Rāmāyaṇa

O Rāmāyaṇa (en escritura devanágari : रामायण), é dicir en sánscrito A viaxe de Rāma, é a máis breve das dúas epopeas mitolóxicas en lingua sánscrita, compostas entre os séculos -III e III.

Consta de sete libros e de 24000 dísticos (48000 versos). O Râmâyana é, como o Mahābhārata, un dos escritos fundamentais do hinduísmo e da mitoloxía hindú. O poema atribúese tradicionalmente ao ermitán lendario Valmiki (ao que chaman Adi kavi, o Primeiro poeta), que aparece como personaxe no primeiro e no último libro, que se consideran de composición máis recente cós outros. A épica é parte da itihasa (ou "historia") hindú.

Rāmāyaṇa
Rāmāyaṇa
Autor/aVālmīki
LinguaLingua sánscrita
Xénero(s)Epopea
editar datos en Wikidata ]
Rāmāyaṇa
O exército dos monos do Râmâyana, relevo khmer do Prasat Hin Phimai (Tailandia, provincia de Nakhon Ratchasima)

Orixes e contido

O Rāmāyaṇa comeza tras o nacemento de Rāma pola súplica da Terra devastada que, en forma dunha vaca, se dirixe a Vishnu e lle lembra a súa responsabilidade.

O Rāmāyaṇa conta o nacemento e educación do príncipe Rāma que é o sétimo avatar do deus Vishnu, a conquista de Sîtâ e a súa unión con ela. A obra conta tamén o exilio de Rāma, o rapto de Sîtâ, a súa liberación e a volta de Rāma ao trono.

Cando o apartan do trono de seu pai (do cal é o herdeiro lexítimo), Rāma exíliase en Ayodhya, acompañado por Sîtâ e o seu irmán Lakshmana. Logo o demo Râvana rapta a Sîtâ e mantena prisioneira en Lankâ (que se identifica coa illa de Sri Lanka, pero que algúns autores como Louis Frédéric sitúan sobre unha do grupo das sete illas – se cadra a Heptanesia de Tolomeo – que están na orixe da cidade de Mumbai). Tras unha busca longa e penosa, Rāma libéraa coa axuda de Hanuman, xeneral do exército dos monos. Râvana morre a mans de Rāma, que recupera logo o seu trono e goberna o seu reino con grande sabedoría.

Na parte que constitúe probabelmente un engadido posterior, Sîtâ é acusada polo rumor público de ter cometido adulterio durante a súa catividade. Malia ser inocente, deixa a Rāma levando o seu fillo canda ela e acóllea o ermitán Valmiki (personaxe que a tradición identifica como o autor do Rāmāyaṇa). Tras varios anos, esta inxustiza resulta reparada, Sîtâ volve con Rāma.

Rāmāyaṇa 
Edición do Ramayana en lingua árabe, finais do século XVI.

O Râmâyana comprende sete libros:

  1. Bala Kanda' ou o Libro da Xuventude.
  2. Ayodhya Kanda ou o Libro de Ayodhya.
  3. Aranya Kanda ou o Libro do Bosque.
  4. Kishkindha Kanda ou o Libro de Kishkindha (o reino dos monos).
  5. Sundara Kanda ou o Libro de Sundara (outro nome de Hanuman).
  6. Yuddha Lanka Kanda ou a Batalla de Lanka.
  7. Uttara Kanda ou o Libro do Alén.

Lectura crítica

O Rāmāyaṇa contén numerosos relatos védicos pero non é exclusivamente relixioso. Contén en efecto relatos lendarios, míticos ou cosmogónicos (formación da Terra segundo os brahmáns). A súa recitación ten valor de devoción na relixión brahmánica e algunha das súas escenas aparecen no teatro bailado da India meridional chamado kathakali.

Fica aínda moi popular, son só na India actual, senón tamén en Indonesia, e a súa historia é moi coñecida no resto da Asia suroriental (Camboxa, Tailandia, Malaisia, Myanmar, Laos...) grazas ás numerosas traducións ás linguas vernáculas e ás recensións, das cales a máis famosa é do poeta indio Tulsi Das que data do século XVI.

  • A súa versión khmer é o Rāmakerti ("gloria de Rama").
  • A súa versión tailandesa é o Ramakien.
  • A súa versión laosiana é o Phralam Phralak.
  • A súa versión malaia é o Hikayat Seri Rama.

Adaptacións e reescrituras

O escritor e xornalista indio Ashok K. Banker fixo unha reescritura do Ramayana na forma dunha serie de novelas do xénero fantástico en sete tomos, O Ramayana.

No campo da animación asiática, o Rāmāyaṇa foi obxecto dunha adaptación en longametraxe de animación indo-xaponesa, Ramayana: The Legend of Prince Rama, realizada por Yugo Sako e Ram Mohan e saída en 1992. En 2005 sae unha nova adaptación en animación, desta vez americana: Sita Sings the Blues, realizada por Nina Paley, que ten merecido varias distincións.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Rāmāyaṇa Orixes e contidoRāmāyaṇa Lectura críticaRāmāyaṇa Adaptacións e reescriturasRāmāyaṇa NotasRāmāyaṇa Véxase taménRāmāyaṇa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bieito (nome)SilledaDos arquivos do trasnoFragas do EumeAna Belén FortesLingua galegaIndonesiaQNee BarrosDominio públicoFrancisco Castro VelosoJesús Hidalgo BermejoCascudaSokramAngelina MangoLeón, EspañaGalego-portuguésPep GuardiolaVoyager 1Asalto do bou EvaMeg RyanAna Rosa QuintanaLabregos do tempo dos SputniksOllos de augaSistema operativoProsobranquiosInditexDavid VillaBoyanka Kostova (grupo musical)Parlamento de GaliciaCopia por contactoMahatma GandhiHelsingin JalkapalloklubiSalvador IllaAlberto Núñez FeijóoSonia MéndezLista de nomes masculinos en galegoNormativa oficial do galegoSegunda guerra mundialAda LovelaceTeoOs vellos non deben de namorarseYolanda CastañoPrimeira división española de fútbolTECOR societarioMaría do Socorro Ortega RomeroNuno García PicoHistoria de EspañaYolanda DíazFelix MendelssohnElvira Fernández BalboaXela AriasCentro público integradoAP-9Miki NadalTaylor SwiftOvo (alimento)Literatura galegaAquí no hay quien vivaContactMorañaFingeringAsturiasQueiroaFerroArceMiguel Ángel MuñozNaguib MahfuzKendji GiracPoesíaTorre de HérculesJulio IglesiasTrevo brancoArco (arquitectura)🡆 More