Parápodo

Os parápodos ou parapodios son apéndices pares que aparecen nos segmentos do corpo dos anélidos poliquetos (ou só nos segmentos de determinadas rexións do corpo).

Os parápodos teñen función locomotora e sosteñen as branquias. Tamén algúns clados de moluscos gasterópodos opistobranquios presentan extensións do pé que se chaman parapodios, pero de distinta natureza que os dos anélidos.

Parápodo
Esquema do parápodo dun poliqueto nereido.

Parápodos dos poliquetos

Nos poliquetos cada parápodo está dividido en tres partes: unha parte basal, un lóbulo dorsal chamado notópodo ou notopodio e outro ventral, chamado neurópodo ou neuropodio. Cada lóbulo está sostido por unha ou máis espiñas quitinosas (acículas) e ten depresións que conteñen os folículos sericíxenos. Os parápodos dos poliquetos levan sedas (quetas) e están abundantemente provistos de vasos sanguíneos. As sedas son notosedas ou neurosedas segundo estean unidas ao notópodo ou neurópodo, respectivamente. Uns músculos moven as acículas, o que contrae ou estende as sedas. A forma e tipo de parápodos depende da forma de vida do animal e é moi importante na taxonomía dos poliquetos. Poden variar entre as especies o número de acículas e sedas, a forma das sedas (poden ser ganchudas), o tamaño do notópodo e neurópodo (un pode ser máis grande, e ás veces un deles é tan pequeno que case desapareceu), ou a forma e posición das branquias. Os poliquetos empregan os parápodos para reptar e nadar, e son manipulados por músculos oblicuos que parten da liña media ventral cara aos parápodos de cada segmento. As branquias son láminas vascularizadas unidas ao notópodo e neurópodo. Algúns poliquetos móvense arrastrándose, para o cal contraen os músculos da parede do corpo e moven alternativamente os parápodos (o esquerdo cara a atrás e o dereito cara a adiante) e estenden as sedas no movemento de impulso e contráenas no de retroceso, as cales toman contacto co substrato; ademais, o movemento de todos os parápodos do corpo debe estar coordinado mediante ondas de contracción da musculatura lonxitudinal: cada grupo de 4 a 8 parápodos acaba o seu movemento impulsor á vez que o seguinte grupo empeza o movemento de retroceso. Estes movementos alternativos permiten tanto arrastrarse coma nadar. Os poliquetos tubícolas utilizan os seus parápodos, xeralmente reducidos, para crearen correntes de auga dentro do tubo, e apóianse coas sedas no tubo para saír ou entrar nel. Nos escavadores os parápodos están tamén reducidos, pero Aphrodite tenos grandes e úsaos como pas.

Parápodo 
Esquema anatómico dos poliquetos que mostra detalles dos parápodos.
Parápodo 
Parápodos do poliqueto Alitta virens.
Parápodo 
Poliqueto planctónico do xénero Tomopteris (Polychaeta: Aciculata: Tomopteridae).
Parápodo 
Movemento dos parápodos de Nereis.

Na zona do peristomio (rexión cefálica) non adoita haber parápodos, e nalgúns os parápados da zona máis anterior poden estar modificados para exerceren funcións relacionadas coa cabeza (por exemplo, en Phyllodoce o terceiro segmento ten cirros parecidos aos do peristomio). Os parápodos máis grandes, saíntes e longos aparecen nos poliquetos errantes peláxicos como Tomopteris, nos cales semellan patas ou remos, pero os que viven entre as rochas téñenos máis pequenos. En Neanthes o neurópodo e o notópodo teñen uns cirros que parecen tentáculos. Nos poliquetos escamosos como Aphrodite en vez dun cirro dorsal teñen unha placa plana chamada élitro.

Nos opistobranquios

As protusións carnosas dalgúns moluscos gasterópodos opistobranquios, que son saíntes das beiras ventrais do pé, reciben o nome de parapodios. Os saíntes das partes laterais do pé chámanse epidodios.

Eses parapodios están particularmente ben desenvolvidos nos Thecosomata. Tamén teñen parapodios deste tipo que utilizan como aletas para nadar algunhas especies do clado Aplysiomorpha (ver borrachas).

Parápodo 
Opistobranquio do grupo dos Thecosmata.

Os clados de gasterópodos que presentan parapodios son os seguintes:

  • Cephalaspidea
  • Thecosomata
  • Gymnosomata
  • Aplysiomorpha

Notas

  • Cleveland P. Hickman Jr., Larry S. Roberts, Allan Parson: Principios integrales de zoología. 1998. McGraw-Hill. Ed. española preparada por Fernando Pardos. España. 10ª ed.: Parte III. Capítulo 17: Moluscos: Opistobranquios nas pp. 336 e 337. Capítulo 18: Anélidos: Poliquetos nas pp. 356 - 362.
  • P. A: Meglitsch. Zoología de Invertebrados. Pirámide. 1986. Páxinas 402 a 412. ISBN 84-368-0316-7.

Tags:

AnélidoCladoGasterópodoMoluscoOpistobranquiosPoliqueto

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Raquel AtanesDécada de 2000Ottilia UlbrichtEduardo PondalProxyMaría Xosé QueizánGrupo CuevasFútbol Club BarcelonaEmilio CaoSanxenxoJacobo BucetaÁmsterdamEduardo GómezParis Saint-Germain FCLa PalmaQuenllaPablo PicassoAna María Fernández MartínezPegaZhou LianggongReino suevoAna Miranda PazEd SheeranCándido Conde-Pumpido VarelaBatalla de PedrosoÁlvaro CunqueiroMike TysonFabiola GarcíaCándido Conde-PumpidoCatedral de Santiago de CompostelaHistoria de EspañaLeopoldo RubidoIlla de San SimónIgnacio Rivera QuintanaRibeiras de Lea, Castro de ReiLareiraVigoAnya Taylor-JoyProvincia de PontevedraPosición aconchegadaFariña (serie de televisión)FranciaGalicia LiberalA Barcia, Cacheiras, TeoJean-Pierre ThiolletColocación do pronome átono en galegoNordés (vento)Lista de nomes masculinos en galegoEric SaadeCésar MeraXHamsterRacing Club de FerrolLibro de familiaRMS TitanicCarlos PenelaCultura castrexaBandeira de GaliciaEnrique Labarta PoseQuantum of SolaceMarjane SatrapiAcontecementoPedro RieloBárbaroPaula AlvarellosCódice CalixtinoBrasilJulian BrandtMártires de CarralXibaCarqueixaPraza da QuintanaBetanzos🡆 More