Sarabia

A sarabia, saraiba, saragana, pedra ou pedrazo, é un tipo de precipitación que consiste en partículas irregulares de xeo.

A sarabia xérase en treboadas intensas en que se producen pingas de auga sobrearrefriadas, líquidas pero a temperaturas por debaixo do seu punto normal de fusión (0°C), e ocorre tanto en verán coma en inverno. Pero dáse máis cando está presente a canícula.

Sarabia
Unha bóla de sarabia excepcionalmente grande.
Sarabia
Treboada de sarabia.
Sarabia
Saraiba en Pontevedra.

Cando as pingas de auga sobrearrefriada chocan na nube con outras partículas xeadas ou grans de po, poden cristalizar sen dificultade conxelándose rapidamente ó seu redor. Nas treboadas máis intensas prodúcese precipitación xeada en forma de sarabia especialmente grande cando esta se forma no seo de fortes correntes ascendentes. Neste caso o gran de sarabia pode permanecer máis tempo na atmosfera dispoñendo dunha maior capacidade de crecemento. Cando o pulo cara a arriba cesa ou a sarabia acadou un tamaño elevado, o aire xa non pode aguantar o peso do gran de sarabia e este acaba caendo.

Os grans de sarabia acostuman ser pequenos, dalgúns milímetros de diámetro, xeralmente en forma de bólas. Así a todo, de vez en cando orixínanse grans moito maiores, de varios centímetros de diámetro, debido a que na circulación ciclónica da treboada os pequenos grans ascenden e descenden varias veces, formándose distintas capas de xeo, unhas sobre outras. Dependendo do seu tamaño, poden non ser máis ca unha pequena molestia, causar danos en automóbiles e estruturas de cristal ou incluso matar a persoas. Debido ó seu proceso de formación todos eles teñen unha estrutura en forma de capas de cebola.

O gran de sarabia máis pesado rexistrado caeu en Gopalgnaj (Bangladesh), o 14 de abril de 1986, pesando 1,02 Kg. E o máis grande rexistrado caeu en Aurora (Nebraska) o 22 de xuño do 2003 e tiña 18 cm de ancho por 48 de longo.

Na cultura galega

En Galicia era tradición que cando se vía ameaza de sarabia poñer un anaco de pan no antepeito das xanelas que daban cara aos nubeiros e tronantes para evitar que fixera mal e tamén había a lenda que metendo tres pedras no seo dunha doncela cesaba.

Notas

Tags:

AugaGrao CelsiusPrecipitación (meteoroloxía)Punto de fusiónXeo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lucía VeigaGAlberto Núñez FeijóoPexegueiro (árbore)Eva MejutoXogo da chaveBunkyōGaliciaJLobishomeManuel Curros EnríquezKm 3Mercedes González CastroProduto interior brutoLiexaPardo de CelaEduardo Blanco AmorContigo PódeseCharles BronsonHomosexualidadeLisboaArcos de ValdevezMaría PitaOslo1961Gralla cereixeiraSan Miguel de Presqueiras, ForcareiPioverdinaAdolfo GacioTelevisión de GaliciaXeaO derradeiro libro de Emma OlsenCampo da RataMarta DacostaAlejandro Mon Landa LandaAtol FangataufaTahuataRaposo comúnEncyclopædia BritannicaBaltasar Pardal VidalMarga PazosMullerLingua casteláMoecheMario ObreroEscherichia coliDiego AnidoTECOR societarioA Pobra do CaramiñalIdade MediaWayback MachineFacultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da CoruñaMarc Márquez1994Rubén Fernández García8Pantera RodríguezXela AriasMcDonnell Douglas DC-10IraqCarbohidratoXentilicioMarta DarribaOuroAgostoAndoriñaXosé Luís BernalQuecemento globalLaxeEstípite (arquitectura)Aníbal MalvarMáquina comecartosPepe MiñonesDigital object identifierFauna de Galicia🡆 More