Un espermatozoide ou espermatozoo, do grego clásico σπέρμα (seme) e ζῷον (ser vivo), é a célula haploide que constitúe o gameto masculino.
Os espermatozoides fórmanse no interior dos testículos, e únense ó ovocito para formar o cigoto. Un cigoto é unha célula con todo os cromosomas propios da especie e que se vai converter xeralmente nun embrión.
O espermatozoide é o resultado dunha meiose no testículo a partir dunha célula proxenitora. Este é o proceso de espermatoxénese.
Esta célula posúe:
Proceso polo cal as células xerminais primordiais (espermatogonias) convértense en gametos masculinos. Ten unha duración aproximada de 74 días. O proceso comeza e desenvólvese nos testículos e remata coa maduración final no epidídimo. Lévase a cabo durante toda a vida do individuo, aínda que disminúe co comezo da andropausia. Consta de varias etapas: mitose, meiose I, meiose II e espermioxénese. Estas fases non ocorren á vez en todas as células senón que maduran de forma asincrónica e helicoidal ao largo do túbulo seminífero. Empeza o día 24 do embrión pero non será ata a puberdade cando comecen as meioses e se formen os primeiros espermatozoides.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Espermatozoide, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.