Taoísmo: Corrente filosófica e relixiosa da China

A palabra Taoísmo (ou Daoísmo) é xeralmente empregada para traducir dous termos chineses distintos, Daojiao (道教) (py Dàojiào, W-G Tao-chiao), que se refire aos ensinanzas ou á relixión do Dao, e Daojia, que se refire á (道家) escola do Dao, a unha liña de pensamento da filosofía chinesa.

Taoísmo
Lingua chinesa: 道教
Pinyin: Dàoxiào
Wade-Gilles: Tao-chiao
Taoísmo: O Tao do Taoísmo, Orixes do Taoísmo, O Dao De Xing
O Yin-Yang, ou Taixi, diagrama frecuentemente
utilizado para simbolizar o Taoísmo.

Así, o termo Taoísmo ten máis dun sentido no occidente, pode referirse a:

  • Unha escola de pensamento filosófico chinés que se basea nos textos do Tao Te Ching atribuídos a Lao Tsé e nos escritos de Chuang Tse.
  • Un movemento relixioso chinés con orixe en Zhang Daoling no final da Dinastía Han que se estrutura en seitas como a Zhengyi ("Ortodoxa") e Quanzhen ("realidade completa").
  • As manifestacións da tradición relixiosa chinesa, de carácter popular, que integran elementos da relixión Taoísta, do Confucianismo e do Budismo.

O Tao do Taoísmo

Taoísmo ou Daoísmo (chinés: transcricións py Dàoxiào, W-G Tao-chiao) é xeralmente descrito como unha filosofía e relixión asiática, aínda que tamén se diga que non é ningunha das dúas, senón un aspecto da sabedoría chinesa. Traducido literalmente, significa "o ensino do Tao" . No contexto taoísta, 'Tao' pode ser entendido como un camiño no espazo-tempo -a orde en que as cousas acontecen-. Como termo descritivo, pódese referir ao mundo real na historia -algunhas veces nomeado como o "gran Tao"- ou, anticipadamente, como unha orde que se debe manifestar -a orde moral de Confucio ou Lao Tse ou Cristo etc.- Un tema no pensamento chinés primitivo é Tian-dao ou camiño da natureza (tamén traducido como "ceo", e ás veces "Deus"). Corresponde aproximadamente á orde das cousas de acordo coa lei natural. Tanto o "camiño da natureza" canto o "gran camiño" inspiran o afastamento estereotípico taoísta das doutrinas morais e normativas. Así, pensado como o proceso polo cal cada cousa se torna o que ela é (a "Nai de todas as deusas") parece difícil imaxinar que temos que escoller entre calquera valor do seu contido normativo - polo tanto pode ser visto como un principio eficiente de "baleiro" que sustenta confiabelmente o funcionamento do universo.

O taoísmo é unha tradición que, co seu tradicional contraste, o confucianismo, modelou a vida chinesa por máis de 2.000 anos. O taoísmo enfatiza a espontaneidade ou liberdade da manipulación socio-cultural polas institucións, linguaxe e prácticas culturais. Como o concepto confucianista de goberno consiste en facer que todos sigan o mesmo tao moral, manifesta anarquismo -defendendo esencialmente a idea de que non precisamos de ningunha orientación centralizada-. As especies naturais seguen camiños apropiados a elas, e os seres humanos son unha especie natural. Seguimos todos por procesos de adquisición da sociedade diferentes normas e orientacións, e non obstante, podemos vivir en paz se non procuramos unificar todas estas formas naturais de ser. Así, o taoísmo representa de moitas maneiras a antítese do concepto confucianista referente a deberes morais, cohesión social e responsabilidades gobernamentais, mesmo que o pensamento de Confucio inclúa os valores taoístas e o inverso, como se pode ler nos Anais de Confucio.

Orixes do Taoísmo

Tradicionalmente, o Taoísmo é atribuído a tres fontes principais:

  • O máis antigo, o mítico "Emperador Amarelo";
  • o máis famoso, o libro de aforismos místicos, o Dao De Xing (Tao Te Ching), supostamente escrito por Lao Tse (Lao Tse), que, segunda a tradición, foi un contemporáneo máis vello de Confucio;
  • e o terceiro, os traballos do filósofo Zhuang Zi (Chuang Tse).
  • Outros libros ampliaron o Taoísmo, como o True Clasic of Perfect Emptines, de Lie Ci; e a compilación Huainanci.
  • Alén destes, o antigo I Ching, O Libro Das Mudanzas, é tido como unha fonte extra do taoísmo, así como prácticas de adiviñación da China antiga.
Taoísmo: O Tao do Taoísmo, Orixes do Taoísmo, O Dao De Xing 
Tao en chinés. Tao refírese ao camiño do Taoísmo e ao universo.

O Dao De Xing

Artigo principal: Dao De Xing

O Dao De Xing , ou Tao Te Ching, foi escrito nunha época de aparentemente incesantes guerras feudais e conflitos constantes. O significado literal do título é aproximadamente "Camiño da Virtude Clásica" ou tamén como "o Libro do Camiño e da Virtude".

Segundo a tradición (largamente rexeitada polos estudosos modernos), o autor do libro, Lao Tse, era un oficial menor da corte dun emperador da dinastía Zhou. Tornouse desgostoso coas intrigas triviais da vida na corte, e partiu soíño en viaxe polas vastas terras ao oeste. Cando estaba prestes a pasar polos portións do último posto avanzado do oeste, un garda, tendo ouvido sobre a súa sabedoría, pediulle que escribise sobre a súa filosofía, e o Dao De Xing foi o resultado. Lao Tse reflexionaba sobre un camiño a seguir pola humanidade, que puxese fin aos conflitos e ás guerras. Chegou a algunhas páxinas de versos curtos, que se tornaron o Dao De Xing. Ese é o libro que orixinou o Taoísmo. A evidencia académica suxire que o texto foi tomando forma ao longo dun grande período na China pre-Han e circulou en varias versións e coleccións editadas ata a ser padronizado logo despois da era Han.

Filosofía Taoísta

  • Do Camiño xorde un (aquel que está consciente), de cuxa consciencia pola súa vez xorde o concepto de dous (yin e yang), dos cales o número tres está implícito (ceo, terra e humanidade); producindo finalmente por extensión a totalidade do mundo como o coñecemos, as dez mil cousas, a través da harmonía das Wuxing. O Camiño en canto pasa polos cinco elementos do Wuxing é tamén visto como circular, actuando sobre si mesmo a través da mudanza para simular un ciclo de vida e morte nas dez mil cousas do universo fenoménico.
  • Actúa de acordo con natureza, e con sutileza no canto de forza.
  • A perspectiva correcta será atopada pola actividade mental da persoa, ata chegar a unha fonte máis profunda que guíe a súa interacción persoal co universo (vexa 'wu wei' abaixo). O desexo obstrúe a habilidade persoal de entender O Camiño (vexa tamén karma), moderar o desexo xera contento. Os taoístas consideran que cando un desexo é satisfeito, outro, máis ambicioso, brota para substituílo. En esencia, a maioría dos taoístas sente que a vida debe ser apreciada como ela é, en lugar forzala a ser o que non é. Idealmente, non se debe desexar nada, "nin tampouco non desexar".
  • Unidade: ao percibir que todas as cousas (inclusive nós mesmos) son interdependentes e constantemente redefinidas pola mudanza das circunstancias, pasamos a ver todas as cousas como elas son, e a nós mesmos como apenas unha parte do momento presente. Esta comprensión da unidade lévanos a unha apreciación dos feitos da vida e do noso lugar neles como simples momentos milagrosos que "apenas son".
  • Dualismo, a oposición e combinación dos dous principios básicos Yin e Yang do universo, é unha gran parte da filosofía básica. Algunhas das asociacións comúns con Yang e Yin, respectivamente, son: masculino e feminino, luz e sombra, activo e pasivo, movemento e quietude. Os taoístas consideran que ningún dos dous é máis importante ou mellor que o outro, na verdade, ningún pode existir sen o outro, porque eles son aspectos equiparados completamente. Son en última análise unha distinción artificial baseada na nosa percepción das dez mil cousas, polo tanto é só a nosa percepción delas a que realmente muda. Ver taixi.

Wu Wei

Moito da esencia do Tao está na arte do wu wei (actuar polo non-actuar). Porén, isto non significa "espere sentado que o mundo caia no seu colo". Esa filosofía describe unha práctica de se realizar cousas a través da acción mínima. Polo estudo da natureza da vida, vostede pode influenciar o mundo do modo máis fácil e menos disruptivo (usando a fineza en vez da forza). A práctica de seguir a corrente do río en vez de ir contra ela é unha ilustración; unha persoa acada moito máis non por loitar e se debater contra a auga, mais permanecendo queda e seguindo á corrente do río.

O Wu Wei funciona a partir do momento en que confiamos no "deseño" humano, perfectamente axustado para o noso lugar na natureza. Noutras palabras, confiando na nosa natureza en vez da nosa racionalidade, nós podemos atopar felicidade sen unha vida de loita constante contra forzas reais e imaxinarias.

  • Unha persoa pode aplicar esa técnica no activismo social. En vez de apelar a que outros tomen parte por unha causa—sexa cal for a súa importancia ou validez --, pódese entender que simplemente considerando na causa, e deixando a súa crenza manifestarse nas súas accións, está asumindo a súa parte na responsabilidade polo movemento social. Indo coa corrente, por dicir así, co río (que neste caso é un paradigma social).

A relixión Taoísta

Aínda que os aspectos relixiosos específicos non se mencionan no Tao Te King ou Zhuang Zi, á medida en que o taoísmo se espallou pola poboación da China, mesturouse con algunhas crenzas preexistentes, como a Teoría dos Cinco Elementos, a alquimia e o culto aos ancestrais. O Budismo chan chinés tamén foi directamente influenciado por filosofias taoístas. Por fin, elementos do taoísmo combináronse con elementos do Budismo e do Confucianismo na forma do Neo-Confucianismo. Tentativas de alcanzar maior lonxevidade eran un tema frecuente na maxia e alquimia taoístas, con varios feitizos e pocións, aínda existentes, con ese propósito. Moitas versións antigas da medicina chinesa eran enraizadas no pensamento taoísta, e tanto a medicina chinesa moderna como as artes marciais chinesas son tamén de varios xeitos baseadas en conceptos taoístas, como o Tao, o Qi, e o equilibrio entre o Yin yang e o Yin yang.

Co tempo, a absoluta liberdade dos seguidores do taoísmo pareceu ameazadora á autoridade dalgúns gobernantes, que incentivaron o crecemento de seitas máis comprometidas coas tradicións confucianistas. Unha igrexa taoísta formouse ao fin da dinastía Han, por Zhang Daoling. Moitas seitas evolucionaron a través dos anos, mais a maioría traza as súas orixes a Zhan Daoding, e gran parte dos templos taoístas modernos pertence a unha ou outra desas seitas. As igrexas taoístas incorporan panteóns enteiros de divindades, incluíndo Lao Tse, Zhang Daoling, o Emperador Amarelo, o Emperador Xade, Lei Gong (O Deus do Trebón) e outros. As dúas maiores igrexas taoístas da actualidade son a Seita Zhengyi (evoluída dunha seita fundada por Zhang Daoling) e o Taoísmo Canzhen (fundado por Wang Chongyang).

Taoísmo fóra da China

A filosofía taoísta é practicada en varias formas, noutros países alén da China. Kouk Sun Do na Corea é unha desas variacións.

A filosofía taoísta encontrou moitos seguidores arredor do mundo. Xenxis Kan compartía á filosofía taoísta, e durante as primeiras décadas de dominación mongol, o taoísmo viu un período de expansión, entre os séculos XIII e XIV. Por iso, moitas escolas taoístas tradicionais manteñen centros de ensino en varios países arredor do mundo.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Monismo dialéctico.
  • Filosofía Oriental.
  • Qigong.
  • Tai Chi Chuan.
  • Tao Yin.
  • Yingtan.
  • Zen.

Tags:

Taoísmo O Tao do Taoísmo Orixes do Taoísmo O Dao De XingTaoísmo Filosofía TaoístaTaoísmo A relixión TaoístaTaoísmo fóra da ChinaTaoísmo Véxase taménTaoísmo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Concellos de GaliciaRulaGaliciaXestaSilva bravaLingua casteláPortadaVigoVagalumeArabia SauditaTuiLipoproteína de BraunPobo galegoCamba, Castro CaldelasAmeixa (froito)Jorge BlassJacinto ConvitBaiuca (banda)Leirón rabudoMariola (xogo)Pena Verde, Rebordondo, CualedroMarta DarribaBrañaLista de ríos de GaliciaBradley CooperPedro NimoAlbaniaQueen e SlimCharlie ChaplinColocación do pronome átono en galego77FiúnchoArquitectura gótica en GaliciaCalendario gregorianoMona SimpsonA carta roubadaLa Voz de GaliciaCalendario hebreoBoyanka Kostova (grupo musical)PiardaLingua inglesaRogue (filme)BisexualidadeLista das aves de GaliciaNosce te ipsumTerra Chá (poemario)Manuel Taboada VigoEFamilia CaamagnoAna RomaníBakúLondresCicerónIraqCatedral de Santiago de CompostelaXosé Ramón GayosoRicardo Sánchez VarelaLago NessJuan CopaApp Store (iOS)Identidade sexualA Star Is Born (filme de 2018)AsexualidadePorqueiraFranciaFoliadaArroazPartido GalegoTelevisión de GaliciaA Pobra de TrivesLuis Miguel del Amargue29 de abril🡆 More