Xuízo Final: Evento relixioso

O Xuízo Final ou o Día do Xuízo Final é a denominación relixiosa da fin do mundo, na que toda a humanidade será xulgada polos seus actos.

Xuízo Final: Xudaísmo, Cristianismo, Véxase tamén
Xuízo Final de Michelangelo, na Capela Sistina.

Nas crenzas cristiás é un día no que Deus xulgará todos os seres humanos e creará a nova terra segundo a Apocalipse, a cal será gobernada polo mesmo Deus dende a Nova Xerusalén. Esta crenza inspirou numerosas representacións artísticas.

Xudaísmo

No xudaísmo, a crenza no xuízo final susténtase en varias pasaxes bíblicas (da Biblia hebrea ou Tanakh), coma o relativo ao Val de Josafat (Yehoshaphat, que significa en hebreo "Yahve xulga").

Cristianismo

Xuízo Final: Xudaísmo, Cristianismo, Véxase tamén 
O xuízo final, de Giovanni Bernardino Azzolino, no Colexio da Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos.

Segundo a escatoloxía cristiá, no día do Xuízo Final, tras a segunda vinda de Xesucristo e a resurrección da carne, toda a humanidade será xulgada segundo as súas obras.

Entre os textos neotestamentarios que describen ese momento están o Evanxeo de Mateu (cp. 24 e 25), o Evanxeo de Marcos (cp. 13), o Evanxeo de Lucas (cps. 17 e 21) e a Apocalipse. Sexa ou non o autor deste último texto o mesmo que o do Evanxeo de San Xoán, si parecen estar relacionados ambos os dous no seu interese pola ampliación da concepción escatolóxica propia do cristianismo primitivo: se o Evanxeo de Xoán comeza cun principio no Verbo (o "Logos"), na Apocalipse (20, 7-15) descríbese o Xuízo Final, e a chegada da Nova Xerusalén. Non obstante, a lectura do libro da Apocalipse realizábase orixinariamente como a esperanza dun cristián na caída de Roma e no final da persecución contra os primeiros cristiáns. A súa inclusión nos libros canónicos supuxo o cambio de interpretación, pasando de ser profético a ser tamén alegórico.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Xuízo Final XudaísmoXuízo Final CristianismoXuízo Final Véxase taménXuízo Final

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BreogánEva CárdenasXeración dos 80Roberto Vidal BolañoMaría Jesús MonteroAs aves na cultura popular galegaAvenida da Liberdade (Lisboa)Rosario Porto OrtegaFelaciónSalvador DalíLipoproteína de BraunUniversidade de ManchesterXurxo AyánManuel Curros EnríquezAs Pontes de García RodríguezGaliciaJéssica BouzasBárbara ReyFoca monxeComarcas de GaliciaRaquel AtanesMarcelo CaetanoTeo1928Imperio BritánicoCinema pornográficoLista de nomes masculinos en galegoStellantisDeserto do SáharaMovimento das Forças ArmadasTradescantia fluminensisPonte 25 de AbrilAC-141Xogos floraisMaría Xosé QueizánEstadio Municipal de RiazorLola FloresRosalía de CastroLista de filmes coas maiores recadaciónsCarrizo (paxaro)Os ÁnxelesNeptunoDeportivo da CoruñaAlfonso Basterra CamporroForcareiGuerra civil españolaRevolución dos CaraveisO Pedrouzo, Arca, O PinoMalena AlterioNoelia ReySete Sabios de GreciaDavid SuchetLavandaArxentinaCandela PeñaAgustín Fernández PazSecretaría Xeral de Política LingüísticaHLA-DMFollas novasDiego Rivas RegoFlorentino López CuevillasManuel MurguíaDía das Letras GalegasMoisés Rodríguez PérezEduardo IndaLiteratura infantilMíster EspañaO Barco de ValdeorrasLista de deuses celtasBipartito galegoQuenllaFentoInstagram25 de abrilAndoriña🡆 More