Atmosférico Ar: Mistura de gases que constitúe a atmosfera terrestre

Ar ou aire son os nomes que recibe a combinación de gas que forma a atmosfera da Terra, que permanece dentro do planeta por acción da forza da gravidade.

O ar é esencial para a vida no planeta, é particularmente delicado e é transparente a simple vista. Está composto en proporcións lixeiramente variábeis por substancias tales como o nitróxeno (78%), osíxeno (21%), vapor de auga (variábel entre 0-7%), ozono, dióxido de carbono, hidróxeno e algúns gases nobres como o cripton ou o argon.

A atmosfera divídese en capas de acordo á altitude, temperatura e composición do aire. A presión do aire diminúe coa altitude.

O aire é unha mestura de gases e vapor de Aire, suxeitos pola forza de gravidade ó redor da Terra, formando unha capa chamada atmosfera. Ela sostén e protexe a vida neste planeta.

A atmosfera terrestre divídese en catro capas: a troposfera, a estratosfera, a mesosfera e a termosfera. As capas máis importantes para a nosa análise da contaminación atmosférica son as dúas capas máis próximas á Terra: a troposfera e a estratosfera. O aire da troposfera é o que respiramos e está composto por un 78,08% de nitróxeno (N2),un 20,95% de osíxeno (O2), un 0,035% de dióxido de carbono (CO2) e un 0,94% de gases inertes como o argon e o neon. Nesta capa atópanse as nubes e case todo o vapor de aire. Nela prodúcense tódolos fenómenos atmosféricos que orixinan o noso clima.

Por encima da troposfera, aproximadamente a 25 quilómetros de altura, na estratosfera, encontramos a importante capa de ozono que protexe á Terra dos raios ultravioletas (UV) (cando o ozono se encontra no aire que respiramos, é dicir, baixo os 25 quilómetros de altura habituais, é un contaminante que ten un efecto daniño para a saúde; cando está na estratosfera, forma a capa que protexe dos raios ultravioletas do sol a tódalas formas de vida na Terra).

Composición do ar seco, por volume
ppmv: partes por millón por volume (nota: a fracción volumétrica soamente é igual á fracción molar para gases ideais)
Gas Volume
Nitróxeno (N2) 780.840 ppmv (78,084%)
Osíxeno (O2) 209.460 ppmv (20,946%)
Argon (Ar) 9.340 ppmv (0,9340%)
Dióxido de carbono (CO2) 380 ppmv (0,0380%)
Neon (Ne) 18,18 ppmv (0,001818%)
Helio (He) 5,24 ppmv (0,000524%)
Metano (CH4) 1,79 ppmv (0,000179%)
Kripton (Kr) 1,14 ppmv (0,000114%)
Hidróxeno (H2) 0,55 ppmv (0,000055%)
Óxido Nitroso (N2O) 0,3 ppmv (0,00003%)
Xenon (Xe) 0,09 ppmv (9×10−6%)
Ozono (O3) 0,0 a 0,07 ppmv (0% a 7×10−6%)
Dióxido de nitróxeno (NO2) 0,02 ppmv (2×10−6%)
Iodo (I) 0,01 ppmv (1×10−6%)
Monóxido de carbono (CO) 0,1 ppmv (0,00001%)
Amoníaco (NH3) trazas
Vapor de auga (H2O) ~0,40% na atmosfera toda, tipicamente 1%-4% na superficie

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Atmosfera terrestreGasGravidadeTerra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MéxicoA Trabe, San Román de Montoxo, CedeiraCatedral de Santiago de CompostelaQuimera (mitoloxía)Ano (astronomía)HomeroHermann Heinrich GossenCapitalismoChen Shui-bianKu Klux KlanPaz Lamela VilariñoRiba-roja de TúriaImperio SelxúcidaBlottingDemocraciaPaspallásCoímbraLatitudeJesús Vázquez MartínezMáximo común divisorLlanesFroufe, O IrixoIsabel PerónIslamAmancio López SeijasCaptain Fantastic (filme)Napoleón I de FranciaArvo PärtCopia por contactoO Barco de ValdeorrasNoite de San Xoán (Fonoteca 92)Unión do Povo GalegoSanxenxoColocación do pronome átono en galegoPortomarínBarbitúricosKaty PerryClara AndradaRevolución Rusa de 1917Sevilla Fútbol ClubLista de nomes femininos en galegoJagoba ArrasatePropagandaMaría do Socorro Ortega RomeroIsabel Díaz AyusoCastro CaldelasÑLerma, BurgosFillas de CassandraThe WireRosalía (cantante)Cristiano RonaldoFerrolRobert PattinsonMario Vargas LlosaGoogle ChromeEstrella GaliciaMaría PitaSão PauloFudbalski Klub Crvena ZvezdaConil de la FronteraChile (pemento)Reconquista de VigoSplicingConcellos de GaliciaParlamento de GaliciaAtol Bora BoraDinastía ValoisPrimeira guerra mundialBurocraciaShirley ChisholmVincent van GoghTrahamundaMandioca🡆 More