Sebastian Vettel, nado en Heppenheim o 3 de xullo de 1987, é un expiloto de Fórmula 1 alemán.
Foi Campión do Mundo, catro veces en 2010, 2011, 2012, e 2013. É un dos pilotos de F1 máis exitosos de todos os tempos e é considerado un grande.
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de xullo de 1987 (36 anos) Heppenheim (Bergstraße), Alemaña | ||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Alemaña | ||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 176 cm | ||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 62 kg | ||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un , piloto de automobilismo , motorsports competitor (en) | ||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua alemá, lingua italiana, lingua inglesa, lingua francesa e lingua finesa | ||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Alemaña | ||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Fórmula 1 (2007–) automobilismo | ||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||
20 de xaneiro de 2016 | World Economic Forum Annual Meeting 2016 (en) | ||||||||||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||||||||||
Título | Campión do Mundo de Fórmula 1 | ||||||||||||||||||||||||||||
Premios
| |||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | sebastianvettel.de | ||||||||||||||||||||||||||||
|
Vettel comezou a súa carreira na Fórmula Un como piloto de probas para BMW Sauber en 2006, facendo unha única aparición nunha carreira en 2007. Como parte do Red Bull Junior Team, Vettel pilotou para a Scuderia Toro Rosso máis tarde ese ano e mantívose como piloto a tempo completo para 2008. Vettel ascendeu a Red Bull en 2009. Con Red Bull, Vettel gañou catro títulos consecutivos desde 2010 ata 2013, o primeiro dos cales o converteu no campión do mundo máis novo do deporte, establecendo os récords de máis vitorias consecutivas en carreiras (9) e vitorias en carreiras nunha única tempada (13). En 2015 firmou pola Scuderia Ferrari para o que correru ata 2020. Fichou por Aston Martin para as tempadas 2021-2022, antes de anunciar os seus plans para retirarse da Fórmula Un a finais da tempada 2022.
Vettel naceu en Heppenheim, entón Alemaña Occidental fillo de Norbert e Heike Vettel. Ten un irmán máis novo, Fabián, e dúas irmás máis vellas, Melanie, técnico ental, e Stefanie, fisioterapeuta para nenos incapacitados. Vettel dixo nunha entrevista que el era terrible na escola, pero logrou o título de secundaria cunha nota respectable, na escola secundaria Starkenburg Gymnasium en Heppenheim. Tamén mencionou que os seus heroes da infancia eran "Os tres Michaels", que eran Michael Schumacher, Michael Jordan e Michael Jackson. Dixo que quería ser un cantante como Michael Jackson, pero deuse conta de que non podía porque non tiña a voz. Vettel é tamén un fan de The Beatles destacando varios discos, entre eles Abbey Road e a súa canción favorita é "Drive My Car". Nunha entrevista en Top Gear, Vettel confesouse como fan da comedia británica como Little Britain e Monty Python's Life of Brian. Vettel vive en Thurgovia, Suíza, entre outros pilotos de carreiras e é un fan do equipo de fútbol alemán Eintracht Frankfurt. Vettel describiuse a si mesmo como competitivo, privado, e impaciente. Vettel tamén aparece nos anuncios de Head & Shoulders. Na versión alemá de Cars 2, Vettel presenta unha voz en off.
Mantén unha relación con Hanna Sprater, coa que leva desde a infancia. En xaneiro de 2014, Vettel converteuse en pai da súa primeira filla.
Vettel comezou no automobilismo aos sete anos, pilotando karts. En 2004, na F-BMW Alemá, venceu 18 de 20 carreiras disputadas e conquistou o título da competición. Nos anos seguintes, Vettel correu na F-3 Europea e pasou a espertar o interese de BMW, onde pasou a realizar probas.
Vettel converteuse no terceiro piloto de BMW Sauber no Gran Premio de Turquía de 2006, cando o ex titular Robert Kubica foi convocado para substituír a Jacques Villeneuve no Gran Premio de Hungría de 2006.
No seu debut nas probas, Vettel marcou o mellor tempo na segunda práctica libre do venres antes da carreira. Nese momento, converteuse no piloto máis novo da Fórmula Un en participar na competición nun Gran Premio de fin de semana (19 anos e 53 días), tamén recibiu a súa primeira multa por superar o límite de velocidade no pitlane camiño da pista.
Na súa segunda sesión de probas no Gran Premio de Italia de 2006, estableceu o tempo máis rápido nas dúas sesións de adestramentos do venres, unha fin de semana de carreiras no que todos os coches BMW foron rápidos, co seu predecesor Robert Kubica terminando no podio na carreira.
Vettel foi confirmado como piloto de probas de BMW para 2007. Tralo grave accidente do piloto regular de BMW Kubica no Gran Premio do Canadá de 2007 Vettel substituíuno no Gran Premio dos Estados Unidos de 2007. Comezou na sétima posición da grella, terminando na oitava posición logrando o seu primeiro punto no Campionato Mundial e converteuse no piloto máis novo no momento en anotar un punto na Fórmula Un (á idade de 19 anos e 349 días), unha marca en posesión anteriormente de Jenson Button, quen tiña 20 anos e 67 días de idade cando terminou sexto no Gran Premio do Brasil de 2000.
Na véspera do Gran Premio de Hungría de 2007, Vettel foi confirmado como novo piloto da Scuderia Toro Rosso, en substitución do estadounidense Scott Speed, que saíu tras varios desencontros co equipo. Cobrou aproximadamente 165.000 US $ por terminar a tempada con Toro Rosso. Antes da carreira, tamén se anunciou que Vettel pilotaría para Toro Rosso en 2008, xunto a Sébastien Bourdais.
O 14 de setembro de 2008 venceu de forma sorprendente o gran Gran Premio de Italia de 2008, conquistando a primeira vitoria da carreira na categoría e tamén do equipo Toro Rosso. Con este feito, converteuse no piloto máis novo en gañar un Gran Premio, con vinte e un anos, tres meses e oito días. Logrou outra marca con só nove meses de carreira na Fórmula 1, converteuse no piloto máis novo en ser multado pola FIA por unha infracción ao pasar do límite de velocidade nos boxes mentres accedía á pista por primeira vez.
Alzouse co campionato de Fórmula 1 de 2010, converténdose no piloto máis novo da historia en ser Campión do Mundo. Campionato que renovou en 2011, 2012 e 2013.
En 2009, Vettel pasa a correr en Red Bull, substituíndo a David Coulthard, que se retirou ao fin da tempada de Fórmula 1 de 2008.
O 19 de abril de 2009, no Gran Premio da China de 2009, conquistou a segunda vitoria na categoría e a primeira do equipo Red Bull.
En 1 de novembro, Vettel terminou no segundo posto no campionato Mundial, sendo o piloto máis novo en conseguir tal feito, trala súa vitoria no Gran Premio de Abu Zabi de 2009, ficando só detrás do británico Jenson Button no campionato.
En 19 de novembro de 2009, Vettel foi elixido mellor piloto do ano pola revista inglesa "Autosport", nunha votación feita cos xefes de equipo da categoría.
O piloto alemán comezou a temporada de 2010 logrando a pole position nas dúas primeiras roldas, no entanto, por problemas no coche, acabou perdendo o liderado, inclusindo a retirada na segunda carreira. A primeira vitoria na temporada veu na terceira carreira, o Gran Premio de Malaisia de 2010, cando superou ao seu compañeiro de equipo Mark Webber, que chegou segundo. O 14 de novembro, Vettel proclamouse campión da categoría, tras vencer na última carreira da tempada, o GP de Abu Zabi. Vettel converteuse no campión máis novo da historia, con 23 anos, 4 meses e 11 días. Vettel tamén se converteu no 1º piloto da historia da Fórmula 1 en ser campión sen liderar o campionato antes da última proba.
O día 24 de febreiro de 2012 o piloto recibiu do presidente da Alemaña, Horst Seehofer, a distinción "Silberne Lorbeerblat" (folla de prata), a máis alta condecoraçión concedida polo goberno alemán aos deportistas, pola conquista do bicampionato.
O 25 de novembro de 2012, tornouse o máis novo tricampión mundial da Fórmula 1, chegando en sexto lugar no GP do Brasil, a última proba da tempada. Vettel logrou o campionato con tres puntos de vantaxe sobre Fernando Alonso, que quedou na segunda posición.
O 27 de outubro de 2013, tornouse o máis novo tetracampión mundial da Fórmula 1, tras ser primeiro no Gran Premio da India, a falta de catro carreiras. Cunha temporada perfecta e sen erros, Vettel foi tetracampión cunha gran vantaxe en relación a Fernando Alonso, que chegou na décima primeira posición.
Durante a fin de semana do Gran Premio do Xapón de 2014, anunciou que deixaba o equipo ao fin da tempada de 2014 antes do termo do seu contrato, que concluiría en 2015.
En 2010 alzouse co campionato do mundo converténdose así no piloto máis novo en conseguir este título. En 2011 renovou o campionato e tamén se converteu no bicampión máis novo da historia, en 2012 logrou o seu terceiro campionato polo que tamén é o tricampión máis novo da historia, en 2013 logrou o cuarto campionato consecutivo.
Sebastian Vettel ten o costume de poñerlle nomes de muller aos seus coches, inspirado polos pilotos estadounidenses de bombardeiros da segunda guerra mundial. Declarou: "É importante ter unha estreita relación co coche. Como un barco, un coche debería levar o nome dunha moza porque é sexy". Sábese que na súa primeira temporada na Fórmula 1 púxolle o nome de Julie ao seu STR3. O RB5 do ano seguinte foi alcumado Kate, despois do accidente de Australia, tiveronlle que cambiar o chasis, este foi alcumado Kate’s Dirty Sister (irmá sucia de Kate). Para a súa última montura o RB6 escolleu o nome de Luscious Liz (Seductora Liz). Unha vez cambiado este último, o seu sucesor foi chamado Randy Mandy (Mandy a Cacheira). En 2011, o campión do mundo bautizou ao RB7 como Kinky Kylie (pervertida Kylie). Ao RB8 chamouno Abbey e o RB9 recibiu o nome de Hungry Heidi. O tetracampeon chamou ao RB10 "Suzie", e na súa nova aventura coa Scuderia Ferrari, chamou ao SF15-T "Eva". Para a tempada 2016 Vettel e o seu mecánicos decidiron nomear o seu Ferrari SF16-H Margherita. Para 2017, Vettel decidiu bautizar o seu Ferrari SF70H como "Gina", Loria (2018), Lina (2019), e Lucilla (2020). Tamén ten como superstición pasar unha "Moeda da sorte" polos cordóns dos seus zapatos.
Tempada | Coche | Nome(s) |
---|---|---|
2008 | Toro Rosso STR3 | Julie |
2009 | Red Bull RB5 | Kate e a irmá porca de Kate |
2010 | Red Bull RB6 | Liz a seductora e Randy a cacheira |
2011 | Red Bull RB7 | Kylie a pervertida |
2012 | Red Bull RB8 | Abbey |
2013 | Red Bull RB9 | Heidi a famenta |
2014 | Red Bull RB10 | Suzie |
2015 | Ferrari SF15-T | Eva |
2016 | Ferrari SF16-H | Margherita |
2017 | Ferrari SF70H | Gina |
2018 | Ferrari SF71H | Loria |
2019 | Ferrari SF90 | Lina |
2020 | Ferrari SF1000 | Lucilla |
2021 | Aston Martin AMR21 | Honey Ryder |
2022 | Aston Martin AMR22 |
Tempada | Series | Equipo | Carreiras | Gañados | Poles | V/rápidas | Podios | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2003 | Formula BMW ADAC | Eifelland Racing | 19 | 5 | 5 | 4 | 12 | 216 | 2º |
2004 | Formula BMW ADAC | ADAC Berlin-Brandenburg | 20 | 18 | 14 | 13 | 20 | 387 | 1º |
2005 | Formula 3 Euro Series | ASL Mücke Motorsport | 20 | 0 | 0 | 1 | 6 | 63 | 5º |
Masters de Formula 3 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 11º | ||
Campionato de España de Fórmula 3 | Racing Engineering | 1 | 0 | 0 | 0 | 1 | 8 | 15º | |
Gran Premio de Macau | ASM F3 | 1 | 0 | 0 | 0 | 1 | N/A | 3º | |
Fórmula 1 | BMW Williams F1 Team | Piloto de probas | |||||||
2006 | Formula 3 Euro Series | ASM Formule 3 | 20 | 4 | 1 | 5 | 9 | 75 | 2º |
Masters de Formula 3 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 6º | ||
Formula Renault 3.5 Series | Carlin Motorsport | 3 | 2 | 1 | 0 | 2 | 31 | 15º | |
Gran premio de Macau | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 23º | ||
Fórmula 1 | BMW Sauber F1 Team | Piloto de probas | |||||||
2007 | Formula Renault 3.5 Series | Carlin Motorsport | 7 | 1 | 1 | 1 | 4 | 74 | 5º |
Fórmula 1 | BMW Sauber F1 Team | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 6 | 14º | |
Scuderia Toro Rosso | 7 | 0 | 0 | 0 | 0 | ||||
2008 | Fórmula 1 | Scuderia Toro Rosso | 18 | 1 | 1 | 0 | 1 | 35 | 8º |
2009 | Fórmula 1 | Red Bull Racing | 17 | 4 | 4 | 3 | 8 | 84 | 2º |
2010 | Fórmula 1 | Red Bull Racing | 19 | 5 | 10 | 3 | 10 | 256 | 1º |
2011 | Fórmula 1 | Red Bull Racing | 19 | 11 | 15 | 3 | 17 | 392 | 1º |
2012 | Fórmula 1 | Red Bull Racing | 20 | 5 | 6 | 6 | 10 | 281 | 1º |
2013 | Fórmula 1 | Infiniti Red Bull Racing | 19 | 13 | 9 | 7 | 16 | 397 | 1º |
2014 | Fórmula 1 | Infiniti Red Bull Racing | 19 | 0 | 0 | 2 | 4 | 167 | 5º |
2015 | Fórmula 1 | Scuderia Ferrari | 19 | 3 | 1 | 1 | 13 | 278 | 3º |
2016 | Fórmula 1 | Scuderia Ferrari | 21 | 0 | 0 | 3 | 7 | 212 | 4º |
2017 | Fórmula 1 | Scuderia Ferrari | 20 | 5 | 4 | 5 | 13 | 317 | 2º |
2018 | Fórmula 1 | Scuderia Ferrari | 21 | 5 | 5 | 3 | 12 | 320 | 2º |
2019 | Fórmula 1 | Scuderia Ferrari | 21 | 1 | 2 | 2 | 9 | 240 | 5º |
2020 | Fórmula 1 | Scuderia Ferrari | 17 | 0 | 0 | 0 | 1 | 33 | 13º |
2021 | Fórmula 1 | Aston Martin Cognizant Formula One Team | 22 | 0 | 0 | 0 | 1 | 43* | 12º* |
2022 | Fórmula 1 | Aston Martin Cognizant Formula One Team | 20 | 0 | 0 | 0 | 0 | 37 | 12º |
* Tempada en progreso.
(Carreiras en letra grosa indican pole position, carreiras en cursiva indican a volta rápida.)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Pos | Puntos | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2003 | Eifelland Racing | HOC1 1 Ret | HOC1 2 2 | ADR 1 1 | ADR 2 1 | NÜR1 1 3 | NÜR1 2 2 | LAU 1 6 | LAU 2 7 | NOR 1 Ret | NOR 2 1 | NÜR2 1 10 | NÜR2 2 2 | NÜR3 1 1 | NÜR3 2 2 | A1R 1 6 | A1R 2 8 | ZAN 1 DNS | ZAN 2 3 | HOC2 1 3 | HOC2 2 1 | 2do | 216 | ||
2004 | ADAC Berlin-Brandenburg e.V. | HOC1 1 1 | HOC1 2 1 | ADR 1 2 | ADR 2 1 | NÜR1 1 1 | NÜR1 2 3 | LAU 1 1 | LAU 2 1 | NOR 1 1 | NOR 2 1 | NÜR2 1 1 | NÜR2 2 1 | OSC 1 1 | OSC 2 1 | ZAN 1 1 | ZAN 2 1 | BRN 1 1 | BRN 2 1 | HOC2 1 1 | HOC2 2 1 | 1ro | 387 | ||
Fonte: |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Escudería | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2006 | BMW Sauber | BMW Sauber F1.06 | BMW P86 2.4 V8 | BAH | MAL | AUS | SMR | EUR | ESP | MON | GBR | CAN | USA | FRA | ALE | HUN | TUR PP | ITA PP | CHN PP | XPN PP | BRA PP | ||||||
2007 | BMW Sauber | BMW Sauber F1.07 | BMW P86/7 2.4 V8 | AUS PP | MAL PP | BAH | ESP | MON | CAN | USA 8 | FRA | GBR | EUR | 14º | 6 | ||||||||||||
Toro Rosso | Toro Rosso STR2 | Ferrari 056 2.4 V8 | HUN 16 | TUR 19 | ITA 18 | BEL Ret | XPN Ret | CHN 4 | BRA Ret | ||||||||||||||||||
2008 | Toro Rosso | Toro Rosso STR3 | Ferrari 056 2.4 V8 | AUS Ret | MYS Ret | BAH Ret | ESP Ret | TUR 17 | MON 5 | CAN 8 | FRA 12 | GBR Ret | ALE 8 | HUN Ret | EUR 6 | BEL 5 | ITA 1 | SIN 5 | XJPN 6 | CHN 9 | BRA 4 | 8º | 35 | ||||
2009 | Red Bull | Red Bull RB5 | Renault RS27 2.4 V8 | AUS 13≠ | MAL 15≠ | CHN 1 | BAH 2 | ESP 4 | MON Ret | TUR 3 | GBR 1 | ALE 2 | HUN Ret | EUR Ret | BEL 3 | ITA 8 | SIN 4 | XPN 1 | BRA 4 | ABU 1 | 2º | 84 | |||||
2010 | Red Bull | Red Bull RB6 | Renault RS27 2.4 V8 | BAH 4 | AUS Ret | MAL 1 | CHN 6 | ESP 3 | MON 2 | TUR Ret | CAN 4 | EUR 1 | GBR 7 | ALE 3 | HUN 3 | BEL 15 | ITA 4 | SIN 2 | XPN 1 | RCO Ret | BRA 1 | ABU 1 | 1º | 256 | |||
2011 | Red Bull | Red Bull RB7 | Renault RS27 2.4 V8 | AUS 1 | MAL 1 | CHN 2 | TUR 1 | ESP 1 | MON 1 | CAN 2 | EUR 1 | GBR 2 | ALE 4 | HUN 2 | BEL 1 | ITA 1 | SIN 1 | XPN 3 | RCO 1 | IND 1 | ABU Ret | BRA 2 | 1º | 392 | |||
2012 | Red Bull | Red Bull RB8 | Renault RS27 2´4 V8 | AUS 2 | MAL 11 | CHN 5 | BAH 1 | ESP 6 | MON 4 | CAN 4 | EUR Ret | RU 3 | ALE 5 | HUN 4 | BEL 2 | ITA 22† | SIN 1 | XPN 1 | COR 1 | IND 1 | ABU 3 | USA 2 | BRA 6 | 1º | 281 | ||
2013 | Red Bull | Red Bull RB9 | Renault RS27 2´4 V8 | AUS 3 | MAL 1 | CHN 4 | BAH 1 | ESP 4 | MON 2 | CAN 1 | RU Ret | ALE 1 | HUN 3 | BEL 1 | ITA 1 | SIN 1 | COR 1 | XPN 1 | IND 1 | ABU 1 | USA 1 | BRA 1 | 1º | 397 | |||
2014 | Infiniti Red Bull Racing | Red Bull RB10 | Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t | AUS Ret | MAL 3 | BAH 6 | CHN 5 | ESP 4 | MON Ret | CAN 3 | AUT Ret | RU 5 | ALE 4 | HUN 7 | BEL 5 | ITA 6 | SIN 2 | XPN 3 | RUS 8 | USA 7 | BRA 5 | ABU 8 | 5º | 167 | |||
2015 | Scuderia Ferrari | Ferrari SF15-T | Ferrari 060 1.6 V6 t | AUS 3 | MAL 1 | CHN 3 | BHR 5 | ESP 3 | MON 2 | CAN 5 | AUT 4 | RU 3 | HUN 1 | BEL 12† | ITA 2 | SIN 1 | XPN 3 | RUS 2 | USA 3 | MEX Ret | BRA 3 | ABU 4 | 3º | 278 | |||
2016 | Scuderia Ferrari | Ferrari SF16-H | Ferrari 061 1.6 V6 t | AUS 3 | BHR NTS | CHN 2 | RUS Ret | ESP 3 | MON 4 | CAN 2 | EUR 2 | AUT Ret | GBR 9 | HUN 4 | ALE 5 | BEL 6 | ITA 3 | SIN 5 | MAL Ret | XPN 4 | USA 4 | MEX 5 | BRA 5 | ABU 3 | 4º | 212 | |
2017 | Scuderia Ferrari | Ferrari SF70H | Ferrari 062 1.6 V6 t | AUS 1 | CHN 2 | BHR 1 | RUS 2 | ESP 2 | MON 1 | CAN 4 | ACE 4 | AUT 2 | GBR 7 | HUN 1 | BEL 2 | ITA 3 | SIN Ret | MAL 4 | XPN Ret | USA 2 | MEX 4 | BRA 1 | ABU 3 | 2º | 317 | ||
2018 | Scuderia Ferrari | Ferrari SF71H | Ferrari 063 1.6 V6 t | AUS 1 | BHR 1 | CHN 8 | ACE 4 | ESP 4 | MON 2 | CAN 1 | FRA 5 | AUT 3 | GBR 1 | ALE Ret | HUN 2 | BEL 1 | ITA 4 | SIN 3 | RUS 3 | XPN 6 | USA 4 | MEX 2 | BRA 6 | ABU 2 | 2º | 320 | |
2019 | Scuderia Ferrari | Ferrari SF90 | Ferrari 064 1.6 V6 t | AUS 4 | BHR 5 | CHN 3 | AZE 3 | ESP 4 | MON 2 | CAN 2 | FRA 5 | AUT 4 | GBR 16 | ALE 2 | HUN 3 | BEL 4 | ITA 13 | SIN 1 | RUS Ret | XPN 2 | MEX 2 | USA Ret | BRA 17† | ABU 5 | 5º | 240 | |
2020 | Scuderia Ferrari | Ferrari | Ferrari | AUT 10 | EST Ret | HUN 6 | GBR 10 | ANI 12 | ESP 7 | BEL 13 | ITA Ret | TOS 10 | RUS 13 | EIF 11 | POR 10 | EMI 12 | TUR 3 | BAH 13 | SAK 12 | ABU 14 | 13º | 33 | |||||
2021 | Aston Martin Cognizant F1 Team | Aston Martin AMR21 | Mercedes M12 E Performance 1.6 V6 t | BHR 15 | EMI 15† | POR 13 | ESP 13 | MON 5 | ACE 2 | FRA 9 | EST 12 | AUT 17† | GBR Ret | HUN DSC | BEL 5‡ | NED 13 | ITA 12 | RUS 12 | TUR 18 | USA 10 | MEX 7 | BRA 11 | QAT 10 | SAU Ret | ABU 11 | 12º | 43 |
2022 | Aston MartinAramco Cognizant F1 Team | Aston Martin AMR22 | Mercedes F1 M13 E Performance 1.6 V6 t | BHR | SAU | AUS Ret | EMI 8 | MIA 17† | ESP 11 | MON 10 | ACE 6 | CAN 12 | GBR 9 | AUT 17 | FRA 11 | HUN 10 | BEL 8 | NED 14 | ITA Ret | SIN 8 | XAP 6 | USA 8 | MEX 14 | BRA 11 | ABU 10 | 12º | 37 |
Sebastian Vettel ostenta diversas marcas na Fórmula 1:
Marca | Lograda |
---|---|
Campión do mundo sendo líder do mundial menos carreiras durante a tempada | 2010 (Igualando as marcas de John Surtees e James Hunt) |
Piloto con máis puntos conseguidos nunha tempada | 2013 (397 puntos) |
Maior porcentaxe do total de puntos posibles nunha tempada | 2011 (86´40%) |
Campión do mundo sendo líder do mundial máis carreiras durante a tempada | 2011 (19 carreiras) |
Campión do mundo con maior marxe de puntos respecto ao segundo | 2011 (155 puntos) |
Mellor media de puntos por carreira | 9´54 |
Piloto con máis Poles nunha tempada | 2011 (15) |
Piloto con máis adiantamentos nunha tempada | 2012 (75) |
Piloto máis novo en participar nun Gran Premio | 2006 (25 de agosto de 2006, con 19 anos e 53 días) |
Piloto máis novo en conseguir o tempo máis rápido nunha sesión de Fórmula 1 | |
Piloto máis novo en conseguir puntuar na Fórmula 1 | Gran Premio dos Estados Unidos de 2007 (17 de xuño de 2007, con 19 anos e 349 días) |
Piloto máis novo en liderar unha carreira de Fórmula 1, por polo menos unha volta | Gran Premio do Xapón de 2007 (30 de setembro de 2007, con 20 anos e 89 días) |
Piloto máis novo en conseguir unha Pole Position en Fórmula 1 | Gran Premio de Italia de 2008 (13 de setembro de 2008, con 21 anos e 72 días) |
Piloto máis novo en subir a un podio na Fórmula 1 | Gran Premio de Italia de 2008 (14 de setembro de 2008, con 21 anos e 73 días) |
Piloto máis novo en gañar unha carreira | |
Piloto máis novo en conseguir un dobrete (pole position e vitoria) | |
Piloto máis novo en conseguir un triplo (pole position, vitoria e volta rápida) | Gran Premio do Reino Unido de 2009 (con 21 anos e 353 días) |
Piloto máis novo en conseguir un Grand Chelem (pole position, vitoria e volta rápida liderando todas as voltas da carreira) | Gran Premio da India de 2011 (con 24 anos e 119 días) |
Piloto máis novo en gañar un mesmo GP en dúas ocasións | Gran Premio do Xapón en 2009 e 2010 (con 23 anos e 98 días) |
Piloto máis novo en gañar o Campionato do Mundo | 2010 (14 de novembro de 2010, con 23 anos e 135 días) |
Piloto máis novo da historia en gañar dous Campionatos do Mundo | 2011 (9 de outubro de 2011, con 24 anos e 98 días) |
Piloto máis novo da historia en gañar dous Campionatos do Mundo consecutivos | |
Piloto máis novo da historia en gañar tres Campionatos do Mundo | 2012 (25 de novembro de 2012, con 25 anos e 146 días) |
Piloto máis novo da historia en gañar tres Campionatos do Mundo consecutivos | |
Piloto máis novo da historia en gañar catro Campionatos do Mundo | 2013 (27 de outubro de 2013, con 26 anos e 116 días) |
Piloto máis novo da historia en gañar catro Campionatos do Mundo consecutivos | |
Piloto máis novo en ser Subcampión do Mundo | 2009 (1 de novembro de 2009, con 22 anos e 121 días) |
Piloto con máis vitorias consecutivas (nove) | 2013, desde o Gran Premio de Bélxica de 2013 ata o Gran Premio do Brasil de 2013 |
Predecesor: Jenson Button | Campión da Fórmula 1 2010-2011-2012-2013 | Sucesor: Lewis Hamilton |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sebastian Vettel |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Sebastian Vettel, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.