Circuíto Urbano De Sochi

O Circuíto urbano internacional de Sochi (ruso:Трасса в Олимпийском парке), coñecido anteriormente como o Circuíto do Parque Olímpico de Sochi, é un circuíto de carreiras urbano na cidade turística de Sochi no Mar Negro no Krai de Krasnodar, Rusia.

Circuíto urbano de Sochi
Plano do Circuíto
Circuíto Urbano De Sochi
Datos
Inauguración 21 de setembro de 2014
Outros nomes
Carreiras FIA Fórmula 1
Gran Premio de Rusia (desde 2014)
GP2 Series (desde 2014)
GP3 Series (desde 2014)
TCR International Series (desde 2015)
Russian Touring Car Championship (desde 2014)
Capacidade 55.000
Localización Circuíto Urbano De Sochi Sochi, Rusia
Lonxitude 5,848 km
Curvas 19
Volta rápida (2019) 1:35.761
Piloto récord Circuíto Urbano De Sochi Lewis Hamilton
Escudería récord Mercedes
Coordenadas 39°57′56″L / 43.40833, 39.96556
Vista do Circuíto
Vista aérea do circuíto.

O circuíto é similar ao circuíto Gilles Villeneuve e Circuíto urbano de Homebush no que se correrá en torno ao lugar usado para a competición olímpica, neste caso, o Parque Olímpico de Sochi, escenario dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014. A carreira inaugural tivo lugar na tempada 2014, o primeiro ano dun contrato de sete anos. En outubro de 2011, o goberno ruso asinou 195´4 millóns de dólares para a construción do circuíto.

A construción do circuíto no parque olímpico de Sochi marca o final dunha campaña de trinta anos por un Gran Premio de Rusia, con plan orixinario para un "Gran Premio da Unión Soviética" xa na tempada de 1983 antes de ser abandonado por "razóns burocráticas" e varios intentos frustrados e varios intentos infrutuosos nos anos intermedios.

O circuíto

Circuíto Urbano De Sochi 
O inicio da Gran Premio de Rusia de 2014

O circuíto de 5´848 é o terceiro máis longo do circuíto no calendario de Fórmula Un, por detrás de Spa-Francorchamps en Bélxica e Silverstone no Reino Unido. O circuíto está construído en torno ao anel olímpico de Sochi, que é o conxunto costeiro de sedes olímpicas construídas para os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 que foron sede das competicións de hóckey sobre xeo, patinaxe de velocidade, curling, patinaxe artístico, pista curta etc., e o Estadio Olímpico de Fisht, onde se celebraron as cerimonias de apertura e clausura. A superficie non se colocou ata logo da cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos. Unha parte do circuíto, uns 1´7 km., forman parte da vía pública.

Circuíto Urbano De Sochi 
A pista, en construción no Parque Olímpico de Sochi, en abril de 2014.

O circuíto, deseñado polo arquitecto alemán Hermann Tilke. A pista construída especificamente para ese evento ten 5´852 km de lonxitude, 19 curvas e permite velocidades máximas de 320 km/h. A largura da pista varía de 13 metros no seu punto máis estreito e de 15 metros na liña de meta. O circuíto, que é executado no sentido horario, está composto por 12 curvas de dereita e seis para a esquerda, e combina a alta velocidade e seccións técnicas. Coches de Fórmula 1 poden acadar unha velocidade máxima de 320 km/h na recta de 650 metros, cunha velocidade media de cerca de 215 km/h.

O autódromo foi concluído en agosto de 2014 e a aceptación técnica foi feita o 19 de agosto de 2014 pola FÍA, que concedeu a licenza final. O contrato vai até 2020.

A grella de saída está no extremo norte do Parque Olímpico xunto á estación de tren, en dirección suroeste cara a costa do Negro Mar. Descorre ao longo do bordo exterior da céntrica Praza das Medallas de Sochi, é dicir o podio das cerimonias de entrega de medallas olímpicas, a continuación, rodea a praza cara á esquerda e fai tres curvas ao redor do Palacio de Xeo Bolshói. A continuación, seguen unha serie de curvas pechadas antes de virar cara ao norte, onde a pista bordea o bordo do Parque Olímpico, por encima da principal vila olímpica e o Centro de Patinaxe Adler Arena. Logo pasa o centro de patinaxe e o centro de curling, antes de volver a detrás do paddock cara á estación de tren, e completar un circuíto con dous xiros á dereita de noventa grados.

Características

  • Capacidade espectadores: 55.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´848 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 53 voltas = 309´745 quilómetros. 19 curvas en total.
  • Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 320 km/h con DRS, km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 56% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 10% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: medio
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 21 segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): segundos.
  • Marca volta: 1:35.761, Lewis Hamilton - Mercedes 2019.

Todos os gañadores de Fórmula 1. no circuíto de Sochi

Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Duración Lonxitude Voltas Tempo Data GP de
1 2014 Circuíto Urbano De Sochi  Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:31:50,744 h 5´848 km 53 202´347 km/h 12 de outubro Circuíto Urbano De Sochi  Gran Premio de Rusia
2 2015 Circuíto Urbano De Sochi  Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:37:11,024 h 5´848 km 53 191´233 km/h 11 de outubro
3 2016 Circuíto Urbano De Sochi  Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 1:32:41,997 h 5´848 km 53 200´482 km/h 1 de maio
4 2017 Circuíto Urbano De Sochi  Valtteri Bottas Mercedes Mercedes P 1:28:08,743 h 5´848 km 52 206´860 km/h 30 de abril
5 2018 Circuíto Urbano De Sochi  Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:27:25,181 h 5´848 km 53 212´592 km/h 30 de setembro
6 2019 Circuíto Urbano De Sochi  Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:33:38,992 h 5´848 km 53 198´448 km/h 29 de setembro
7 2020 Circuíto Urbano De Sochi  Valtteri Bottas Mercedes Mercedes P 1:34:00,364 h 5´848 km 53 197´697 km/h 27 de setembro
8 2021 Circuíto Urbano De Sochi  Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:30:41.001 h 5´848 km 53 km/h 26 de setembro

Taboa de récords
Piloto: Lewis Hamilton (5) • País: Reino Unido (5) • Construtor: Mercedes (8) • Motor: Mercedes (8) • Pneumáticos: Pirelli (8)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Circuíto Urbano De Sochi O circuítoCircuíto Urbano De Sochi CaracterísticasCircuíto Urbano De Sochi NotasCircuíto Urbano De Sochi Véxase taménCircuíto Urbano De SochiCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2014Circuíto Gilles VilleneuveCircuíto de carreiras urbanoKrai de KrasnodarLingua rusaMar NegroRusiaSochiXogos Olímpicos de Inverno de 2014

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Manuel González LópezLuar (programa)VietnamA Pobra do CaramiñalMontañésRosario FloresPartido Nazonalista Republicán de OurenseXurxo GonzálezXaxún no islamPatricia Argerey VilarRamón CamposAltriAndorraJosé Manuel García-MargalloLista de palabras galegas de orixe celtaRaquel Sánchez-SilvaLekunberriPornografíaGoretti SanmartínInternetLuís DavilaVigoJosé Valle ArmestoXHamsterCataluñaDiego González RivasRicardo BeirasFélix BolañosDavid PerdomoMichael JacksonDecembroBandeira de GaliciaLugares de ArteixoPaula CarballeiraDolores O'RiordanNovialRakel WinchesterLolita FloresOvidio RodeiroBreogánTito AsoreyFascismoAraitzMediaWikiAliança CatalanaBibiana FernándezRefraneiro galego sobre o mes de maioLista de filmes con versión en galegoMaría JamardoListenbourgJosito PortoMurciaShaquille O'NealCentauroLingua inglesaRelación sexual humanaSéculos EscurosIndiaFernando AlonsoMáquina comecartosBeatriz MatoLista de WikipediasHarvey WeinsteinRicardo Varela SánchezCoordenadas xeográficasAnxo AngueiraO PorriñoGonzalo MellaChorimaAntónio de Oliveira SalazarCayetana Guillén CuervoXohán Xabier Baldomir CabanasCarlos SedesHaxixJosé CoronadoXogos OlímpicosSuso Díaz Estévez🡆 More