A xiba, choco, chopo ou sepia, de nome científico Sepia officinalis, é un molusco cefalópodo mariño da familia dos Sepiidae, dentro da orde dos Sepiida.
Xiba / Choco Sepia officinalis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sepia officinalis | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Sepia officinalis Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
É a especie máis coñecida do seu xénero.
Ten un corpo ancho, oval, aplanado, de ata 30–40 cm de lonxitude. Presenta dúas expansións laterais a modo de aletas que percorren todo o corpo. O bordo anterior do manto presenta na zona dorsal un lóbulo triangular, obtuso, que avanza entre os ollos. O sifón é ventral e pequeno.
A cuncha é interna, de forma ovoide, laminada e con estrías. Cando se encontran varadas nas praias, os nenos (e os mariñeiros) chámana pan de gaivota, debido ao costume destas aves de picar nelas para conseguiren o carbonato cálcico que precisan para fabricaren a casca dos seus ovos.
Teñen oito brazos e dous tentáculos. Os primeiros son curtos, retráctiles e con catro filas de ventosas; os segundos son tres veces máis longos e só presentan algunhas ventosas, ensanchadas, no extremo final ou maza; só se utilizan para a reprodución ou para agarrar as presas.
A cor é moi variable, en función das circunstancias biolóxicas e o substrato no que se pousan. Adoitan ser de cor moura ou gris apardazada, con puntos de distinto tamaño ou bandas de cor. A zona ventral é abrancazada.
Distribúese amplamente no Atlántico e no Mediterráneo.
Vive na franxa sublitoral, ata os 250 metros de profundidade, sobre area ou sedimentos onde se pode enterrar parcialmente.
Aliméntase de crustáceos e peixes. A posta faina sobre algas, corais ou cunchas abandonadas e hai veces que inxecta tinta nos ovos para escurecelos e facilitar a camuflaxe e o ocultamento fronte aos depredadores.
En Galicia é unha especie de grande interese comercial. Péscase con diversas artes e en todas as épocas do ano aínda que a súa mellor época vai de decembro a febreiro.
Cocíñase de diferentes formas (cocida, á prancha, na súa tinta, á romana).
Filgueira recolleu tamén a denominación popular de galiña do mar, que Ríos Panisse explica pola preseza do bico córneo, que pode semellar ó dunha galiña.
Á xiba pequena chámana chopo e choquiño (que non hai que confundiur cos verdadeiros choquiños, especies do xénero Sepiola e outros, da familia dos Sepiolidae).
A cuncha de xiba recibe os nomes populares, entre outros, de pan de gaivota e pan senso.
En Redondela celébrase unha afamada Festa do choco. Di Eladio Rodríguez que os chocos "Abundan ... muy especialmente en Redondela, que vulgarmente se llama en todo su contorno a vila dos chocos" .
Vexa a entrada do Galizionario acerca de xiba |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de choco |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de chopo |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de sepia |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xiba |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Xiba |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Xiba, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.