Severino Reija: Futbolista español

Severino Reija Vázquez, nado en Lugo o 25 de novembro de 1938, é un exfutbolista galego, que xogaba de lateral e extremo esquerdo.

Tras debutar con 19 anos no Deportivo da Coruña, foi traspasado ao Zaragoza, converténdose nos seguintes anos nun dos futbolistas máis importantes da historia do club aragonés. Disputou con el 347 partidos oficiais e viviu os anos máis gloriosos, conquistando dúas Copas do Xeneralísimo e unha Copa de Feiras.

Reija
Información persoal
Nome Severino Reija Vázquez
Nacemento 25 de novembro de 1938
Lugar de nacemento Lugo
Posición Lateral esquerdo
Extremo esquerdo
Carreira xuvenil
Oza Juvenil
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1957 Oza Juvenil 3 (0)
1957–1959 Deportivo da Coruña 35 (2)
1959–1969 Zaragoza 253 (1)
Selección nacional
1960 España sub-21 2 (0)
1961 España B 1 (0)
1962–1967 España 20 (0)
Na rede
FIFA: 56779 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Foi internacional coa selección española en 20 ocasións, disputando os Mundiais de 1962 e 1966, e formando parte do equipo que conquistou a Eurocopa de 1964.

Traxectoria

Naceu en 1938 en Lugo, sendo o quinto dos seis fillos dun empregado de Renfe. Un ano despois trasladouse coa súa familia á Coruña, onde estudou no colexio dos salesianos. Alí comezou a xogar ao fútbol no equipo do colexio, coincidindo con Guillermo Martínez, e logo pasou á canteira do Oza Juvenil, onde xogou tres anos. Co equipo xuvenil do barrio de Monelos, proclamouse campión galego e disputou a Copa do Xeneralísimo Xuvenil, caendo nos oitavos de final contra o Arcés de Valladolid. Ademais foi convocado por Rodrigo para a selección galega xuvenil, onde concidiu entre outros con Amancio, e preseleccionado para a selección española xuvenil.

En agosto de 1957, despois de ter disputado só tres partidos co primeiro equipo do Oza e de ter realizado unhas probas co Sporting de Gijón, fichou polo Deportivo da Coruña. Debutou na Segunda División con 18 anos, na segunda xornada da tempada 1957/58 contra o Indautxu en Garellano. Xogou dúas tempadas co club branquiazul, disputando un total de 37 partidos oficiais e marcando 4 goles.

En abril de 1959 foi traspasado ao Real Zaragoza, co que debutou en Primeira División o 13 de setembro de 1959 nunha derrota por 2-1 contra o Real Valladolid no José Zorrilla. No club aragonés coincidiu cos tamén galegos Rodolfo, Marcelino, Wilson Jones, Cortizo e Mauro, afianzándose no equipo titular e disputando 31 partidos na súa primeira tempada. Ocupou xunto con Carlos Lapetra a banda esquerda do equipo durante os seguintes anos, xogando tanto de lateral como de extremo.

Xogou unha década no Zaragoza, disputando 347 partidos oficiais, sendo no momento da súa retirada o futbolista con máis encontros da historia do club. Xogou catro finais consecutivas da Copa do Xeneralísimo, gañando as de 1964 e 1966 e proclamouse campión da Copa de Feiras na tempada 1963/64, despois de derrotar na final ao Valencia. Xogou tamén a final da Copa de Feiras 1965/66, onde o equipo adestrado por Ferdinand Daučík caeu derrotado contra o FC Barcelona de Roque Olsen na prórroga. Na liga, o equipo rematou entre os cinco primeiros durante oito tempadas consecutivas. Ao remate da tempada 1968/69 deixou o Zaragoza e colgou as botas.

Selección nacional

Foi 20 veces internacional coa selección española entre 1962 e 1967. Foi convocado para o Mundial de 1962 en Chile sen ter xogado antes ningún partido coa selección. Debutou en Viña del Mar o 31 de maio de 1962, no primeiro partido do equipo no campionato, contra Checoslovaquia, formando na defensa xunto con Rivilla, Santamaría e Segarra. A selección española perdeu ese partido, no que Reija acabou cunha lesión de menisco, e quedou eliminada na primeira fase.

Formou parte da selección española que se proclamou campioa da Eurocopa de 1964, despois de derrotar na final á Unión Soviética de Lev Iashin, aínda que non chegou a xogar ningún partido no torneo. Dous anos despois disputou o seu segundo Mundial, Inglaterra 1966, xogando dous encontros, fronte a Suíza e Alemaña, e quedando de novo eliminados na fase de grupos.

Vida persoal

Casou coa aragonesa María del Carmen Gracia Olariz, coa que tivo cinco fillos.

Palmarés

Zaragoza

Selección española

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Severino Reija TraxectoriaSeverino Reija Vida persoalSeverino Reija PalmarésSeverino Reija NotasSeverino Reija Véxase taménSeverino Reija193825 de novembroCentrocampistaCopa de FeirasCopa do Rei de fútbolDeportivo da CoruñaFutbolistaGaliciaLugoPosicións no fútbolReal Zaragoza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Renda básica universalMarínBaby ReindeerBruce WillisEstadio Santiago BernabéuPosicións sexuaisCastiñeiroGreen DayAlbaniaEstoicismoPaula CarballeiraLa vuelta al mundo de Willy FogLalínKristen StewartAndrés do BarroDavid BroncanoAs dúas MaríasEspañaO GroveElgorriagaSaramagoRamon gonzalez vazquezJorge PeteiroBacteriasEscociaLeymaRastroBloque Nacionalista GalegoGenistaBrad PittSexo en grupoAntonio del VillarMaría del Socorro Ortega RomeroÁnxel CasalDodecágonoqccx9Anxos García FonteCondados de SueciaIñaki GabilondoBerta DávilaEleccións municipais en PetínUniversidade de Santiago de CompostelaXoán Carlos Domínguez AlberteJean-Claude JunckerCristiano RonaldoRelación sexual humanaMar SánchezAuga seca (serie de televisión)Fernando VerdascoTragsaPontevedraLotus CarsOs pronomes persoais galegosPManuel Vázquez OuteiriñoArkanoFrancisco Porto MellaMaio na cultura popular galegaRodolfo SanchoAbellaFernando ÓnegaTeresa MoureHTMLRaposo comúnMeteoroLuis EnriqueDian FosseyAna ObregónItxu DíazRaúl González BlancoAkureyriRicardo de BarreiroSarabiaTrasar de Carballo, Cartelos, CarballedoOs Eoas🡆 More