Bioloxía Xénero: Categoría taxonómica

O xénero, no campo da bioloxía, é unha unidade sistemática das clasificacións por categorías taxonómicas.

Características

Componse de especies (aínda que existen xéneros monoespecíficos) e, en moitos casos, constitúe un grupo tan natural que é de dominio vulgar: o xénero Pinus, integrado por numerosas especies de piñeiros que usualmente teñen unha nomenclatura binomial semellante á biolóxica (piñeiro albar, piñeiro negral, piñeiro carrasco etc.), é unha unidade "xenérica" en sentido corrente.

O nome xenérico ten de ser un substantivo, sen que existan regras precisas para a súa desinencia.

O concepto de xénero e a propia verba foron establecidos por Tournefort. Carl von Linné aceptounos, concretando así o seu pensamento: "Hai tantos xéneros coma fructificacións semellantes producidas por diversas especies naturais" (Palau, na tradución da Phylosophya botanica, de Linneo, p. 84). Orixinariamente Linneo e os botánicos da súa escola estableceron os xéneros sobre a base dos caracteres da frutificación.

Na actualidade, para o establecemento de xéneros tómanse multitude de caracteres. Por exemplo, tratándose de plantas superiores considéranse a morfoloxía xeral da flor, a filotaxe, a anatomía etc.

Ao igual que ocorre con outros niveis, na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varios xéneros poden agruparse en superxéneros, e os individuos dun xénero poden organizarse en subxéneros. Estes, á súa vez, poden organizarse en infraxéneros.

Un notoxénero é un nivel de clasificación análogo ó xénero pero creado por hibridación doutros (dous ou máis), máis habitual no caso das plantas que dos animais.

Niveis de clasificación

Familia
[Subfamilia]

[Infrafamilia] [Tribo]

[Superxénero]
Xénero
[Subxénero]
[Infraxénero]
Especie
[Subespecie]

Notas

  • Os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa.
  • A clasificación ordéase de xeral a concreto.

Tags:

BioloxíaTaxonomía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Enxoval funerarioCarlos MourizApril AshleyMúsica tradicional galegaBiblioteca Galega 120Marge SimpsonNacho CastañoCharles Bronson99SenegalJavier LosadaTalía (musa)As bestasManuel Curros Enríquez2005Serbia27 de marzo1999Número eDía das Letras Galegas25Moncho ReboirasUniversidade de Santiago de CompostelaIBox Office MojoMicrosoftCarolina DariasPepo SuevosReconquista de VigoRMS TitanicCampo da RataTimeEva MejutoLabios (xenitais)Encoro do EumeFoliadaTrazaFacultade de Socioloxía da Universidade da CoruñaBodeng sarRevolución dos CaraveisNIdade MediaDominio de primeiro nivelPantera RodríguezTom HanksPexegueiro (árbore)QueixoVangardasRubén ArroxoSistema urinarioVento feridoJosé María KaydedaChatGPTXeneValderreiCastros da provincia de OurenseLavandeira brancaMadeiraManuel Gago Mariño9QuintaJosé Miñones CondeSayenAWStatsMarca HispánicaLuís RubidoMarián Ferreiro DíazRicardo Carballo CaleroOrchataSobreira🡆 More