Vermiculita

A vermiculita é un mineral formado por silicatos de ferro ou magnesio, pertencente ao grupo das micas.

A súa fórmula química e:

Vermiculita
Vermiculita
Fórmula químicaMg0,7 (Mg,Fe,Al)6 (Si,Al)8O20 (OH)4 ·8H2O
ClaseSilicato
SubclaseFilosilicato
Sistema cristalinoMonoclínico
BrilloVítreo
Dureza2-3 (escala de Mohs)
RaiaAmarela pálida
Densidade2,4-2,7 g/cm3
    (Mg,Ca) 0.7 (Mg,Fe,Al) 6.0 [(Al,Si) 8O20)] (OH) 4.8 H2O

Orixínase principalmente na alteración hidrotermal de biotita.

Emprégase como substrato en cultivos hidropónicos, como árido para elaborar formigóns de baixa densidade, como illante térmico e acústico, en extintores, como elemento filtrante, para protección de materiais ou equipamentos fráxiles, para aumentar a viscosidade de aceites lubricantes, como absorbente de humidade e outras contaminacións líquidas ou como excipiente en produtos diversos, incluíndo medicamentos.

Ao elevar rapidamente a temperatura da vermiculita provócase unha expansión coñecida como exfoliación, resultando un produto utilizado como agregado livián na construción con propiedades illantes térmicas e acústicas, ademais de ser quimicamente inerte.

Características

Vermiculita é un termo xenérico para designar o mineral da familia da mica composto basicamente por silicatos de aluminio, de magnesio e de ferro. A súa forma natural é a dunha mica de cor parda con estrutura laminar, con auga interlaminada.

A súa característica principal é que ao quentala até unha temperatura determinada, a súa capacidade de expansión ou exfoliación resulta nun aumento de oito a vinte veces o seu volume orixinal. Esta exfoliación débese á presenza de auga no mineral natural. Cando se quenta bruscamente por riba de 870 °C, ao mesmo tempo que se evapora a auga, transfórmase cada partícula laminar do mineral nun fol a modo de verme e crea un gran número de pequenas láminas con reflexos metálicos, de cor parda, con baixa densidade aparente e elevada porosidade.

Propiedades

É un material lixeiro, cunhas densidades aparentes que oscilan entre 60 e 140 kg/.

As paredes brillantes das láminas de mica de vermiculita forman unha multitude de pantallas que reflicten e dispersan a enerxía calorífica transmitida por radiación, e converten dito material en illante ideal para altas temperaturas. A súa condutividade térmica é de 0,053 kcal/h/m °C para unha temperatura media de 20 °C. A súa capacidade calorífica é moi baixa (0,2). Naturalmente, co aumento de temperatura, o coeficiente aumenta como en calquera material illante, mais cunha proporción menor do normal. A vermiculita expandida mantén a súa capacidade de illamento térmico entre os 200 e os 1200 °C.

Tamén ten capacidades de illamento acústico. Ao incidir as ondas sonoras sobre as láminas multidireccionais da vermiculita expandida, estas son reflectidas en multitude de direccións e absorbidas pola estrutura microscópica de burbullas de aire do mineral. Por estas razóns, a vermiculita é un excelente illante acústico para unha ampla gama de frecuencias.

É resistente ao lume, sendo o seu punto de fusión de 1 370 °C e a temperatura de abrandamento de 1 250 °C. É un mineral incombustible e quimicamente moi estable a altas temperaturas, o que o converte nun material idóneo para a protección contra o fogo.

E destacar finalmente a súa inalterabilidade, a vermiculita é insensible aos axentes atmosféricos e ao paso do tempo. É estable, quimicamente neutra (pH = 7,2) e inerte, non é higroscópica e non produce ningunha acción sobre o ferro ou o aceiro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Vermiculita CaracterísticasVermiculita PropiedadesVermiculita NotasVermiculita Véxase taménVermiculitaFerroFórmula químicaMagnesioMicaMineralSilicato

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Doenza de Paget de mamaMarcelo CaetanoLorenzo VarelaPeer-to-peerSystem of a DownLipoproteína de BraunNormativa oficial do galegoMártires de CarralThibaut CourtoisAgustín Fernández PazSupermanNova YorkAdrenalinaCinema pornográficoGabriel García MárquezSexo analBárbara ReyLeitzaldeaXosé Manuel PiñeiroConvento do Carme de PadrónMDigital object identifier2024O Pedrouzo, Arca, O PinoLista de siglas e acrónimosGame Boy Advance SPMichael JacksonOs vellos non deben de namorarseSete Sabios de GreciaZeca AfonsoPontedeumeAlfonso Basterra CamporroAs leis de CelavellaXabier FortesLista de palabras galegas de orixe celtaAmérica LatinaParroquias de GaliciaLeitzaO porco de péAlcaldes da CoruñaPedro SánchezAciñeiraTonhito de PoiLiteratura galegaParlamento de GaliciaEscáncerMariano RajoyDistritos de PortugalBilbaoCopia por contactoEditorial GalaxiaCarles PuigdemontAntón LamazaresAntónio de SpínolaO divino saineteRastroMucha e NuchaFederico García LorcaOllos de augaLiteratura infantilAna María Fernández MartínezAna RomaníIsabel Díaz AyusoSabela (Operación Triunfo)Emilio Pérez TouriñoTribadismoPablo EscobarVilagarcía de ArousaGarbiñe MuguruzaJuan CorralLingua portuguesaClara CampoamorVincent van Gogh🡆 More