminando finalmente terceiro, para conseguir o seu terceiro podio para Ferrari. Na última carreira da tempada, o Gran Premio de Abu Zabi de 2021, terminou en terceiro lugar, o que o converteu en quinto no campionato de pilotos, por diante do seu compañeiro de equipo Leclerc e do seu excompañeiro Norris.
Tempada | Series | Equipo | Carreiras | Poles | Gañadas | V/rápidas | Podios | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | Formula BMW Europe | EuroInternational | 16 | 2 | 1 | 2 | 5 | 227 | 4º |
Formula BMW Pacific | 9 | 3 | 2 | 2 | 5 | N/A | NC† | ||
Eurocup Formula Renault 2.0 | Epsilon Euskadi | 4 | 0 | 0 | 0 | 1 | N/A | NC† | |
Tech 1 Racing | |||||||||
European F3 Open | De Villota Motorsport | 4 | 0 | 0 | 0 | 1 | N/A | NC† | |
Formula Renault UK Winter Series | Koiranen Bros. Motorsport | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 18 | 18º | |
2011 | Eurocup Formula Renault 2.0 | Koiranen Motorsport | 14 | 4 | 2 | 5 | 10 | 200 | 2º |
Formula Renault 2.0 Northern European Cup | 20 | 10 | 8 | 12 | 17 | 489 | 1º | ||
Formula 3 Euro Series | Signature | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | NC† | |
Macau Grand Prix | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 17º | ||
2012 | British Formula Three | Carlin | 26 | 1 | 5 | 2 | 9 | 224 | 6º |
Formula 3 Euro Series | 24 | 2 | 0 | 0 | 2 | 112 | 9º | ||
FIA European Formula 3 Championship | 20 | 2 | 1 | 1 | 5 | 161 | 5º | ||
Masters of Formula 3 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 4º | ||
Macau Grand Prix | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 7º | ||
2013 | GP3 Series | MW Arden | 16 | 1 | 0 | 2 | 2 | 66 | 10º |
Formula Renault 3.5 Series | Zeta Corse | 9 | 0 | 0 | 1 | 0 | 22 | 19º | |
2014 | Formula Renault 3.5 Series | DAMS | 17 | 7 | 7 | 6 | 7 | 227 | 1º |
2015 | Fórmula 1 | Scuderia Toro Rosso | 19 | 0 | 0 | 0 | 0 | 18 | 15º |
2016 | Fórmula 1 | Scuderia Toro Rosso | 21 | 0 | 0 | 0 | 0 | 46 | 12º |
2017 | Fórmula 1 | Scuderia Toro Rosso | 16 | 0 | 0 | 0 | 0 | 54 | 9º |
Renault Sport F1 Team | 4 | 0 | 0 | 0 | 0 | ||||
2018 | Fórmula 1 | Renault Sport F1 Team | 21 | 0 | 0 | 0 | 0 | 53 | 10º |
2019 | Fórmula 1 | McLaren F1 Team | 21 | 0 | 0 | 0 | 1 | 96 | 6º |
2020 | Fórmula 1 | McLaren F1 Team | 17 | 0 | 0 | 1 | 1 | 105 | 6º |
2021 | Fórmula 1 | Scuderia Ferrari Mission Winnow | 22 | 0 | 0 | 0 | 4 | 164´5 | 5º |
2022 | Fórmula 1 | Ferrari | 22 | 1 | 3 | 2 | 9 | 246 | 5º* |
2023 | Fórmula 1 | Ferrari | 22 | 1 | 2 | 0 | 3 | 200 | 7º |
2024 | Fórmula 1 | Ferrari | 3 | 1 | 0 | 0 | 2 | 40* | 4º* |
† Sainz participou como piloto invitado, non podía puntuar.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2011 | Signature | Volkswagen | LEC 1 | LEC 2 | LEC 3 | HOC 1 | HOC 2 | HOC 3 | ZAN 1 | ZAN 2 | ZAN 3 | RBR 1 | RBR 2 | RBR 3 | NOR 1 | NOR 2 | NOR 3 | NÜR 1 | NÜR 2 | NÜR 3 | SIL 1 | SIL 2 | SIL 3 | VAL 1 | VAL 2 | VAL 3 | HOC 1 Ret | HOC 2 Ret | HOC 3 5 | NC† | 0 |
2012 | Carlin | Volkswagen | HOC 1 2 | HOC 2 5 | HOC 3 2 | BRH 1 4 | BRH 2 6 | BRH 3 4 | RBR 1 16† | RBR 2 7 | RBR 3 5 | NOR 1 Ret | NOR 2 25† | NOR 3 19 | NÜR 1 7 | NÜR 2 15 | NÜR 3 10 | ZAN 1 11 | ZAN 2 9 | ZAN 3 5 | VAL 1 Ret | VAL 2 10 | VAL 3 6 | HOC 1 Ret | HOC 2 13 | HOC 3 11 | 9º | 112 |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | Carlin | Volkswagen | OUL 1 3 | OUL 2 5 | OUL 3 4 | MNZ 1 1 | MNZ 2 8 | MNZ 3 1 | PAU 1 6 | PAU 2 2 | ROC 1 10 | ROC 2 12 | ROC 3 3 | BRH 1 4 | BRH 2 4 | BRH 3 Ret | NOR 1 Ret | NOR 2 25 | NOR 3 19 | SPA 1 3 | SPA 2 C | SPA 3 1 | SNE 1 Ret | SNE 2 11 | SNE 3 1 | SIL 1 2 | SIL 2 7 | SIL 3 5 | DON 1 | DON 2 | DON 3 | 6º | 224 |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | MW Arden | ESP FEA 15 | ESP SPR DSC | VAL FEA 5 | VAL SPR 3 | GBR FEA 13 | GBR SPR 13 | GER FEA 6 | GER SPR 5 | HUN FEA 5 | HUN SPR 2 | BEL FEA Ret | BEL SPR 13 | ITA FEA 9 | ITA SPR 9 | ABU FEA DSC | ABU SPR 18 | 10º | 66 |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | Zeta Corse | MNZ 1 | MNZ 2 | ALC 1 | ALC 2 | MON 1 6 | SPA 1 Ret | SPA 2 18† | MSC 1 | MSC 2 | RBR 1 | RBR 2 | HUN 1 7 | HUN 2 22 | LEC 1 16† | LEC 2 Ret | CAT 1 Ret | CAT 2 6 | 19º | 22 |
2014 | DAMS | MNZ 1 18 | MNZ 2 1 | ALC 1 1 | ALC 2 4 | MON 1 4 | SPA 1 1 | SPA 2 1 | MSC 1 14 | MSC 2 6 | NÜR 1 1 | NÜR 2 Ret | HUN 1 4 | HUN 2 6 | LEC 1 1 | LEC 2 1 | XER 1 15 | XER 2 11 | 1º | 227 |
† Coches que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Sainz Vázquez de Castro |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Carlos Sainz Vázquez de Castro, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.