Cigoto

O cigoto ou zigoto é a célula diploide resultante da unión dos núcleos haploides (cariogamia) de dúas células mutuamente compatibles.

É o produto inicial da reprodución sexual.

Cigoto
Cigoto humano
Cigoto
Cigoto humano no 1º día de desenvolvemento cos pronúcleos masculino e feminino visibles e os corpos polares.

Cigoto animal

Nos animais, o cigoto chámase ovo e resulta da unión de dous gametos: óvulo e espermatozoide. É unha célula totipotente, ou sexa, é capaz de gardar as características xenéticas dos proxenitores, podendo xerar todas as liñaxes celulares do organismo adulto.

A través de varias divisións mitóticas dá orixe a un novo individuo (embrión). A cantidade e a distribución do vitelo varían de acordo co organismo considerado e dependen, inclusive, do tipo de desenvolvemento do embrión.

Cigoto vexetal

Nas plantas verdes, o cigoto vai dar orixe ao esporófito, a fase diploide que produce esporas; a xerminación desas esporas dá orixe ao gametófito, capaz de producir os gametos haploides. Nas espermatófitas, o cigoto primeiro transfórmase nun embrión que se atopa dentro da semente, pteridófitas, o cigoto desenvólvese directamente na planta adulta.

Nos fungos, o cigoto é a célula resultante da fusión dos núcleos de dúas hifas sexualmente compatibles e dá orixe a unha cigóspora, que produce unha nova hifa cuxos núcleos irán xerar esporas capaces de se desenvolver en novos individuos haploides.

Notas

Tags:

CélulaDiploideHaploideNúcleo celularReprodución sexual

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Luis ZaheraDidelphis marsupialisOs vellos non deben de namorarseSoberbiaMuralla de LugoPaulino FernándezHLA-DRRomaPraza Roxa (Santiago de Compostela)Berta DávilaMigración das avesGabriel García MárquezManuel Veiga TaboadaAs Carballas, Tabeirós, A EstradaCaralloMártires de CarralMatriz cadradaVichelocregoItaliaJacobo BucetaO lapis do carpinteiroBicarbonato de sodioParasitoEuropaCarlos NegroMaría Xosé QueizánTereixa NavazaAndoriñaO porco de péSantiago de CompostelaLista de programas de Televisión EspañolaMarta Fernández-TapiasUceiraRamón CabanillasRuandaPercebeLista de xentilicios de concellos galegosOurenseGrupo EroskiLauren BacallJorge PeteiroDon Quixote da ManchaSydney SweeneyCarmen Blanco GarcíaWilliam ShakespeareConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeDiego Rivas GutiérrezLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasEpítetoHistoria de EspañaValenciaOzzy OsbourneCatecismo do labregoEscolas de Insiño GalegoO Pino, O PinoVerbos galegos ser, estar e irCorfúGuerra das Comunidades de CastelaAbraham MateoRoberto Vidal BolañoTreboadaSalvador IllaXohana TorresAlexandre BóvedaPraza da QuintanaHistoria de GaliciaSalgueiroEva MejutoAguaneiro🡆 More