Evanxeos Apócrifos

Os evanxeos apócrifos son escritos redactados e recompilados nos primeiros séculos do cristianismo que recollen ditos e feitos de Xesús de Nazaret, as súas ensinanzas, a natureza de Deus ou as ensinanzas dos Apóstolos e as súas vidas.

Estes escritos non foron recoñecidos pola Igrexa ortodoxa, a Igrexa siríaca, a Igrexa ortodoxa copta, a Igrexa apostólica asiria, a Igrexa apostólica armenia, a Igrexa etíope tewahedo e a Igrexa católica nin polo protestantismo como expresión da fe.

Definición

A palabra apócrifo é unha palabra de orixe grega que significa agochado. Este adxectivo deriva dos escritos manexados polo gnosticismo, cuxos seguidores se concibían a si mesmos como escollidos aos que lles estaba reservado o coñecemento de revelacións misteriosas e ocultas ao común das xentes. Pero referirse aos escritos gnósticos como "apócrifos" é enganoso, posto que non serían considerados como tales polos crentes máis ortodoxos dende o punto de vista doutrinario. Os Pais Gregos usaban o termo como sinónimo de antilegomena (documento disputado), aínda que certos libros canónicos tamén foron disputados, como a Apocalipse de San Xoán. Os expertos usan tamén o termo como sinónimo de pseudografía, termo aplicado a documentos de atribución falsa como o Evanxeo de Pedro, no que un autor anónimo emprega o nome dun apóstolo para titular o seu traballo. A partir do Concilio de Trento a palabra "apócrifo" adquiriu connotacións negativas e tornouse sinónimo de "falso".

Historia

Evanxeos Apócrifos 
Manuscrito do Collectio canonum Sancti Blasii que reproduce o "Decretum Gelasianum". Nel se fixaba a listaxe de libros canónicos da Biblia

As comunidades xudeu-cristiás do primeiro cristianismo manexaron textos en hebreo e arameo. Os ebionitas manexaron os seus propios textos coherentes co monoteísmo radical do xudaísmo. Siria e Exipto foron prolíficas neste tipo de escritos. Neste caso obsérvanse dúas tendencias:

  • A que busca salientar o extraordinario e milagroso, moi do gusto popular.
  • As que conteñen mensaxes crípticas, misteriosas e en clave só accesible para os iniciados, como é o caso dos gnósticos.

Correntes como o dualismo propio do maniqueísmo sumáronse ao gnosticismo no senso de desprezar o carnal e o material e, polo tanto, non buscaban tanto reflectir feitos soamente históricos, senón mensaxes de elevación mística e revelación espiritualista.

O marcionismo, ao establecer o seu propio canon que non aceptaba máis que o Evanxeo de Lucas e algunhas cartas atribuídas a Paulo de Tarso, provocou nas comunidades que se foron aglutinando en torno aos patriarcados incipientes de Alexandría, Xerusalén e Antioquía que se fose realizando unha escolma de textos que se entendía que reflectían a experiencia de fe transmitida polos apóstolos.

O recoñecemento de determinados textos por parte de figuras ás que se recoñeceu especial autoridade (Pais da igrexa) foi tamén un criterio de escolla e depuración. Oríxenes enumera varios libros apócrifos xa no século III. Foi un proceso de decantación que se produciu devagar ata a lista definitiva de Atanasio de Alexandría na que menciona os 27 textos do Novo Testamento.

Posteriormente, o Fragmento Murotariano, unha carta de Inocencio I, e o denominado Decreto Xelasiano pretenden dar un carácter fixo e definitivo ao conxunto de textos canónicos.

Evanxeos

Evanxeos da infancia

A escaseza de información sobre a infancia de Xesús nos evanxeos provocou unha gran demanda sobre os primeiros anos da súa vida entre os primeiros cristiáns. Esta demanda foi satisfeita por diversos textos redactados a partir do século II d.C. Ningún deles foi aceptado no canon bíblico, a pesar do gran número de exemplares sobreviventes que dan idea da súa popularidade.

A maior parte foi baseada no máis antigo dos evanxeos da infancia, o Evanxeo da Infancia de Tiago (tamén chamado Proto-evanxeo de Tiago), no Evanxeo da Infancia de Tomé, e na combinación posterior de ambos no Evanxeo de Pseudo-Mateo (tamén chamado "Evanxeo da Infancia de Mateo" ou "Nacemento de María" e "Infancia do Salvador").

  • Evanxeo da Infancia de Siríaco
  • Historia de Xosé o Carpinteiro
  • Vida de Xoán o Bautista
  • Evanxeo Armenio da Infancia de Xesús

Apócrifos xudeocristiáns

Son evanxeos pertencentes a seitas xudeocristiás que conservaban unha forte relación co xudaísmo, e que mantiñan a Lei mosaica:

  • Evanxeo dos Hebreos, famoso por denominar o Espírito Santo como nai de Xesús.
  • Evanxeo dos Nazarenos
  • Evanxeo dos Ebionitas

Versións rivais dos evanxeos canónicos

Evanxeos Apócrifos 
Pergamiño co Evanxeo de Nicodemo (século IX ou X)

Existiron moitas versións alternativas e editadas doutros evanxeos durante os primeiros anos do cristianismo. Na maior parte das veces o texto afirma ser unha versión máis antiga ou unha versión sen os engadidos ou distraccións feitas polos opoñentes nas versións máis recoñecidas. Os Pais da Igrexa insistían en que eran estas versións rivais as que distorsionaban o texto orixinal, aínda que non todos os estudosos modernos coincidan. É tema de debate se existe ou non algunha versión máis antiga dos evanxeos canónicos. Algúns detalles dos seus contidos só sobreviviron nas referencias que deles facían os que escribían argumentos na súa contra. Por iso non está claro se eran moi distintos entre eles, ou se eran todos eles diferentes obras, ou varios títulos referidos a un mesmo texto.

  • Evanxeo de Marción
  • Evanxeo de Mani, tamén chamado Evanxeo Vivo ou Evanxeo dos Vivos.
  • Evanxeo de Apeles
  • Evanxeo de Bardesanes
  • Evanxeo de Basílides
  • Evanxeo de Cerinto

Apócrifos da Paixón e da Resurrección

Adoitan exculpar a Roma da crucifixión de Xesús:

  • Evanxeo de Pedro
  • Evanxeo de Nicodemo, tamén coñecido como Evanxeo de Pilatos.
  • Aínda que existen tres textos que levan o nome de Bartolomeu, as "Cuestións" e a "Resurrección" poden ser, en realidade, o descoñecido Evanxeo de Bartolomeu.
  • Sentenza de Poncio Pilatos
  • Declaración de Xosé de Arimatea

Apócrifos gnósticos

Na era moderna recuperáronse moitos téxtos gnósticos, especialmente tras o descubrimento da Biblioteca de Nag Hammadi en 1945. Algúns textos expoñen a cosmoloxía esotérica e a ética defendida polos gnósticos. Moitas veces adoptan a forma de diálogos nos que os discípulos preguntan a Xesús e este expón o seu coñecemento esotérico. Hai un texto coñecido como Epístola Apostolorum que é unha polémica contra o esoterismo gnóstico, pero está tamén escrito ao xeito do resto dos textos gnósticos.

Diálogos con Xesús

  • Apócrifo de Tiago
  • Libro de Tomé Adversario
  • Diálogo do Salvador
  • Evanxeo de Xudas, tamén chamado "Evanxeo de Xudas Iscariote".
  • Evanxeo de María, tamén chamado "Evanxeo de María Magdalena".
  • Evanxeo de Felipe
  • Evanxeo Grego dos Exipcios, distinto do Evanxeo Copto dos Exipcios.
  • Sofía de Xesucristo
  • Evanxeo de Tomé, unha visión gnóstica dos supostos milagres da infancia de Xesús, de forma non narrativa, senón como citas, que algúns estudosos consideran dentro dunha tradición da que xurdiron os evanxeos, e que pode servir para facernos unha idea de como sería o teórico Documento Q.

Textos sobre Xesús

Evanxeos Apócrifos 
Manuscrito co Apócrifo de Xoán (século IV) conservado do Museo Copto do Cairo

Textos setianos

Os setianos era un grupo que adoraba ao Seth bíblico, terceiro fillo de Adán e Eva como unha figura mesiánica, sendo Xesús como unha reencarnación de Seth. Produciron varios textos nos que se expuña a súa cosmoloxía esotérica:

  • Apócrifo de Xoán, tamén chamado Evanxeo Secreto de Xoán.
  • Evanxeo Copto dos Exipcios, distinto do Evanxeo Grego dos Exipcios.
  • Apocalipse Copto de Paulo, distinto da Apocalipse de Paulo.
  • Protenoia Trimórfia

Feitos aprócrifos

Os 'Feitos dos Apóstolos' foi un xénero literario no cristianismo primitivo, que contaba a historia do movemento cristián tras a Ascensión de Xesús a través das vidas e obras dos seus Apóstolos, principalmente Pedro, Xoán e Paulo. O texto chamado Feitos dos Apóstolos foi incluído no canon bíblico, sendo a segunda parte dunha obra iniciada co Evanxeo de Lucas.

Entre os apócrifos abundan os feitos sobrenaturais. Segundo a tradición, unha parte deles foron escritos por Leucius Charinus, compañeiro do apóstolo Xoán. Os "Feitos de Tomé" e os "Feitos de Pedro e os doce" son considerados textos gnósticos.

  • Feitos de André
  • Feitos de André e Matías
  • Feitos de Barnabé
  • Feitos de Xoán (150 - 160 d.C.) describe milagres, cita sermóns e é bastante ascético.
  • Feitos de Xoán o Teólogo
  • Feitos dos mártires
  • Feitos de Paulo (c. 160 d.C.) conta a historia dunha moza que fora convertida por Paulo de Tarso abandonando así o noivado.
  • Feitos de Paulo e Trega
  • Feitos de Pedro, que narra as maldades de Simón Mago, a fuga de San Pedro de Roma, a súa volta e crucifixión cabeza para baixo.
  • Feitos de Pedro e André
  • Feitos de Pedro e Paulo
  • Feitos de Pedro e os doce, gnóstico.
  • Feitos de Filipe
  • Feitos de Pilatos
  • Feitos de Tadeo
  • Feitos de Tomé, gnóstico, describe o apóstolo Santo Tomé como un misioneiro na India.
  • Feitos de Xantipe, Polixena e Rebeca
  • Relatos de martirios:
    • Martirio de André
    • Martirio de Bartolomeu
    • Martirio de Mateo

Epístolas

Existen tamén varias epístolas non canónicas dirixidas polos seus autores tanto a individuos concretos como a comunidades eclesiásticas. Algunhas delas foron consideradas importantes pola Igrexa antiga:

  • Epístola de Barnabé
  • I Epístola de Clemente
  • II Epístola de Clemente
  • Epístola dos Corintios a Paulo
  • Epístola de Ignacio aos Esmirniotas
  • Epístola de Ignacio aos Tralios
  • Epístola de Policarpo aos Filipenses
  • Epístola dos Apóstolos
  • Epístola a Diogneto
  • Epístola aos Laodicenses, a nome de Paulo, escrita para materializar a epístola mencionada en Colosenses 4,16.
  • Correspondencia entre Paulo e Séneca
  • Terceira Epístola aos Corintios, aceptada no pasado por algunhas Igrexas.
  • Correspondencia entre Xesús e Abgar, rei de Edesa.
    • Ditos de Xesús ao rei Abgar
    • Epístola de Xesús ao rei Abgar
    • Epístola do rei Abgar a Xesús
  • Correspondencia de Poncio Pilatos:
    • Epístola de Poncio Pilatos a Herodes
    • Epístola de Poncio Pilatos ao Emperador

Apocalipses apócrifos

Evanxeos Apócrifos 
Ilustración dun manuscrito da Apocalipse de Paulo (século XII)
    Artigo principal: Literatura apocalíptica.

Diversas obras describen visións escatolóxicas, discutindo o futuro, a vida despois da morte, a fin do mundo etc:

  • Apocalipse da Virxe
  • Apocalipse de Paulo, distinto da Apocalipse Copto de Paulo.
  • Apocalipse de Pedro, diferente da Apocalipse Gnóstico de Pedro.
  • Apocalipse de Pseudo-Metodio
  • Apocalipse de Tomé, tamén chamado "Revelación de Tomé".
  • Apocalipse de Estevo, tamén chamado "Revelación de Estevo".
  • Consumación de Tomé
  • Primeiro Apocalipse de Tiago
  • Segundo Apocalipse de Tiago
  • Vinganza do Salvador
  • Visión de Paulo

Destino de María

Moitos textos son descricións dos eventos que rodearon o destino da María (a nai de Xesús):

  • O Descenso de María
  • Pasaxe da Benaventurada Virxe María
  • Xuízo de Poncio Pilatos, libro de Xoán, o Teólogo, sobre a Asunción da Virxe María

Outros textos

  • Caverna dos Tesouros, tamén chamado de "O Tesouro".
  • Constitucións Apostólicas, regras da Igrexa que foron supostamente deixadas polos apóstolos.
    • Canons dos Apóstolos, último capítulo das Constitucións Apostólicas, que tivo unha ampla circulación independente.
  • Didaqué, posibelmente o primeiro catecismo escrito.
  • Discurso de Domingos
  • Literatura Clementina
  • Libro de Nepos
  • Liturxia de Santiago
  • Morte de Poncio Pilato
  • Evanxeo da Natividade de María
  • Penitencia de Oríxenes
  • Prez do apóstolo Paulo
  • Retrato de Xesús
  • Retrato do Salvador
  • Sentenzas de Sexto
  • Physiologus

Fragmentos

Ademais das obras apócrifas coñecidas, existen tamén algúns pequenos anacos de obras que nos son descoñecidas no seu formato completo. Algúns dos máis importantes son:

  • O Evanxeo descoñecido de Berlín, tamén chamado "Evanxeo do Salvador".
  • O Fragmento Naaseno
  • O Fragmento Fayyum
  • O Evanxeo secreto de Marcos
  • Os Evanxeos de Oxirrinco
  • O Evanxeo de Egerton

Obras perdidas

Existen diversos textos mencionados en moitas fontes antigas e que foron considerados dende a ortodoxia da época como apócrifos, aínda que non chegaron ata nós:

  • Evanxeo de Eva, citado por Epifanio.
  • Evanxeo dos catro reinos celestes
  • Evanxeo de Matías, probablemente diferente do Evanxeo de Mateus.
  • Evanxeo da Perfección, utilizado polos seguidores de Basílides e outros gnósticos.
  • Evanxeo dos Setenta
  • Evanxeo de Tadeo, que pode ser o mesmo que o Evanxeo de Xudas, nunha confusión entre Xudas Iscariote e Xudas Tadeo.
  • Evanxeo dos Doce
  • Memoria Apostolorum

Ortodoxia

    Artigos principais: Ortodoxia doctrinaria e Ortodoxia.

Aínda que moitos libros citados aquí son considerados heréticos, outras obras non son consideradas particularmente heréticas no contido, e son en realidade aceptadas como libros de importante valor espiritual. Non son, a pesar diso, considerados canónicos.

  • As Epístolas de Clemente: I Clemente e II Clemente
  • Pastor de Hermas
  • Didaqué
  • Epístola de Barna
  • Apocalipse de Pedro
  • Proto-Evanxeo de Tiago
  • Terceira Epístola aos Corintios

Entre os historiados do cristianismo primitivo, estes libros teñen un valor incalculable, especialmente os que case entraron no canon final, como o Pastor de Hermas. Bart Ehrman, por exemplo, di:

Os vitoriosos nas disputas para establecer a ortodoxia cristiá non só gañaron as súas batallas teolóxicas, senón que tamén reescribiron a historia do conflito. Os líderes posteriores naturalmente asumiron que os puntos de vista vitoriosos foran aceptados pola maioría dos cristiáns dende o inicio... A práctica da falsificación cristiá ten unha longa e dilatada historia... o debate durou más de trescentos anos... mesmo dentro dos círculos "ortodoxos" había un considerable debate sobre que libros deberían ser incluídos no canon.
 
— Barth Ehrman, Lost Christianities

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ehrman, B.D. Misquoting Jesus: The story behind to changed tha bible and why. HarperCollins, 2005. ISBN 978-0-06-0731817-4
  • Piñero, A. Apócrifos del Antiguo y Nuevo Testamento. Alianza Editorial, 2010. ISBN 978-84-206-1911-3.
  • Santos Otero, A. Los Evangelios Apócrifos. BAC, 2004 ISBN 84-7914-504-8
  • Los Evangelios Apócrifos, Tradución, introdución crítica e notas de González Blanco, E. Biblioteca de Bolsillo. Imprenta Sáez Hermanos, Madrid.

Tags:

Evanxeos Apócrifos DefiniciónEvanxeos Apócrifos HistoriaEvanxeos Apócrifos EvanxeosEvanxeos Apócrifos Apócrifos gnósticosEvanxeos Apócrifos EpístolasEvanxeos Apócrifos Apocalipses apócrifosEvanxeos Apócrifos Destino de MaríaEvanxeos Apócrifos Outros textosEvanxeos Apócrifos FragmentosEvanxeos Apócrifos Obras perdidasEvanxeos Apócrifos OrtodoxiaEvanxeos Apócrifos NotasEvanxeos Apócrifos Véxase taménEvanxeos ApócrifosApóstoloCristianismoDeusIgrexa apostólica armeniaIgrexa católicaIgrexa etíope tewahedoIgrexa ortodoxaIgrexa ortodoxa coptaIgrexa ortodoxa siríacaProtestantismoXesús de Nazaret

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Asemblea Xeral de IowaÁcido heptatriacontanoicoTom HanksHesperornithesPolpa dentariaAtaque de denegación de servizoPobo uigurÁcido isovaléricoÁcido caprílicoDonicelaUapitíSan Martiño, FranciaÁcido dotriacontanoicoTeixido, CedeiraUral AirlinesGaravanzoCorallium rubrumHaile GebrselassieSexo analLogroñoKeanu ReevesLista de episodios de DoraemonLesotoChamaeleo chamaeleonFauna de GaliciaSt. LouisMachu PicchuChadGrafenoColectivizaciónSangueEtiopíaTimothée ChalametAntigo ExiptoReconquista de VigoXosé Ramón GayosoTelomeraseXXX edición dos Premios GoyaDacota do NorteJohn Horton ConwayBrasilLeicesterJosé Manuel LageMesodermaSegunda República EspañolaPresidente de SomaliaSionismoMarineraLinguas románicasGalloanseraeLingua inglesaXamaicaDodecágonoTranslocase da membrana internaEdward R. MurrowPorto, PortugalFoca comúnGran Premio do Brasil de 2018Bacillus thuringiensisMediana (xeometría)CobaiaLeirón rabudoLevantamento Kerenskii-KrasnovApodiformesBenito KamelasBacaladaPonte das PíasCervo virxinianoCoelloMullerOviedoEdimburgoEster ExpósitoHistoria AugustaRafael NadalOscar RobertsonSelena🡆 More