Os xázaros ou kházaros (en hebreo, Kuzari כוזרי, en árabe: خزر, en turco: Hazar, en grego: Χαζαροι, en ruso: Хазары, en latín: Gazari ou Cosri) foron un pobo turco procedente de Asia central.
Entre os séculos VIII e IX, o xudaísmo converteuse na relixión de estado.
O nome "khazar" parece estar vinculado a un verbo túrquico que significa "errante" (gezer en turco moderno). No século VII, fundaron un Khanato independente no Cáucaso Norte a beiras do Mar Caspio, onde co paso do tempo o xudaísmo converteríase en relixión oficial. No seu momento de máximo esplendor, eles e os seus tributarios controlaron boa parte do que hoxe é o sur de Rusia, Casaquistán occidental, este de Ucraína, parte importante do Cáucaso, (Daguestán, Acerbaixán, Xeorxia,...) e Crimea.
Os xázaros foron importantes aliados do Imperio Bizantino contra o Imperio Sasánida, ademais dunha significativa potencia rexional no seu momento de máximo esplendor. Emprenderon unha serie de guerras, todas vitoriosas, contra os califatos árabes, evitando así posiblemente a invasión de Europa Oriental. A finais do século X, o seu poder declinaría fronte ao Rus de Kíiv, desaparecendo misteriosamente da historia.
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: xázaros |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Xázaro, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.