Xénero: Páxina de homónimos

Xénero é unha palabra que significa tipo, clase, categoría e que ten distintos significados en galego.

  • En bioloxía, o xénero é un taxon por riba da especie, é dicir, que agrupa un conxunto de especies con certos caracteres comúns, e que se inclúe, con outros xéneros, nunha familia, orde e clase.
  • En lingüística e gramática, o xénero refire o concepto de xénero gramatical masculino ou feminino. Trátase dun trazo gramatical que permite repartir certas clases lexicais nun número pechado de categorías que responden vagamente a criterios ligados ó sexo, no caso das palabras que refiren seres animados.
  • En ciencias sociais e en medicina, o concepto de xénero foi creado para facer referencias ás diferenzas non biolóxicas (psicolóxicas, sociais, económicas, demográficas, políticas…) que distinguen os homes e as mulleres.
  • En matemáticas, o xénero adquire algunhas significacións diferentes, aínda que relacionadas.
  • Nas artes enténdese por xénero cada unha das categorías en que se poden ordenar as obras atendendo a trazos comúns de forma, contido ou función. A palabra xénero permite definir a pertenza a un estilo ou a un movemento. É por exemplo o caso de:
  • Na filosofía o concepto de xénero tivo unha importancia notable entre os filósofos da lingua.
  • En ciencias sociais o xénero é o conxunto de características diferenciadas que cada sociedade asigna a homes e mulleres.
  • Tamén se emprega este termo na área interdisciplinar denominada estudos de xénero, que abarca os estudos centrados nas relacións entre os homes e a mulleres e nas construcións culturais ligadas a elas nas sociedades.

Xénero: Páxina de homónimos

A voz xénero vén do latín Genus, generis ('orixe, nacemento') e posteriormente 'tipo, clase, categoría, variedade'. Etimoloxicamente, o latín presenta unha raíz indoeuropea, gen-, que aparece no grego gen- 'orixinar, producir' e en varias raíces xermánicas. No inglés kind 'clase' e king 'rei', entre outras, están emparentadas coa raíz latina gen- que deixou unha notable descendencia. O francés moderno genre, o castelán e portugués género (gênero en brasileiro), o catalán gènere e o italiano genere co significado de 'tipo, clase, categoría' e un desenvolvemento semántico similar proceden, coma o galego, do latín. Os descendentes cultos da mesma familia xene, xénese e osíxeno (tamén grafado osíxeno) incorporados a partir do grego e do latín conservan o sentido etimolóxico. No inglés o sentido biolóxico foi asumido polo latinismo genus, o sentido artístico polo galicismo genre.

O filósofo grego Protágoras foi, segundo Aristóteles, o o primeiro en usar os termos masculino, feminino e neutro para clasificar os nomes introducindo o concepto de xénero gramatical na cultura lingüística occidental.

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ListenbourgProvincia de PontevedraGrupo SargadelosMasculino e feminino en galegoMichael JacksonTomás Pérez VidalKebabDe NinghuresMatemático, matemáticaPaulino PereiroStromaeViggo MortensenTamara de LempickaJuan Manuel de PradaSeewoosagur RamgoolamEntamoeba coliNicole KidmanBBretoña, A PastorizaO divino saineteAna Pardo de VeraCristina LosadaEconomía de ColombiaDios ke te crewCaso Asunta BasterraSermos GalizaQatarFonógrafoHistoria da lingua galegaVerbos galegos ser, estar e irXestaUniversidade de Santiago de CompostelaWiki640ArceAnxos García FonteContido libre2004DohaIsabel II do Reino UnidoHelen MirrenA Pontenaveira, O Caramiñal, A Pobra do CaramiñalHerbas de san XoánVacaLalínCelanovaElena RybakinaTaylor LautnerYolanda CastañoElgorriagaCoordenadas xeográficasTui1945Accidente de ChernóbilAmesEva Iglesias MiguénsArkanoJohn WayneDiocese de BritoniaFilipe II de EspañaBatalla de Casal do EirigoMareas vivasToxo arnalThe Rolling StonesPaul AusterLingua cataláCentro penitenciario de TeixeiroBrasilDeportivo da CoruñaCamilo Díaz BaliñoAkureyriAdolf Hitler🡆 More