Resurrección De Xesús: Episodio da vida de Cristo no que resucita tras ser crucificado

A Resurrección de Xesús é o nome dado á fe cristiá de que Xesús de Nazaret retornou á vida o domingo seguinte ao venres na cal el foi crucificado.

É unha doutrina central da fe e da teoloxía cristiá e parte do Credo Niceno: "Resucitou dos mortos ao terceiro día, conforme as Escrituras."

Resurrección De Xesús: Episodio da vida de Cristo no que resucita tras ser crucificado
"Resurrección".1499-1500. Por Perugino.

Segundo o Novo Testamento, ocorreu ao terceiro día de que Xesús fose crucificado, morto e sepulto nunha tumba. O momento preciso da resurrección non se describe, nin aparece como presenciado por ninguén (nin sequera polos soldados que custodiaban o lugar); si a súa consecuencia: as miróforas (tres Marías o santas mulleres) encontran a tumba baleira (nun dos evanxeos, o de Mateu, no medio dun estrondo causado pola chegada dun anxo -nos demais evanxeos tamén aparecen anxos, aínda que noutra actitude-). A partir dese momento menciónanse varias aparicións de Xesús resucitado en diversas ocasións, tanto a María Madalena (Noli me tangere) como aos apóstolos (Tomé, que mostrara a súa incredulidade, é invitado polo propio Xesucristo a meter a man na chaga do costado) e a outros discípulos (aos discípulos de Emaús e a un grupo de máis de cincocentos "irmáns").

A resurrección de Xesucristo celébrase no calendario cristián coa festividade do Domingo de Pascua ou de resurrección. O domingo de resurrección denomínase tamén nos Συναξάριον synaxarion e calendarios litúrxicos da igrexa ortodoxa "domingo das miróforas co nobre Xosé.

Os textos evanxélicos datan o descubrimento da tumba baleira en o primeiro día da semana seguinte á celebración da pascua xudía (que é a festividade que se celebrou na Última Cea). A expresión ao terceiro día, que suscita unha curiosa controversia cronolóxica (menos de corenta e oito horas cóntanse como tres días), é a máis utilizada por recollerse no Credo: resucitou ao terceiro día, segundo as Escrituras; e provén dun fragmento do Evanxeo de Lucas: xa van tres días que sucederon estas cousas (a morte de Xesús)

Notas

Tags:

CristianismoCrucifixión de XesúsXesús de Nazaret

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

StellantisMimosaMiguel Ángel Zabalza BerazaJulio Iglesias RedondoEva MejutoGabriel García MárquezGalería de imaxes de arañas de GaliciaEspañaUcraínaAmaia Martínez GrisaleñaPaís Vasco (rexión histórica)Alberto Núñez FeijóoAlfonso RuedaPili PampínEva Iglesias MiguénsAlcaldes da CoruñaRibadeoRoberto Vidal BolañoBritney SpearsThe HivesCalorXunta de GaliciaEsther EstévezISBNAntónio de Oliveira SalazarEcce HomoCristiano RonaldoDía das Letras GalegasOrdesRepública ChecaManuel FragaAdrenalinaEmilio Pérez TouriñoYolanda CastañoSegunda guerra mundialAsunta Basterra PortoEmilio González AfonsoEmilio Aragón BermúdezJosé Luis Rodríguez ZapateroMar MediterráneoBortziriakIndonesiaImperio BritánicoA chave das nocesOs vellos non deben de namorarseRaposo comúnVilagarcía de ArousaRoberto VerinoPaspallásDavid BeckhamGarbiñe MuguruzaLista de siglas e acrónimosSecretaría Xeral de Política LingüísticaGonzalo LouzaoMoción de confianzaLisboaJuan CorralPHLA-DMMasculino e feminino en galegoAmieiroXeración dos 80BolboretaGeorgia O'KeeffeLista de palabras galegas de orixe celtaAC-456Toniña comúnExaculaciónMaría do Socorro Ortega RomeroBrasil2020Luísa VillaltaSlumdog MillionaireNacho CastañoGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981🡆 More