Miñoca: Animais anélidos

As miñocas son animais anélidos (Annelida) da clase Oligochaeta, distribuídas polos solos húmidos de todo o mundo, algunhas de apenas centímetros e outras de case dous metros.

Miñoca
Miñoca: Órganos internos, A reprodución das miñocas, Galería de imaxes
Miñoca en Oroso
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Annelida
Clase: Oligochaeta
Subclase: Haplotaxida
Orde: Megadrilacea
Suborde: Lumbricina + Moniligastrida
NODC v. 8.0, 1996
Familias
  • Acanthodrilidae
  • Ailoscolecidae
  • Almidae
  • Benhamiinae
  • Criodrilidae
  • Diplocardiinae
  • Eudrilidae
  • Exxidae
  • Glossoscolecidae
  • Hormogastridae
  • Kynotidae
  • Lumbricidae
  • Lutodrilidae
  • Megascolecidae
  • Microchaetidae
  • Moniligastridae
  • Ocnerodrilidae
  • Octochaetidae
  • Octochaetinae
  • Sparganophilidae
  • Tumakidae

O seu corpo está formado por aneis (segmentos corporais).

Viven soterradas: son animais subterráneos, escavan galerías e canles, buscando abrigo e restos vexetais, que constitúe o seu principal alimento, inxerido con grandes cantidades de terra. Aliméntanse de detritos de varias orixes, que compoñen o humus.

As miñocas teñen o corpo cilíndrico, alongado, coa boca e o ano en extremidades opostas; e unha rexión máis grosa, o clitelo, mais próxima á rexión anterior.

Pasando o dedo na súa rexión ventral, de atrás cara a cabeza, séntese a pel do animal áspera, debido á presenza de fileiras de microscópicas sedas ou quetas de quitina. As miñocas fixan as puntas das sedas no solo, facilitando o seu movemento, cando contrae a forte musculatura da parede do corpo.

A epiderme das miñocas está cuberta por unha fina cutícula e produce bastante moco, o que as torna viscosas, diminuíndo o roce co solo e facilitando o seu movemento. O moco tamén protexe a pel cando entra en contacto con substancias tóxicas ou nocivas e garante a humidade indispensable para os intercambios dos gases respiratorios en toda a superficie do corpo. Esta é a chamada respiración cutánea.

Órganos internos

As miñocas teñen un aparato dixestivo completo, que se inicia na boca e termina no ano. Na súa porción anterior hai unha gran cámara, o papo, seguida dunha moella, que tritura o alimento. Segue un longo intestino, ata o ano, no último segmento.

O sistema circulatorio é pechado, cunha gran rede de vasos moi finos, os capilares, baixo a pel, para o intercambio de gases co ambiente. O sangue das miñocas é vermello, por causa da hemoglobina, o mesmo pigmento encontrado nos glóbulos vermellos dos vertebrados.

En cada segmento do corpo hai unha cámara interna, chea dun líquido acuoso. De aí son retiradas substancias de excreción, a través de órganos especiais que se abren na pel, por poros microscópicos.

O sistema nervioso está representado por ganglios cerebroides dorsais na parte anterior do corpo que se unen á cadea nerviosa ventral mediante dous conectivos circunesofáxicos. A cadea nerviosa ventral está formada tamén por ganglios. Os ganglios están formados por grupos de células nerviosas que funcionan como centros de coordinación das diversas funcións no corpo do animal.

Miñoca: Órganos internos, A reprodución das miñocas, Galería de imaxes 
Segmento dunha miñoca posterior ó clitelo incluíndo tódalas súas estruturas.

A reprodución das miñocas

As miñocas son hermafroditas, pois cada individuo ten testículos e ovarios. Así e todo, o animal non se reproduce só, depende sempre da unión con outro para o intercambio de espermatozoides, o que se denomina fecundación cruzada. Na cópula, os dous animais únense polo clitelo, que produce bastante moco. Feito o intercambio de espermatozoides, os dous vermes sepáranse. En seguida, cada un dos vermes produce un casulo cheo de ovos, depositándoo no solo. Despois dalgúns días, pequenos vermes saen dos casulos.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Miñoca Órganos internosMiñoca A reprodución das miñocasMiñoca Galería de imaxesMiñoca NotasMiñoca Véxase taménMiñocaAnélidosCorpoOligochaetaSolo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Elena CandiaRonnie ThompkinsMasculino e feminino en galego1963Penerbosa, Negrelos, RodeiroCecilia BaenaRIránEleccións municipais en AmesDavid T. AlexanderSan Miguel de Presqueiras, ForcareiPetínObxectivos de Desenvolvemento SostíbelImpresión dixitalBulgariaElisa LoncónJosé Miñones BernárdezSistema urinarioA CoruñaContactHattusilis I96ProteínaAgustín Fernández PazCoalaEnxoval funerarioSistelo, Arcos de ValdevezRomaFestas MinervaisAnxo QuintanaParísBunkyōREC (filme)TaiwánRexurdimentoColocación do pronome átono en galegoO golpeLista de ríos de GaliciaCerámicaA Pobra do Caramiñal54José Miñones TrilloManchester City F.C.Segunda guerra mundialEstrutura primaria das proteínasLugoNacionalidade históricaRamón Pardo AriasSapoconcho comúnÁreas lingüísticas do galegoXeaRauw AlejandroMitoloxía galegaAgricultura ecolóxicaXinzo de LimiaWayback MachineA derradeira leición do mestreGoretti SanmartínPesticidaCampus de SerantesBaltasar Pardal VidalBenito KamelasRosario Porto OrtegaRosalía de CastroLista de concellos de PontevedraFacultade de Socioloxía da Universidade da CoruñaFerrolVoo 498 de CrossairCouto MixtoSalgueiroCastelo de MesíaSubdivisións da IndiaRafaela Hervada CarnereroKm 3Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña🡆 More