Tenis De Mesa

O tenis de mesa é un deporte similar ó tenis coa característica especial de que se golpea a pelota ó rebotar nunha mesa.

Tamén é coñecido como pimpón. Este termo procede dunha marca rexistrada da empresa John Jaques Ltd.

Tenis De Mesa
Competición de tenis de mesa.

Características xerais do xogo

A mesa

As medidas da mesa son: unha lonxitude de 2.74 m (9 pés); unha anchura de 1.525 m (5 pés); a superficie de xogo estará a 76 cm (30 polgadas) do chan. No centro da mesa haberá unha rede cunha altura de 15.25 cm (6 polgadas), que separa os dous campos.

A bóla

A bóla ten un diámetro de entre 38 e 40 mm, circunferencia de 119 milímetros aproximadamente e pesa 2,7 gramos. Será de celuloide ou dun material plástico similar, branca ou laranxa, e mate. Ata hai uns anos, o diámetro da bóla era 38 milímetros, pero foi aumentado a 40 milímetros coa finalidade de conseguir tanteos máis longos.

O partido

Os partidos poden ser individuais ou dobres.

Ata o ano 2002 os partidos eran ó mellor de 3 ou 5 xogos, e constaban de 21 puntos. A partir de entón os partidos dispútanse ó mellor de 5 ou 7 xogos de 11 puntos cada un. O cambio realizouse para facer ó deporte máis atractivo visualmente.

A paleta pódese agarrar principalmente de dúas diferentes formas:

  • A presa europea, que permite utiliza-las dúas caras da pa, dando lugar ós golpes clásicos de dereita, e de revés. Utilizada por xogadores como Jan-Ove Waldner.
  • A presa asiática, que utiliza principalmente unha única cara. Wang Hao utilízaa.

O servizo

O que serve debe lanzar coa palma da man cara a arriba verticalmente a bóla verticalmente. Cando a pelota baixe, será golpeada coa raqueta de xeito que toque primeiro nun lado do campo e, tras pasar por riba da rede sen tocala, no outro. O servizo é incorrecto se, ademais de non se dar calquera das circunstancias anteriores, o xogador falla a pelota con intención de golpeala.

O cambio de saque realízase cada dous puntos e, continúase así ata o final da manga ou ata que o marcador acade 10-10, pois, a partir dese momento, hai un cambio de servizo cada punto.

O servizo deberá repetirse, se a bóla, tras realizalo, toca a rede ou un dos soportes e repetirase tantas veces como sexan necesarias para a realización dun servizo correcto.

Desenvolvemento

Un xogador perde un punto se:

  • Non realiza o servizo correctamente
  • Non consegue devolve-la bóla de xeito que esta bote unicamente no campo do contrincante.
  • Se a súa man libre toca a superficie da mesa mentres a pelota está en xogo.
  • Se golpea dúas veces a pelota consecutivamente.

Cambio de campo

O xogador que empeza nun campo nunha manga, iniciará a seguinte manga no outro campo e, así, ata a fin do partido. Na última manga os xogadores cambiarán de campo no momento en que un deles acade 5 puntos

Arbitraxe

O número de árbitros nun torneo debe ser de dous por mesa, quen levan conta de saques e puntos e supervisan o cumprimento do regulamento.

Historia

Este deporte ten a súa orixe a finais do século XIX en Inglaterra. Os membros dun club de tenis tiñan un local cuberto onde entraban cando chovía, e alí foi onde xurdiu o deporte. Ó principio empregábanse bólas de cortiza, de goma e finalmente se chegou á actual fabricada con celuloide.

En 1901 comezáronse a celebrar no Reino Unido torneos de tenis de mesa chegando a participar 300 xogadores. É deporte olímpico dende o ano 1988.

China é a maior potencia neste deporte, aínda que durante da década dos 90 Suecia acadou a vitoria repetidas veces grazas ós seus xogadores Jan-Ove Waldner (considerado por moitos o mellor xogador da historia), Jorgen Persson, Mikael Appelgreen e Peter Karlson.

Tenis de mesa adaptado

Dadas as características do tenis de mesa, é un moi bo deporte para persoas que sofren algunha minusvalía física, as cales se integran co resto de xogadores, discapacitados ou non. Estes xogadores, á marxe de que existen competicións específicas, forman parte dos campionatos e ligas regulares, participando bastantes deles en ligas nacionais (algún xogando en cadeira de rodas).

Nas competicións de xogadores en cadeira de rodas, a bóla debe saír pola liña de fondo da mesa para que o punto sexa sumado. No caso de que saia por un lateral, o punto será nulo. Nos partidos de dobres de cadeira de rodas a parella non ten por que golpear a bóla alternativamente.

Notas

Tags:

Tenis De Mesa Características xerais do xogoTenis De Mesa HistoriaTenis De Mesa Tenis de mesa adaptadoTenis De Mesa NotasTenis De MesaDeporteTenis

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Día das Letras GalegasTristán UlloaA crueldade de abrilLondresEstadio Municipal da MalataMarta Mariño RegueiroCouto MixtoEmilia Pardo BazánMártires de CarralDereito de autoríaLagarto arnalLuísa VillaltaIrmandades da FalaIndiaUnión Deportiva OurenseEmblema de AfganistánClub Deportivo OurenseXXX edición dos Premios GoyaTelevisión de GaliciaCemiterio de BoisacaXosé Manuel PiñeiroMEstrella GaliciaSonsoles EspinosaMomia de ManchesterCarlo AncelottiJosé Casal RodríguezFernando AlonsoFátima IglesiasReal Club Celta de VigoVillarrobledoNon sen a miña fillaCSSSeixoCentral Unitaria de TraballadoresTeresa MoureRefraneiro galego sobre o mes de maioMaría RozasFlorentino PérezEstados Unidos de AméricaBasketball Champions LeagueCangasPaul KleeGrândola, Vila MorenaPedro J. RamírezForcareiLista de nomes masculinos en galegoLila (planta)ZendayaMoinanteJosé Ramón Romero GarcíaGheadaIndonesiaCaja MágicaMaría JamardoIñaki de Juana ChaosElxokasYolanda DíazFauna de GaliciaSabugueiroCarlos Blanco VilaRoberto Fernández RicoAna AcuñaCinema de GaliciaRubén BarajaAsunta Basterra PortoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoNacho VidalFruit NinjaPeter HiggsXoán XardónRamón Otero PedrayoJosé María AznarCruceiroRamiro Carregal🡆 More