Billboard Hot 100: Conteo dos 100 sinxelos máis populares e vendidos nos Estados Unidos

O Billboard Hot 100 é un gran conteo dos 100 sinxelos máis populares e vendidos nos Estados Unidos, axuda a promover a industria musical nacional e internacional, e defínese como a máis importante das listas de Billboard xunto co Billboard 200.

A publicación desta lista é semanal a través da revista Billboard, e tamén a través de Internet na súa páxina oficial.

Billboard Hot 100: Historia, notas, Véxase tamén
Logo de Billboard.

A primeira canción en chegar ao número un da Billboard Hot 100 foi "Poor Little Fool" de Ricky Nelson en 1958.[Cómpre referencia]

No ano 2008 a revista Billboard realizou a lista Billboard Hot 100 All-Time Artists, cos artistas máis exitosos, e situou a The Beatles e Madonna nos 2 primeiros postos. O grupo que estivo máis semanas consecutivas no número 1 foi The Black Eyed Peas, con 26 semanas. Sinxelos como "Boom Boom Pow" e "I Gotta Feeling" mantivéronse ao redor de 7 meses. "Billie Jean" do artista Michael Jackson é o sinxelo con maior cantidade de semanas no número 1 permanecendo 76 semanas. Ademais, o sinxelo "I Gotta Feeling" ten a marca de maior descargas dixitais na historia de iTunes. A artista que máis tempo mantivo un só sinxelo no número un é Mariah Carey con "One Sweet Day", canción a dúo con Boyz II Men (1995). En canto a artistas, Madonna ten máis Top 10 que ningún outro artista, con 38 cancións. Con todo, a artista feminina que máis nº1 sinxelos ten na historia do BillBoard Hot 100 é Mariah Carey, con 18. Só é superada polos Beatles (22).

Hoxe en día, o número un é "Blurred Lines" de Robin Thicke con T.I. e Pharrell.

Historia

O que actualmente se coñece como Billboard Hot 100 existe desde hai máis de 50 anos con diferentes nomes e listas, promovendo as vendas de sinxelos incluíndoos na lista semana tras semana. Baséanse en varias áreas da costa leste á oeste dos Estados Unidos.

Entre os anos 40 e os anos 50, os sinxelos populares foron listados en tres significativas publicacións:

  • Best Sellers in Stores (Os máis vendidos en tendas): Lista dos sinxelos máis vendidos en tendas polo miúdo, reportados por mercadores, examinados por todos os Estados Unidos (20 a 50 posicións).
  • Most Played by Jockeys (As máis soadas polos Disk Jockeys): As cancións máis soadas nas estacións de radio estadounidenses, reportadas por DJs e estacións de radio (20 a 25 posicións).
  • Most Played in Jukeboxes (As máis tocadas nos tragamoedas): As cancións máis soadas nos tocadiscos ao longo dos Estados Unidos (20 posicións). Esta foi unha das principais formas de medir a popularidade das cancións entre as xeracións máis novas que escoitaban música, por esta razón algunhas estacións de radio se resistiron a incluír o rock and roll nas súas listas musicais durante algúns anos.

Oficialmente, as tres listas tiveron igual "peso" en canto a importancia se refire. Algúns historiadores aseguran que a lista Best Sellers in Stores foi tomada como referencia para crear o Hot 100. Co tempo, Billboard creou unha cuarta lista de popularidade de sinxelos que combinaba todos os aspectos das outras tres listas (vendas, radio e actividade nos tocadiscos), baseada nun sistema de puntuación que lle deu ás vendas (compras) máis peso que á radio (empezouse a utilizar o termo airplay). Na fin da semana do 12 de novembro de 1955, Billboard publicou o Top 100 por primeira vez. As listas Best Sellers in Stores, Most Played by Jockeys e Most Played in Jukeboxes continuaron a ser publicadas asemade que a nova lista, chamada simplemente Top 100.

O 17 de xuño de 1957, Billboard descontinuou a lista Most Played in Jukeboxes porque se debilitou debido a que as estacións de radio empezaron a incorporar cada vez máis á música rock nas súas listas musicais. O finalizar a semana do 28 de xullo de 1958 deuse a coñecer a última publicación da lista Most Played by Jockeys e o Top 100. O 4 de agosto de 1958, Billboard publicou unha lista principal que incluía todos os xéneros musicais: o Hot 100. A nova lista rapidamente converteuse no "molde" da industria musical e Billboard descontinuou a lista Best Sellers In Stores, coa súa última edición o 13 de outubro de 1958.

Billboard produce o Hot 100 ata os nosos días e segue sendo a base pola cal unha canción é medida en popularidade e vendas nos Estados Unidos. O Hot 100 é aínda compilado por unha combinación da puntuación que obtén unha canción por radio e polas vendas (tanto analóxico como dixitalmente). Son varios compoñentes de listas os que contribúen para o cálculo total do Hot 100. Os máis significativos e representativos son mostrados a continuación:

  • Hot 100 Airplay - (por Billboard) aproximadamente 1,000 estacións de radio ao longo e ao ancho dos Estados Unidos, "composta de formatos Adult Contemporary, R&B, Hip hop, Country, Rock, Gospel, Latinos e Cristiáns, dixitalmente monitoreadas as vinte e catro horas do día, os sete días da semana. As listas son valoradas polas impresións da audiencia, revisadas e monitoreadas polo número exacto de veces que a canción foi emitida polas estacións de radio, a principal referencia que toma Billboard é a compañía-base de datos Arbitron."
  • Hot 100 Singles Sales - (por Billboard) "a compilación da cantidade de vendas nas tendas polo miúdo, mercado en masa e vendas por Internet, compiladas, e provistas por Nielsen SoundScan."
  • Hot Digital Songs - vendas dixitais (descargas) monitoreadas por Nielsen SoundScan e son incluídas como parte da puntuación en vendas.

notas

Véxase tamén

Bibliografía

En inglés

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Billboard Hot 100 HistoriaBillboard Hot 100 notasBillboard Hot 100 Véxase taménBillboard Hot 100BillboardBillboard 200Estados Unidos de AméricaInternetRevista

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Alcaldes da CoruñaPastora Dominga González ViéitezMúsica tradicional galegaJosé María Barreiro GómezMaría JamardoRosalía de CastroWayback MachinePablo EscobarDorothé SchubarthAntón Villar PonteO comparativo galegoLista de estacións de tren de GaliciaManuel Curros EnríquezPedro SánchezLista de ríos de GaliciaEduardo MendozaBortziriakShinovaListenbourgNacho CastañoAC-101Editorial GalaxiaRacing Club de FerrolPosición do misioneiroHarvey WeinsteinOrdesCaraveleiraGeorgia O'KeeffeTwitterAlberto Núñez FeijóoDiego AnidoAltriEuropaLandraWikipediaVietnamNarónPablo MartinezUnión AfricanaXeración do 36National Portrait GalleryGonzalo LouzaoFrancisco Porto MellaÁngeles VázquezNordés (vento)BeraTradescantia fluminensisDepartamento de ApurímacRamón CabanillasHorteláA CoruñaAmieirooyz9zAlbert EinsteinLeitzaldeaOurenseXoán Manuel PintosLucie IdloutGaliciaPobo palestinoJorge LorenzoBala (grupo musical)Cristiano RonaldoTotó GarcíaTeoMoisés Rodríguez PérezCuruxa comúnVangardasDaniel BasteiroGame Boy Advance SPÁlbum de la CaridadComarcas de GaliciaBenito MussoliniXXX edición dos Premios GoyaAna RomaníAlfonso RuedaPotaRosario Porto Ortega🡆 More