Evanxeo De Xoán: Libro do Novo Testamento

O Evanxeo de Xoán é un libro da Biblia no Novo Testamento que contén a mensaxe de Xesucristo.

O apóstolo Xoán o evanxelista é considerado tradicionalmente como o seu autor.

Evanxeo De Xoán: O Evanxeo de Xoán e o Corpus Xoánico, Data de composición e destinatarios, O autor
San Xoán Evanxelista de Xosé Ferreiro na sancristía de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela

O Evanxeo de Xoán e o Corpus Xoánico

O Evanxeo de Xoán, dentro do conxunto dos Evanxeos, resulta moi distinto aos Sinópticos: Mateu, Lucas e Marcos. Se os sinópticos se constrúen con pezas breves: milagres e parábolas, Xoán opta por relatos moi detallados dos milagres e grandes discursos. No canto dos Evanxeos da Infancia con que comezan Mateu ou Lucas, ábrese cunha reflexión sobre o significado teolóxico que para os cristiáns ten a figura de Xesús de Nazaret. Incluso a cronoloxía da predicación e da paixón de Cristo varían respecto aos sinópticos.

Pola contra, está moito máis achegado dos outros textos que tradicionalmente foron atribuídos ao apóstolo Xoán: as tres cartas e a Apocalipse, tanto pola teoloxía de fondo como polos termos usados. Por iso os estudosos fan unha subdivisión dentro do Novo Testamento e engloban todo este material baixo o nome de Corpus Xoánico.[Cómpre referencia]

Data de composición e destinatarios

Tódolos investigadores coinciden en que é o máis serodio dos Evanxeos, o máis común é situar a súa composición arredor do ano 100.

Tradicionalmente, o lugar de composición era a cidade de Éfeso, situada preto da actual Selçuk, en Turquía. Sen poder precisar este dato, si se pode afirmar, tendo en conta o idioma e as frecuentes explicacións sobre costumes e leis xudeas, que foi composta no contexto dunha comunidade cristiá de orixe grega.

O autor

Evanxeo De Xoán: O Evanxeo de Xoán e o Corpus Xoánico, Data de composición e destinatarios, O autor 
A aguia, símbolo de Xoán o Evanxelista. Mosaico do século VI en San Apolinar en Classe (Rávena)

Tradicionalmente, a súa autoría foi atribuída ao Apóstolo Xoán, así, San Ireneo escribía no século II: "Segundo isto, Xoán, o discípulo de Xesús (...), deu tamén á luz o seu evanxeo cando residía en Éfeso, en Asia". No mesmo senso falarían Policarpo de Esmirna ou Polícrates de Éfeso. Aínda que, hai que ter en conta que estas referencias son sempre de segunda man. Ningún deste autores coñeceu a Xoán, e todos fundamentan as súas palabras sobre o testemuñol doutros.

Ademais, unha serie de datos fan pensar nun proceso de elaboración e, polo tanto, nunha atribución máis complexa:

  • Tendo en conta a data de composición, Xoán tería que ter polo menos 80 anos cando o rematou. Unha idade moi alta para a época.
  • O manexo do grego, idioma orixinal do evanxeo, a profundidade teolóxica e o fondo coñecemento que ten de tódalas escrituras, non parece corresponder co nivel cultural que tería un mariñeiro de Galilea.
  • O texto que conservamos ten dous finais, un en (Xn 20, 30-31) e outro en (Xn 21, 24-25), o que evidenciaría a existencia de, polo menos, dous autores.

Pola contra o texto contén descricións de lugares ou detalles da vida de Xoán e da súa relación con Xesús cunha forte carga autobiográfica. Por exemplo, cando fala do primeiro encontro de Xoán con Xesús: e eles foron e viron onde paraba, eran contra as catro da tarde (Xn 1, 39). O que apontaría a que o outor tivo acceso a unha testemuña directa de Xesús.

O autor podería ser, polo tanto, un discípulo ou un grupo de discípulos de Xoán, que recolleron a predicación e a testemuña do apóstolo e que formaban parte da súa comunidade cristiá. Dentro dese ambiente, nado do liderado do apóstolo e a partir da súa testemuña, elaboraron o Evanxeo.

Estrutura

A principal característica distintiva de Xoán respecto aos outros evanxeos radica en que se elabora a partir con unidades temáticas de gran tamaño.

O autor constrúe o Evanxeo mediante parellas formadas por un milagre máis un discurso. A isto engade un prólogo e remata coa actuación de Xesús e Xerusalén. predicación e paixón, morte e resurección.

Evanxeo De Xoán: O Evanxeo de Xoán e o Corpus Xoánico, Data de composición e destinatarios, O autor 
Fresco das Vodas de Caná (século XIV) no mosteiro de Decani (Kosovo). Trátase do primeiro milagre narrado no Evanxeo de Xoán (2, 1-11)
Capítulos Denominación Contido
1 Prólogo Xesús é o Verbo de Deus
2 Vodas de Caná Milagre da auga convertida en viño
Discurso sobre a "hora" de Xesús
--- Xesús e a Lei Curación do paralítico
Discurso sobre a nova Lei
6 Xesús, Pan de Vida Multiplicación dos pans e os peixes
Discurso do Pan de Vida
--- Xesús, Luz do mundo Curación do cego de nacemento
Discurso da Luz do Mundo
--- Xesús, a Vida Resurreción de Lázaro
Discurso da Vida do Mundo
--- Predicación en Xerusalén Xesús, Bo Pastor
Episodio da adúltera
--- Paixón e morte Apresamento e xuízo no Sanedrín
Ante Pilatos
No pazo de Herodes
Crucifixión e morte
--- Resurrección O sepulcro baleiro
Aparición á Magadalena
Aparicións aos Doce
Primeiro final do Evanxeo
21 Epílogo Derradeira aparición
Misión de Pedro e os Doce
Peche

Edicións en galego

Ao abeiro do Concilio Vaticano II a Igrexa Católica autorizou o emprego de linguas vernáculas na liturxia, facendo necesaria a tradución da Biblia á lingua galega. Deste xeito, a editorial SEPT editou en 1965 a primeira edición dos Evanxeos baixo o título A Palabra de Deus: Os Evanxeos sendo Manuel Espiña Gamallo e Xosé Morente os seus tradutores. En 1980, dentro do proxecto de tradución por enteiro da Biblia, de novo a editorial SEPT, publicou o Novo Testamento en galego, sendo Xosé Fernández Lago o responsable da tradución do Evanxeo de Mateu dende o orixinal grego.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • MATEOS, J e BARRETO, J: El Evangelio de Juan (análisis lingüistico y comentario exegético), Ed. Cristiandad, Madrid, 1982 (2ª ed.)
  • A BIBLIA: Ed. SEPT, Vigo, 1989.
  • SCHNACKENBURG, R.: El Evangelio según San Juan, 4 vol., trad. A. Esteban Lator, Ed. Herder, Barcelona, 1980.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Evanxeo De Xoán O Evanxeo de Xoán e o Corpus XoánicoEvanxeo De Xoán Data de composición e destinatariosEvanxeo De Xoán O autorEvanxeo De Xoán EstruturaEvanxeo De Xoán Edicións en galegoEvanxeo De Xoán NotasEvanxeo De Xoán Véxase taménEvanxeo De XoánBibliaNovo TestamentoXesucristoXoán Evanxelista

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PontellaFrida KahloAsunta Basterra PortoJosé Luis Rodríguez ZapateroClara CampoamorMergullón cristadoAires da miña terraAna Belén FortesMark Lewis JonesGres, Vila de CrucesRefraneiro galego sobre o mes de maioSerés, Serés, CastroverdeFC Ilves (feminino)Pere Pau Ripollès AlegreBipartito galegoNacionalismo galegoCohesiónPanxermanismoSalvador IllaMarmelo (doce)MañónRosario Porto OrtegaCharles DarwinIsaac NewtonLista de castelos de PortugalGabriel García MárquezTarragonaTeixugoRibeiraAltriAs Pontes de García RodríguezVerto2020NarónDiego Rivas RegoGolfiño comúnÁlvaro MorataVicepresidencia do Goberno de EspañaC++Elena CandiaBritney Spearspxhj6Lucie IdloutCarlos CasaresAlexander VórticeFederico Jiménez LosantosBella ciaoManuel Gago MariñoBeteluO Barco de ValdeorrasMáquina comecartosSete Sabios de Grecia28 de decembroXabier DeiveAliança CatalanaToxo arnalPaspallásAC-211Benito KamelasMaría PitaSanta CompañaLista de xentilicios de concellos galegosScarlett JohanssonSangueRebeliom do Inframundo1915PadrónWayback Machine🡆 More