Anélidos: Filo de animais

Os anélidos (Annelida, do latín annelus, anel pequeno, e o elemento -ida, plural de -idus, do grego -ίδες -ídes, de είδοσ eídos, aparencia aspecto) son un gran filo de animais invertebrados triploblásticos, protóstomos, esquizocelomados, con simetría bilateral, corpo segmentado en aneis e carentes de apéndices articulados.

Anélidos
Rango fósil: ordovícico temperán - actualidade
Anélidos: Características, Anatomía, Reprodución
Miñoca europea, un clitelado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Lophotrochozoa
Filo: Annelida
Lamarck, 1809
Clases e Subclases
Anélidos: Características, Anatomía, Reprodución
Samesuga, Hirudo medicinalis.
Anélidos: Características, Anatomía, Reprodución
Movemento dos parápodos de Nereis succinea, un poliqueto.

O corpo dos anélidos está composto por numerosos metámeros ou aneis similares entre si. A súa anatomía interna reficte a externa, con repetición de diversos órganos en cada metámero.

Describíronse máis de 16.700 especies, que inclúen os vermes mariños poliquetos, as lombrigas de terra e as samesugas. Encóntranse na maioría dos ambientes húmidos, sobre todo no mar, pero tamén en auga doce, e incluso hai especies terrestres.

Cómpre aclarar que na linguaxe popular adoita reunirse a varios grupos de invertebrados baixo o nome de vermes, termo sen ningún valor taxonómico; moitas das semellanzas entre estes filos de vermes son converxencias evolutivas sen ningún valor filogenético. Non todos os vermes son anélidos. Existen diversos invertebrados co corpo brando, alongado e cilíndrico que non pertencen ao grupo dos anélidos. É o caso, por exemplo, dos nematodos ou dos platihelmintos, e dalgúns artrópodos, como os cempés, as larvas (bechos) das moscas ou as eirugas que dan lugar ás bolboretas.

Características

Os anélidos son vermes segmentados, xeralmente de forma cilíndrica, e de tamaños que van desde 1 mm até máis de 3 m.

Neste grupo intégranse as miñocas (oligoquetos), as samesugas (hirudíneos) e os vermes mariños (poliquetos) ademais doutros grupos menos coñecidos como branquiobdélidos, acantobdélidos e aelosomátidos.

A maioría das especies son de vida libre, mais hai especies comensais e mesmo parasitas.

Aínda que a maior diversidade de anélidos atópase no mar, son tamén comúns en todos os sistemas de augas continentais, tanto superficiais como suberráneas e no medio terrestre en ambientes húmidos.

O corpo dos anélidos comeza, na súa parte anterior nun elemento chamado prostomio ao que segue un número variábel de segmentos (aneis) e remata nun elemento final chamado pixidio, no que se abre o ano.

Unha das características máis salientábeis do filo é a verdadeira segmentación (metamerismo) do seu corpo (agás prostomio e pixidio).

O corpo está formado por unha serie lonxitudinal de unidades repetidas e semellantes chamados segmentos ou metámeros, que conteñen cada un deles importantes estruturas anatómicas e funcionais (como son os ganglios nerviosos, os nefridios, ou os compartimentos celómicos).

Outra das características esenciais dos anélidos é a presenza, en xeral, de sedas. As sedas ou quetas son estruturas de quitina dispostas en feixes ou paquetes en cada un dos segmentos e que emerxen, xa directamente da superficie do corpo, xa dunhas expansións da superficie corporal chamadas parápodos que serven fundamentalmente para o desprazamento do animal.

Os anélidos que non posúen sedas están xeralmente provistos dunha ou dúas ventosas que utilizan para a locomoción ou ben para ancorarse nun hospedador.

Anatomía

A parede corporal está formada por unha epiderme cun número variábel de células glandulares e recuberta por unha fina cutícula e dúas ou tres capas musculares.

En numerosos anélidos a respiración é por simple difusión a través da parede do corpo, pero noutros moitos existen estruturas especializadas a xeito de branquias.

O sistema nervioso está formado por un par de ganglios cerebroides máis ou menos fusionados que se unen a un ou dous cordóns nerviosos ventrais e tamén ganglionares mediante dous conectivos que rodean á farinxe (circunfarínxeos).

O sistema circulatorio é pechado e o líquido hemático circula por unha rede de vasos e capilares. Destes vasos destaca un grande vaso lonxitudinal dorsal e outro ventral. En moitos hirudíneos (samesugas) non existen verdadeiros vasos sanguíneos: as substancias e os gases transpórtanse polo líquido hemocélico que circula por un sistema celómico.

O aparato dixestivo é completo, recto e simple, aínda que presenta diferentes graos de especialización rexional podéndose distinguir (segundo a súa orixe embrionaria) un estomodeo (tramo anterior, de orixe ectodérmica) un mesodeo (tramo medio, de orixe endodérmica) e un proctodeo (tramo posterior, de orixe ectodérmica).

A excreción realízase principalmente mediante nefridios, que son órganos metaméricos pares que comunican as cavidades celómicas co exterior mediante unha serie de poros.

Reprodución

O aparato reprodutor, as estratexias reprodutoras e o desenvolvemento son variábeis entre os diferentes grupos de anélidos.

Nos poliquetos hai individuos machos e femias (dioicos) as gónadas son simples e numerosas e están dispostas ao longo de todo o corpo. A fecundación é externa e o desenvolvemento é indirecto a través dun tipo especial de larva (trocófora).

Os oligoquetos e os hirudíneos son monoicos (hermafroditas). Os aparatos reprodutores son complexos e está limitados a uns poucos segmentos. A fecundación é interna, o desenvolvemento directo e dispoñen dun engrosamento glandular epidérmico característico chamado clitelo que é o responsábel da formación dos casulos. Nestes casulos desenvólvense as postas.

A reprodución asexual é un fenómeno habitual sobre todo nalgunhas familias de oligoquetos.

Filoxenia

Árbore filoxenética

Annelida

algúns "Scolecida" e "Aciculata"

algúns "Canalipalpata"

Sipuncula, anteriormente un filo separado

algúns "Oligochaeta"

Hirudines

algúns "Oligochaeta"

algúns "Oligochaeta"

Aeolosomatidae

algúns "Scolecida" e "Canalipalpata"

algúns "Scolecida"

Echiura, antigamente un filo separado.

algúns "Scolecida"

algúns "Canalipalpata"

Siboglinidae, antigamente filo Pogonophora

algúns "Canalipalpata"

algúns "Scolecida", "Canalipalpata" e "Aciculata"

Grupos de anélidos e filos incorporados aos anélidos (2007; simplificado). (Versión completa.)
Destacan importantes cambios nas clasificacións tradicionais.

O filo dos anélidos é un grupo cunha posición filoxenética fundamental dentro dos protóstomos espirais. Xeralmente localízanse entre os moluscos e os artrópodos cos que se relacionan fundamentalmente pola larva trocófora (cos moluscos) e a metamería (cos artrópodos).

Para explicar a orixe dos anélidos hai que considerar a orixe do celoma e da metamería. Neste senso uns investigadores avogan por un antepasado tipo oligoqueto, outros fano por unha forma primitiva tipo poliqueto. Para os autores que consideran o antepasado oligoqueto, o celoma orixinaríase como unha adaptación mecánica para a escavación, e a segmentación como unha adaptación para perfeccionar esta escavación. Os autores que defenden a outra alternativa (antepasado tipo poliqueto) din que o antecesor puido aparecer na capa superficial dos sedimentos e non precisaría escavar senón desprazarse pola superficie e para iso posuiría parápodos. O celoma non xurdiría como esqueleto hidrostático senón para almacenamento e transporte de substancias polo corpo.

Dado que son animais de corpo brando, o seu rexistro fósil é moi escaso. Estes poucos fósiles pódense adscribir a grupos de poliquetos actuais e situarían a súa orixe no precámbrico (hai uns 600 millóns de anos) e que a grande radiación dos poliquetos sucedeu a mediados do cámbrico.

Actualmente considérase que existen dúas grandes liñas evolutivas no filo dos anélidos: Polychaeta (poliquetos) e Clitellata (clitelados). A clase dos clitelados inclúe os oligoquetos, hirudíneos, branquiobdélidos e acantobdélidos.

A liña evolutiva dos poliquetos está marcada polo carácter de organismos dioicos, con moitos pares de gónadas simples, fecundación externa e desenvolvemento indirecto, mentres que a liña evolutiva dos clitelados abranguen anélidos monoicos (hermafroditas), cun número de gónadas restrinxido, con presenza de clitelo e con desenvolvemento directo. Dentro desta liña a condición octogonadal é considerada como primaria: dous pares de testículos e dous pares de ovarios en segmentos (4) consecutivos.

Recentemente Rousset et al. (2007) utilizando técnicas moleculares e xenéticas establecen o grupo dos clitelados como un clado monofilético irmán dos poliquetos, aínda que o grupo dos finofílidos (considerados tradicionalmente como poliquetos) deberían incluírse nese clado.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Barnes, R. D. (1989): Zoología de los invertebrados. 5º ed. México (D.F.): McGraw Hill Interamericana de México. ISBN 968-25-1446-0.
  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Hickman, C. P.; Roberts, L.S. & A. Larson. (1994): Zoología. Principios integrales. 9ª ed. Madrid: McGraw Hill Interamericana de España. ISBN 84-486-0072-X.
  • Martínez-Ansemil, E. & J. Parapar (2002): "Os Anélidos". In: Proxecto Galicia: Natureza. Vol. 38. Zooloxía II. Parte I: Os anélidos e outros Protóstomos. A Coruña: Hércules de Ediciones. ISBN 84-89468-93-1, pp. 24-37.
  • Rousset, V.; Pleijel, F.; Rouse, G.W.; Erséus, C. & Siddall, M. E. (2007): "A molecular phylogeny of annelids". Cladistics, 23: 41-63.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Anélidos CaracterísticasAnélidos AnatomíaAnélidos ReproduciónAnélidos FiloxeniaAnélidos NotasAnélidos Véxase taménAnélidos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Zeca AfonsoDodecágonoUniversidade de ManchesterMarmelo (doce)BispoIndonesiaPIKEAEstadio de TammelaNational Portrait GalleryAlexander VórticeRepública Democrática do CongoPampallínAeroporto de VigoJava (linguaxe de programación)Lista de palabras galegas de orixe celtaEsther EstévezLingua casteláAna TurpinCayetana Álvarez de ToledoConceyu BableCharles DarwinGalipediaFederico Jiménez LosantosValentín García GómezMaría Xosé QueizánCristina MaróFerroAtlánticaVicente RiscoCaso Asunta BasterraComarca de SarriaFernando AlonsoXosé Neira VilasGoogleSalgueiroVladimir PutinMauro ScaloniAciñeiraRicardo BeirasVictoria Núñez LópezAmérica do NorteDelfínidosSénecaMario CaneiroC++Roberto Vidal BolañoRusiaLista de programas de Televisión EspañolaMexacánCromosoma homólogoPonte 25 de AbrilÁnxel CasalElena CandiaOrdesBélxicaLista de ósos do esqueleto humanoSílvia OrriolsAs Pontes de García RodríguezXosé Manuel BeirasLista de estacións de tren de GaliciaFrancisco AsoreyXabier DeiveJesús Vázquez AlmuíñaDiego Rivas RegoGalaicosLudwig van BeethovenGonzalo LouzaoIndiaRaquel Castro MartínezLeitza🡆 More