Separación De Poderes: Distribución das funcións do Estado entre as diferentes institucións deste

A separación de poderes, tamén coñecida coma división dos poderes, é un principio de distribución das distintas funcións do Estado, que se reparten entre as diferentes institucións deste.

A separación de poderes apareceu por primeira vez na antiga Grecia. O obxectivo desta separación é ter institucións estatais que respecten as liberdades fundamentais dos individuos, é un elemento fundamental das democracias representativas actuais.

Separación De Poderes: Historia, Controis sobre a división dos poderes, Notas
Charles de Montesquieu, que creou a teoría separación de poderes, falando dela no seu libro O Espírito das Leis.

A separación de poderes, teorizada principalmente por Locke e Montesquieu, defende a separación dos tres poderes do Estado:

Nalgúns sistemas hai máis división entre os poderes. Ademais dos tres citados antes, poden existir os seguintes:

  • Poder electoral
  • Poder prosecutorio
  • Comisión de servizos civís

A necesidade desta separación apareceu no artigo 16 da Declaración dos dereitos do home e do cidadán, o 26 de agosto de 1789 que afirma (aínda que sen concretar) :

Toda sociedade na que non se garanticen os dereitos das persoas, nin a separación de poderes, non ten nada de constitucional.

Historia

A separación de poderes (ou trias politica, en latín) , foi formulada por Montesquieu, que así mesmo tomou como base a descrición feita por escritores clásicos coma Polibio dos sistemas da república romana ou a democracia ateniense e a Revolución inglesa do século XVII. Montesquieu non foi o único en falar da separación política, xa que outros autores ilustrados, como Jean-Jacques Rousseau, ou como Alexander Hamilton, tamén trataron sobre este concepto.​​​​​ Montesquieu fala do "poder" tanto coma función como coma órgano.

O movemento da Ilustración defende que o Estado debe protexer ao home doutros homes. Para iso, o ser cidadán debe sacrificar a súa liberdade persoal co beneficio de non ser privado do seu dereito á vida, á integridade e á propiedade. Porén, o Estado non garantiza a defensa dos dereitos da persoa. De feito, en numerosas ocasións o Estado protexe, efectivamente, ao home doutros homes, mais non do propio Estado, que podería ter a liberdade de oprimir ao individuo. A separación de poderes tenta evitar iso.

No momento da súa formulación clásica,as funcións estatais consideradas como precisas para a protección do cidadán eran fundamentalmente a de dar as leis, poñelas en práctica e resolver conflitos que o Estado puidera ter. No Antigo Réxime, estas funcións recaían directamente sobre a figura despótica do rei.

Montesquieu especificou que "a independencia do poder xudicial ten que ser real, e non semellante meramente". "O Poder Xudicial foi xeralmente considerado coma o máis importante dos poderes, independente e sen control", e tamén perigoso.

Controis sobre a división dos poderes

Para evitar que unha póla dos poderes se faga suprema e protexer a minoría da maioría, e viceversa, ademais de animar aos órganos do poder a cooperar, os sistemas de goberno que empregan a separación de poderes precisan un xeito de controlar estas tres divisións de poderes. Normalmente, isto é conseguido a través dun sistema de "comprobacións e contrapesos", que ten a súa orixe, ao igual que a teoría do trias politica, en Montesquieu. Isto permite un sistema no que unha das ramas de poder pode limitar a outra. Tanto os gobernos que dividen o poder en dúas como tres ramas aplican os principios da separación de poderes para permitir a cada parte controlar á outra de xeito recíproco.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Separación De Poderes HistoriaSeparación De Poderes Controis sobre a división dos poderesSeparación De Poderes NotasSeparación De Poderes Véxase taménSeparación De Poderes

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MeigaEscudo de GaliciaThe ArtistGalipediaTrofoblastoCessna T-37 TweetLeopoldo RubidoLeitzaJordi PujolGrupo SargadelosHarvey WeinsteinThibaut CourtoisCarles PuigdemontAdrenalinaHelsingin JalkapalloklubiCinema pornográficoPornografíaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoGabriel García MárquezListenbourgFesta dos maiosSegunda guerra mundialSubgrupoBrasilPontellaFrancisco Varela OuroMucha e NuchaXosé FortesDodecágonoPosición do misioneiroJéssica BouzasXestaAlexandre BóvedaCastro de Punta do BicoCamiño de SantiagoRefraneiro galego sobre o mes de maioMarçal MolinéManuel MaríaRamón Otero PedrayoPere Pau Ripollès AlegreVicente RiscoMartín SarmientoRaffaella CarràEscáncerQueiroaDoenza de Paget de mamaYolanda DíazSalvador IllaGheadaÁlvaro Cunqueiro28 de decembroMíster EspañaLista de castelos de PortugalJesús Vázquez AlmuíñaMark WahlbergRevolución dos CaraveisCuba25 de abrilArantzaAdolfo SuárezOs demostrativos galegosSexo analLeymaÁlvaro Porto DapenaRosario Porto OrtegaMáquina comecartosDavid MellaMaruxa MalloParroquias de GaliciaSistema operativoLavanda🡆 More