Lucerna: Cidade de Suíza

Lucerna (en alemán Luzern, en francés Lucerne, en italiano e romanche Lucerna) é unha cidade da Suíza central, capital do cantón de Lucerna.

A cidade levántase á beira do Lago dos Catro Cantóns (Vierwaldstättersee), cunha famosa ponte de madeira (a Kapellbrücke) e á vista dos montes Pilatus e Rigi. Cunha poboación de 81.592 habitantes (2016), Lucerna é a oitava cidade de Suíza.

Modelo:Xeografía políticaLucerna
Luzern (de) Editar o valor em Wikidata
Lucerna: Xeografía, Historia, Cultura
Lucerna: Xeografía, Historia, Cultura
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 47°03′08″N 8°18′21″L / 47.0523, 8.30598°18′21″L / 47.0523, 8.3059
Estado federadoSuíza
CantónsCantón de Lucerna
Distrito electoralCity of Lucerne Constituency (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación81.691 (2018) Editar o valor em Wikidata (2.184,25 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie37,4 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRio Reuss (pt) Traducir, Lago dos Quatro Cantões (pt) Traducir e Kleine Emme (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude436 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Littau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Santo padrónLeodegar (en) Traducir e Mauricio de Tebas Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoBeat Züsli (pt) Traducir (2016–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal6000, 6014, 6002, 6003, 6004, 6005, 6006, 6007, 6009 e 6015 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico041 Editar o valor em Wikidata
Código de municipio suízo1061 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Lugar do Patrimonio suízo
IdentificadorISOS 2536

Páxina webstadtluzern.ch Editar o valor em Wikidata
Facebook: StadtLuzern Twitter: stadtluzern Instagram: stadtlu LinkedIn: stadt-luzern Editar o valor em Wikidata

Xeografía

Lucerna atópase localizada na ribeira superior do Lago dos Catro Cantóns, o cal desauga no río Reuss. A cidade limita ao norte coas comunas de Emmen e Ebikon, ao leste con Adligenswil e Meggen, ao sur con Horw, e ao oeste con Kriens e Littau.

Grazas ao enclave situado no cantón de Nidwalden, limita tamén coas comunas de Ennetbürgen e Stansstad no cantón de Nidwalden, e Weggis no cantón de Lucerna.

Historia

A cidade xurdiu dun pequeno pobo localizado á beira do Lago de Lucerna que foi fundado trala creación dun mosteiro no ano 700. O nome latino Luciaria aparece por primeira vez nos rexistros históricos no ano 840. Séculos máis tarde, baixo o Sacro Imperio Romano Xermánico, conseguiría o status de inmediación imperial e ser un importante membro da Antiga Confederación Suíza.

Tras a Reforma protestante do século XVI moitas cidades suízas pasaron a abrazar a nova corrente do cristianismo, mais Lucerna permaneceu fiel á fe católica. Os protestantes, que dominaban a Confederación Suíza ao controlar enclaves tan importante coma Zúric, Berna ou Basilea derrotaron aos católicos na guerra de Vilmerg en 1712, co que Lucerna perdeu a súa posición de control na Confederación.

O 17 de xuño de 2007 os habitantes de Lucerna e os da veciña vila de Littau acordaron en referendo a fusión de ambos os concellos, con efectos a partir do 1 de xaneiro de 2010. O novo concello, que de momento segue a chamarse Lucerna, posúe 76.000 habitantes. Con este resultado, agárdase facilitar o camiño para as negociacións con outras cidades e pobos próximos nun esforzo por crear un sistema unificado de cidade-rexión.

Cultura

Lucerna: Xeografía, Historia, Cultura 
A Kapellbrücke coa Wasserturm no centro.

As propostas culturais de Lucerna van dende a cultura máis clásica á cultura alternativa, habendo espazos habilitados especificamente para acoller actos de ambas as dúas opcións. É sonado o seu entroido cara a fins do inverno e o seu Festival de Blues no mes de xullo.

Lucerna é a cidade das pontes, que permiten salvar o río Reuss. A máis sonada é a Kapellbrücke (Ponte da Capela). Datada en 1333 e con 204 metros de lonxitude, é a ponte de madeira máis vella de Europa e unha das principais atraccións turísticas de toda Suíza. No centro da mesma érguese a Wasserturm (Torre da Auga), unha torre octogonal construída posiblemente antes que a ponte e que foi arquivo da cidade, torre de vixilancia, cámara do tesouro e mesmo prisión e cámara de tortura. Hoxe en día, acolle tendas de souvenirs e o local da asociación de artillaría de Lucerna.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Lucerna XeografíaLucerna HistoriaLucerna CulturaLucerna Véxase taménLucernaCantón de LucernaLingua alemáLingua francesaLingua italianaLingua romancheSuíza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ApóutegaFerroAtlánticaRafael NadalCharles DarwinAndorraRamón CamposEmilia Pardo BazánJennifer LopezSíndrome do aceite tóxicoBelugaIsidoro de SevillaCarlos II de EspañaNoiaChristopher WalkenAlcaldes da CoruñaMillie Bobby BrownNacho VegasLorbé, Dexo, OleirosDaniel de la TorreXabier DíazAcademia Chinesa de CienciasSupremme de LuxeArmando RequeixoSandroDinís de PortugalRoberto Vidal BolañoMartiño NoriegaXaxún no islamJosé Manuel LageRoko (actriz)PortugalAC-101María a BalteiraFascismoSegovia26 de abrilPenélope CruzVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaHermisendeAresoElvira Fernández BalboaEspañaSteve JobsThe ArtistCarmen MéndezYolanda DíazAgulla (peixe)Iria MorgadeArxentinaTaylor SwiftIker MuniainCélula pancreática acinarLoureiroCarrie (filme)Malvares de MoscosoRoberto VerinoCastro de Punta do BicoDavid SilvaAbraham PérezAspiradoraLista de nomes masculinos en galegoA Pobra do CaramiñalSevillaVillarmentero de CamposMiguel SolísUnión Europea de RadiodifusiónIsabel II do Reino UnidoRocco SiffrediRío MiñoJosé Galera MorenoJerry Lee LewisManuel OuteiriñoCatedral de Santiago de CompostelaHoli🡆 More