Ra Vermella

A ra vermella ou ra do monte (Rana temporaria) é unha especie de anfibio anuro da familia dos ránidos (Ranidae).

Ra vermella
(Rana temporaria)
Ra Vermella
Rana temporaria
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Ranidae
Xénero: Rana
Especie: R. temporaria
Nome binomial
Rana temporaria
Linnaeus, 1758
Subspecies
  • R. t. temporaria
  • R. t. honnorati
  • R. t. parvipalmata

É común en Europa e o noroeste de Asia. Vive en lugares húmidos e pasa gran parte da súa vida adulta na terra, volvendo á auga só para agocharse cando a atacan e para reproducirse.

As ras vermellas reprodúcense en primavera. Os machos chaman ás femias cun particular croar, parecido a un gruñido e tras o apareamento as femias poñen grupos flotantes de milleiros de ovos.

Características

É a máis típica das ras pardas, aínda que a morfoloxía das poboacións galegas pode afastarse bastante da do resto das poboacións ibéricas e euoroasiáticas da especie. É máis grande, grosa e robusta que a Rana iberica, aínda que nas bisbarras galegas de baixa altitude pode ser relativamente pequena.

Os machos miden entre os 33 e os 55 mm de lonxitude de cabeza e tronco, e pesan entre os 4 e os 17 g. Cómpre destacar que os exemplares adultos de 33 mm e 4 g, achados en poboacións que viven na provincia da Coruña, son os máis pequenos coñecidos para esta especie. As femias son maiores, de 45 a 65 mm de lonxitude e de 6 a 30 g de peso (nas montañas orientais de Lugo e Ourense algúns individuos alcanzan os 90 mm).

A cor dorsal é, en xeral, máis clara e menos variábel que na ra patilonga, predominando as tonalidades amareladas, alaranxadas, avermelladas, ocráceas ou pardas. Os machos poden ser agrisados (até nun 30 % dos casos nalgunhas poboacións). Xeralmente teñen algunhas manchas escuras sobre o dorso, e un barrado ou punteado nas extremidades.

Poden mimetizarse, aclarándose ou escurecéndose para pasaren inadvertidas. E non é descoñecida a aparición de infrecuentes coloracións, tanto negras como vermellas, e volverse azuis na época de apareamento. Así mesmo, coñécense individuos albinos, coa pel amarela e os ollos vermellos.

En Galicia

Ra Vermella 
Distribución da ra vermella.

Ben espallada polo centro e o norte das provincias da Coruña e Lugo, onde se pode encontrar nun amplo rango de altitudes, chagando até o nivel do mar; máis ao sur queda restrinxida ás serras, por riba dos 400–500 m de altitude en Pontevedra, acadando os 1 700 m nos Ancares e no Courel e os 1 900 m en Pena Trevinca, Ourense (nos Pireneos supera os 2 500 m).

As poboacións galegas pertencen á subespecie Rana temporaria parvipalmata (Seoane, 1855), de tamaño pequeno ou moi pequeno en relación coa subespecie tipo R. t. temporaria, cor frecuentemente avermellada con manchas negras pouco abundantes e o palmado interdixital moi reducido (de onde vén o nome da subespecie). En Galicia, as poboacións das serras acadan un tamaño moito maior que as das terras baixas; as do leste de Lugo (Ancares) son moi semellantes na súa morfoloxía ás ras vermellas doutras zonas de cordilleira Cantábrica, polo que quizais poderían pertencer á subespecie típica, R. t. temporaria Linnaeus, 1758.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Andrada, Javier (1980): Guía de campo de los anfibios y reptiles de la península Ibérica. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0589-2.
  • Arnold. E. N. e J. A. Burton (1878): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0488-8.
  • Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-772-6.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Ra Vermella CaracterísticasRa Vermella En GaliciaRa Vermella NotasRa Vermella Véxase taménRa VermellaAnfibioAnuroEspecieFamilia (bioloxía)Ránidos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

KEva Iglesias MiguénsJosito PortoXXX edición dos Premios GoyaArmando RequeixoZeca AfonsoSistema solarSátrapaMurciaToledoLingua galegaPilar Vázquez CuestaPaleolíticoMoinante26 de abrilRío MiñoJosé Antonio Primo de RiveraCarl Theodor DreyerRafael NadalFrancisco PazosDomingo García-SabellLugares de ArteixoLista de presidentes da República PortuguesaAgulla (peixe)Antolín FaraldoÁureoGrupo EroskiPaís VascoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoMarraxoMartiño de DumioBPripyatDavid PerdomoXosé Luís Méndez FerrínVigoISBNSabugueiroMaría a BalteiraAcademia Chinesa de CienciasZarracós, A MercaPablo ArangüenaSimón BolívarIrúnMario CaneiroRepública ChecaReal Sociedad de FútbolRicardo Varela SánchezMariano RajoyAgustín Fernández PazJosé Luís Valladares FernándezMediaWikiRafael LouzánManuel FragaGalernaLista de cidades de IsraelFascismoAraitzLobernoMoisés Rodríguez PérezPoloniaRevolución dos CaraveisThibaut CourtoisLoureiroMaría do Socorro Ortega RomeroTeresa García-SabellDios ke te crewJuan Carlos Rodríguez CebriánDe NinghuresManuel LourenzoEva GonzálezÁrbores senlleiras de GaliciaManuel AntonioRoberto VerinoMuralla de LugoElena Candia🡆 More