Credo

O Credo é o conxunto de verdades de fe cristiá definido, segundo as igrexas cristiás, pola tradición apostólica e desenvolvidas nos dous primeiros Concilios Ecuménicos (o Concilio de Nicea en 325 e o Primeiro Concilio de Constantinopla en 381).

Denomínase así polo verbo que o inicia na súa versión latina.

Aceptan este credo a Igrexa Siríaca, a Igrexa Etíope Tewahedo, a Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa Ortodoxa Copta, a Igrexa Apostólica Asiria e a Igrexa Ortodoxa. A Igrexa Católica afastouse destas Igrexas engadindo o filioque. As igrexas protestantes e a Igrexa Anglicana aceptan tamén estes credos na súa formulación pola Igrexa Católica.

Orixe

Dende moi cedo a experiencia de fe foi articulada mediante profesións de fe. As máis antigas teñen que ver co rito do bautismo polo que o catecúmeno recibía o perdón dos pecados e era acollido como membro da igrexa. O catecúmeno era bautizado no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo, o que manifestaba unha profesión de fe trinitaria.

As igrexas de tradición bizantina chamaban a estas profesións de fe symbolon no seu dobre significado de sinal de identidade ou selo de unión e de colección ou sumario.

Nas Igrexas da alta Idade Media tivo especial relevancia o símbolo Quicumque atribuído a Atanasio de Alexandría.

Na Igrexa Ortodoxa o Credo como núcleo da tradición desenvolvida despois polos Pais da Igrexa, xunto coa Eucaristía e a Palabra de Deus (Biblia) é o fundamento da unidade das diferentes igrexas autocéfalas.

Na Igrexa Occidental, Ambrosio de Milán falaba dos doce artigos do credo evocando o alicerce dos doce apóstolos. Tamén este autor fala de símbolo como selo espiritual, meditación do corazón e tesouro da alma.

Co gallo da incorporación nas igrexas occidentais do filioque, isto é, a profesión de fe de que o Espírito Santo procede do Pai e do Fillo e non só do Pai, Roma e Constantinopla arreboláronse recíprocamente anatemas provocando o denominado Gran Cisma que dura ata hoxe.

Contido

O contido profesa a crenza en Deus coma orixe do Universo, na Encarnación e na Resurrección de Xesús de Nazaret identificado como o Cristo (Mesías), no Espírito Santo e na súa acción manifestada no perdón dos pecados e na comuñón dos fieis (Igrexa e comuñón dos santos) así como no Xuízo Final e na Vida Eterna. Aínda que formulado en grego e máis tarde en latín, dende o inicio tivo a súa versión siríaca, copta e armenia. Remata coa palabra hebrea Amén que significa adhesión confiada.

O Credo niceno-constantinopolitano, en resposta ao arianismo céntrase na expresión do misterio da Santa Trindade.

Símbolo dos Apóstolos

Creo en Deus Pai todopoderoso, creador do ceo e maila terra,

creo en Xesuscristo, seu único fillo, noso señor,

que foi concibido por obra e graza do Espírito Santo, naceu de Santa María Virxe,

padeceu baixo o poder de Poncio Pilato, foi crucificado, morto e sepultado,

descendeu aos infernos,

ao terceiro día resucitou de entre os mortos, subiu aos ceos e está sentado á dereita de Deus Pai todopoderoso, dende alí ha de vir a xulgar os vivos e os mortos.

Creo no Espírito Santo, na Santa Igrexa Católica, na comuñón dos santos, o perdón dos pecados, a resurrección da carne, e na vida eterna. Amén

Credo niceno-constantinopolitano

Creo nun só Deus, Pai todopoderoso creador do Ceo e maila Terra, do visible e do invisible.

Creo nun só Señor Xesuscristo, Fillo único de Deus, nado do Pai antes de tódolos séculos: Deus de Deus, Luz de Luz, Deus verdadeiro de Deus Verdadeiro, xerado non creado, da mesma natureza do Pai por quen todo foi feito, que por nós os homes e pola nosa salvación baixou do Ceo

e por obra do Espírito Santo se encarnou de María, a Virxe, e se fixo home;

e pola nosa causa foi crucificado, morto e sepultado,

e resucitou ao terceiro día, segundo as Escrituras,

e subiu ao Ceo e está sentado á dereita do Pai;

e de novo virá con gloria para xulgar os vivos e os mortos e o seu reino non terá fin. Creo no Espírito Santo, señor e vivificante, que procede do Pai e do Fillo, e co Pai e o Fillo recibe unha mesma adoración e gloria e que falou polos profetas.

Creo na Igrexa que é unha, santa, católica e apostólica. Confeso que hai un só bautismo para o perdón dos pecados. Espero a resurrección dos mortos e a vida do mundo futuro. Amén.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ware, Timothy, The Orthodox Church, new edition, 1997
  • Meyendorff, Jonh, Byzantine Theology, 1983
  • Catecismo de la Iglesia Católica, (versión oficial en español), 1992
  • Hans Urs von Balthasar, Credo, meditationem zum Apostolichem Glaubensbekenntnis, 1989

Discografía

  • Credo, Schola Regina (Philippe Nikolov), Olivier Willemin, Jean-Paul Imbert, Pierre Thiollet, Universal Music, 2011

Tags:

Credo OrixeCredo ContidoCredo Véxase taménCredo325381ApóstoloConcilio EcuménicoPrimeiro Concilio de Nicea

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BueuO porco de péXaxún no islamPilar AbellaContactorVento feridoAS-12Auschwitz30 de abrilCanle (enxeñaría)Arnaud Courlet de VregilleWikiXosé Luís Méndez FerrínMúsica tradicional galegaMarta Mariño RegueiroBillardaMiguel Primo de RiveraCicutaEli RíosVacaSuízaFranz LisztRacing Club de FerrolFiat luxLTamara CanosaO Vintecatro, Oeste, CatoiraBaby ReindeerJeremy CorbynIgnacio VarelaEntamoeba coliRigoberta BandiniXHamsterShinovaHans ZimmerFernando Álvarez LamelasTariku NovalesJohann Sebastian BachJorge ArmestoAlberto Núñez FeijóoADP-ribosilaciónAs aves na cultura popular galegaOs violentos de KellyBandeira de GaliciaInfolibreFernando Taboada GuntínSimón BolívarCélula procariotaAsorei, Asorei, Vila de CrucesThe ArtistProfeta Habacuc (Donatello)Hanan PachaA PeroxaIdade MediaDoraemonLista de castelos de PortugalModelo OSIPaporroiboCártamoBala (grupo musical)ArqueasViberTeixoTLista das canles de YouTube máis subscritasSantiago AbascalAmazonArgimiro Marnotes FernándezMercedes MiláPilar de LaraCarballo comúnFútbolA Torre, A Illa de Arousa, A Illa de ArousaA memoria da choivaRimaÁnxel CasalIñaki de Juana ChaosSistema solar🡆 More