Quitina

A quitina é un homopolisacárido formado por N-acetil-D-glicosamina, compoñente principal das cutículas dos artrópodos e outros animais, así como nos fungos.

Quitina
Estrutura da molécula de quitina

Na súa hidrólise libera ácido acético e glicosamina. Trátase dun polímero de elevado peso molecular formado por monómeros de N-acetilglicosamina unidos mediante enlaces B-1,4. As cadeas son lineais, sen pólas e con varios centos de unidades cunha estrutura que se repite.

Hai tres formas cristalográficas diferentes de quitina (alfa, beta e gamma-quitina) que se diferencian na ordenación das cadeas e na presenza de auga nos enlaces. A alfa quitina é a única presente na cutícula dos artrópodos.

A quitina é insolúbel en auga, bases, ácidos diluídos e disolventes orgánicos, pero se descompón en ácidos minerais concentrados e hipoclorito de sodio (lixivia). O seu peso específico é 1,55 e se detecta ben a súa presenza mediante tratamento con hidróxido de potasio (KOH) concentrado a 160 °C durante 20 minutos, dando unha substancia que se detecta mediante unha mestura de iodo 0,2% en ácido sulfúrico 1%, pola presenza dunha coloración violeta.

Tags:

ArtrópodosFungo (bioloxía)N-acetilglicosamina

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Áreas lingüísticas do galegoBragaBiblioteca Básica SalvatCaso Asunta BasterraMario Vargas LlosaQandeel BalochRaposo comúnFranquismoLeymaO Barco de ValdeorrasCristiano RonaldoChelsea ManningTereixa NavazaAeroporto de Newark LibertySão PauloBDSMCandela PeñaUniversidade de Roma La SapienzaMasculino e feminino en galegoAzorPedro SánchezLeonardo DiCaprioLista de episodios de DoraemonGotemburgoUnión do Povo GalegoA VeigaTexasSexo analOPMLRoko (actriz)Deportivo da CoruñaBeatriz SerénTom HanksAliados da segunda guerra mundialReal Academia GalegaMarta DarribaRocco SiffrediO BierzoJSONElectronic Numerical Integrator And ComputerMandalaMatriz (matemáticas)Gramática da lingua franca novaMasturbación coas mamasFrancisco Llanos MasLingua romancheBilbaoYan GeBenito VicettoXosé Manuel PiñeiroXacioRosendo SalvadoEl tiempo entre costuras (serie de televisión)Macedonia do NorteLuís Espada RecareyChile (pemento)Ramón Otero PedrayoLas Torres de CotillasCastro CaldelasRedondelaWorld Wide WebIdeoloxíaPartido Popular de GaliciaHorteláJulián MuñozFascismoImperio RomanoVilariño de ConsoToledoParroquias de GaliciaShakiraFundación WikimediaCorea do NortePalas de ReiDinastía ValoisAristocracia🡆 More