Carl Spitteler, nado en Liestal, Suíza, o 24 de abril de 1845 e finado en Lucerna o 29 de decembro de 1924, é un escritor suízo en lingua alemá.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Carl Friedrich Georg Spitteler 24 de abril de 1845 Liestal, Suíza (pt) |
Morte | 29 de decembro de 1924 (79 anos) Lucerna, Suíza |
Lugar de sepultura | Friedhof Friedental (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suíza |
Relixión | Reformed (en) |
Educación | Universidade de Zúric |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor , teólogo |
Xénero artístico | Poesía, Prosa e obra de teatro |
Pseudónimo literario | Carl Felix Tandem Felix Tandem |
Lingua | Lingua alemá |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Marie op der Hoff |
Pai | Karl Spitteler (en) |
Irmáns | Adolf Spitteler (pt) |
Premios
| |
Naceu o 24 de abril de 1845 na cidade de Liestal, poboación situada no cantón de Basilea. Estudou dereito na Universidade de Zúric, institución na que se graduou en 1863, posteriormente estudou teoloxía en Zúric, Heidelberg e Basilea. Durante vinte anos foi preceptor privado en Rusia e Finlandia, retornou en 1871 como mestre de escola en Berna e La Neuveville.
Morreu o 29 de decembro de 1924 na cidade de Lucerna.
En 1881 iniciou a súa actividade literaria co pseudónimo de Carl Felix Tandem publicando un poema alegórico en prosa Prometheus und Epimetheus, posteriormente o ano 1924 publícao co seu nome xa co título de Prometheus der Dulder. Entre 1900 e 1905 escribiu o poema épico-alegórico Olympischer Frühling e en 1906 a novela autobiográfica Imago. En 1919 foi galardoado co premio Nobel de Literatura.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Carl Spitteler, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.