Allium: Xénero de plantas

Anexo:Especies de Allium

xénero Allium
Allium: Allos ornamentais, Notas, Véxase tamén
Cebolas (Allium cepa)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Amaryllidaceae
Subfamilia: Allioideae
Tribo: Allieae
Xénero: Allium
L.
Especies

Allium é o xénero das cebolas, allos, allos porros, ceboliños, chalotas e allos bravos. O cheiro é característico de todo o xénero mais non todos os membros posúen ese sabor forte.

Allium: Allos ornamentais, Notas, Véxase tamén
Allo bravo (Allium vineale).

Existen arredor de 1.250 especies neste xénero, aínda que o número non é pacífico, porque Allium é taxonomicamente difícil e son numerosas as especies fronteirizas discutidas. A especie tipo do xénero é Allium sativum.

No Sistema de clasificación APG III Allium inclúese na familia Amaryllidaceae, subfamilia Allioideae (anteriormente, familia Alliaceae). Nalgúns sistemas de clasificación máis antigos, Allium colocábase na familia Liliaceae.

Son plantas bulbosas anuais ou bienais que medran en climas temperados do hemisferio norte, agás unhas cantas especies que medran en Chile, como (Allium juncifolium), no Brasil (Allium sellovianum) ou en África tropical (Allium spathaceum). A súa altura pode variar entre 10 cm e 1,5 m e as flores forman unha umbela ao final dun talo carente de follas. O tamaño dos bulbos varía tamén considerabelmente e forman pequenos arredor do principal. Moitas especies do xénero Allium caracterízanse fitoquimicamente pola formación de sulfuros e sulfóxidos de alilo, en cuxa biosíntese se detectou como principal precursor a aliína.

Allos ornamentais

Numerosas especies de Allium utilízanse en xardinaxe para embelecer parques e xardíns e se coñecen coma "allos ornamentais". Son fáciles de cultivar se ben non son moi populares, talvez polo cheiro aliáceo que botan. As súas inflorescencias teñen longa vida na auga, polo que tamén son útiles como flor cortada. Ademais, as inflorescencias secas utilízanse para decoración do fogar. A diversidade que presentan estas especies ornamentais, tanto en altura (dende 2 a 12 dm), como en forma e cor da follaxe (dende follas finas até moi largas, verde escura até verde azulado) e cor das flores (amarelo, branco, azul, púrpura e rosado) fainas sumamente versátiles para situar en distintos tipos de xardíns. Presentan dous tipos básicos de inflorescencias: en esferas grandes ou en pequenos grupos de flores erectas ou decumbentes. Entre as primeiras áchanse Allium giganteum, Allium albopilosum, A. sphaerocephalon, A. aflatunense e A. karataviense. No segundo tipo de inflorescencia áchanse A. narcissiflorum, A. triquetrum, A. beesianum e a popular Allium moly.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Allium Allos ornamentaisAllium NotasAllium Véxase taménAllium

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Concellos de GaliciaPantera RodríguezRoko (actriz)Elvira Fernández BalboaLola FloresDies iraeValladolidAntolín FaraldoNacho VegasB25 de abrilAbraham PérezSeptimio SeveroTorre de HérculesIsidoro de SevillaPriscilianoAmorodoÁlex GonzálezAlberto Núñez FeijóoRoberto VerinoPanteón de Galegos IlustresDominio públicoEduardo Valencia FernándezJosé Castiñeira PardoFiorella FaltoyanoDaniel de la TorrePremios Follas Novas do Libro GalegoManuel LourenzoA memoria da choivaBeatriz MatoLiteratura galega do século XXRicardo Varela SánchezMaría MariñoCidade do VaticanoPortugalAbrilXabi AlonsoMamen MendizábalBibiana FernándezIrmandiñosPublicacións impresas da diáspora galegaMediaWikiForo (contrato)Rexionalismo galegoWTereixa NavazaTranvía de ZaragozaPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Moucho comúnInstagramPenélope CruzAndrés PajaresXela AriasSantiago AbascalVigoTruman CapotePaís neutralFascismoVilanova de ArousaXabier DíazOs Castros, A CoruñaIsabel Díaz AyusoLiga Feminina de baloncesto 2023-24Francisco Vázquez VázquezLThibaut CourtoisLorbé, Dexo, OleirosJosé Manuel LageOTANNee BarrosGacelaCarlos Blanco VilaOvidio RodeiroÁlvaro CunqueiroRío TíberPripyat🡆 More