Hora: Unidade de tempo que compende 60 minutos

A hora (símbolo h) é o lapso de tempo que comprende 60 minutos, ou 3600 segundos.

É, á súa vez, a vintecatroava parte dun día. Por regra xeral o instrumento que mide as horas é un reloxo.

Hora é tamén unha medida de ángulos, utilizada en Astronomía que equivale a 15 º. Ten a súa orixe en que a Terra nunha hora de tempo xira 15º.

Os seus divisores son: 1 hora = 60 minutos

1 minuto = 60 segundos

Unha relación útil é 1 º = 4 minutos

A ascensión recta é un ángulo que se mide en horas, minutos e segundos.

Así AR= 3 h 25 m 13 s = 3,4202777.. h = 51,304166..º = 51º 18' 15"

Antigas definicións

  • Na antigüidade considerábase á doceava parte do tempo que transcorre desde a saída do Sol ata o solpor. Como consecuencia, durante o verán as horas son máis longas que durante o inverno. Os romanos e os gregos usaban esta definición. Máis tarde, a noite (o tempo transcorrido desde o solpor ata o nacer-do-sol) foi tamén dividida en doce horas. Este tipo de horas medíase mediante un Reloxo de sol ou mediante unha Clepsidra. Cando un reloxo mecánico utiliza estas horas, a súa velocidade debe ser cambiada cada mañá e tarde, por exemplo cambiando o largo do seu péndulo. A hora segundo esta definición está regulada segundo o Sistema Horario Temporario.
  • Unha vintecatroava parte do día solar aparente (entre un mediodía e o seguinte, ou entre un solpor e o próximo). Como consecuencia, as horas varían un pouco, posto que a duración do día solar aparente varía ao longo do ano. Cando un reloxo utiliza estas horas, debe ser axustado unhas poucas veces durante o mes. Segundo se tome como orixe o paso do Sol polo Ocaso ou o Orto denominaráse Sistema Horario Itálico ou Sistema Horario Babilónico respectivamente.
  • Unha vintecatroava parte do día solar medio. Cando un reloxo exacto utiliza estas horas, non necesita ser axustado nunca. De todas formas, posto a que a velocidade da rotación terrestre diminúe, esta definición foi abandonada.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Hora Antigas definiciónsHora NotasHora Véxase taménHoraDíaMinuto (unidade de tempo)ReloxoSegundoTempo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Número piCódigo QRPartido PopularJulián ElviraPonte Maior de OurenseChubby CheckerBetanzosLingua betawiRevolución dos CaraveisSalgueiroGala Murguía de CastroBipartito galegoCuntisLa Voz de GaliciaJ. K. RowlingNiceto Alcalá-ZamoraGoretti SanmartínGalego-portuguésRamón Otero PedrayoBruce DickinsonEverton F.C.Escudo de GaliciaMemorias dun neno labregoFrancisco de QuevedoAlba ManceboNaomi KleinÑSara Vila AlonsoDon Quixote da ManchaMarie CurieBoyanka Kostova (grupo musical)Xosé Neira VilasSexo oralO pensadorXela AriasMargarita Ledo AndiónMy Little PonyEuropaAP-9Pedro RieloAmador Víctor GonzálezCÁ lus do candilComensalismoDaniel de la TorreGalería de imaxes de flores de GaliciaApioDelfínOceanografíaMorañaLuz Pozo GarzaAndorraChumboEncoroBubelaMarcos PereiroMarta DarribaVisigodosAguaneiroConcha BuikaAnne HecheFozCalendario gregorianoGlobo aerostáticoFala de EstremaduraConcha CostasJordi Sierra i FabraShōgunMaría a BalteiraKarl MarxHorteláJorge PeteiroGalván en SaorFoliada🡆 More