Río Támese

O río Támese ou río Támesis (en inglés Thames, pronunciado /temz/) é un río de Inglaterra que conecta Londres co mar.

Hoxe en día é o río máis importante de Inglaterra e a principal fonte de abastecemento de auga de Londres.

Thames (en inglés)
Támese (en galego)
Támesis (en galego)
Río Támese
PaísReino Unido
NacementoThames Head
Altitude110 m
Lonxitude346 km
Conca12.935
Caudal medio65.8
DesembocaduraMar do Norte
Altitude desembocadura0 m
Río Támese
Curso do Támese
Río Támese
O río Támese ao paso por Londres.

Etimoloxía

O nome do río é prerromano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura" que aparece en numerosos hidrónimos galegos: Tamuxe, Tambre, Támoga, Támega., Tameiga en Mos.

Curso

As fontes do Támese atópanse preto da localidade de Kemble; segue logo ata Oxford, Wallingford, Reading, Henley-on-Thames, Marlow, Maidenhead, Eton, Windsor e Londres. O Támese ten unha lonxitude de 346 quilómetros e desemboca no Mar do Norte.[Cómpre referencia]

Historia

Durante o Plistoceno, o primitivo río Támese fluía dende Gales ata Clancton-on-Sea, percorrendo o que na actualidade é o Mar do Norte para rematar sendo un afluente do Rin. Este curso bloqueouse por unha masa de xeo durante a Idade do xeo. O río desviouse ata tomar o seu curso actual, chegando ata a que hoxe é a cidade de Londres.[Cómpre referencia]

Río Támese 
O Támese xeado (1677).

Durante os séculos XVI e XVII, o río foi un dos principais medios de transporte entre Londres e Westminster. Durante os séculos XVII e XVIII, o río conxelouse en diversas ocasións. Dende entón, o Támese non se volveu a conxelar totalmente. A construción dunha nova ponte de Londres, con menos alicerces cá antiga, permite que o río flúa con máis facilidade, evitaron que a corrente sexa demasiado lenta, o que permitiría a conxelación das augas.[Cómpre referencia]

A partir do século XIX o río comezou a contaminarse. A finais dese século e ata mediados do século XX, realizouse unha limpeza masiva do Támese. Na actualidade é un dos ríos máis limpos dos que flúen a través dunha gran cidade.[Cómpre referencia]

Río Támese 

A regata Oxford-Cambridge

O Támese é o escenario dunha das carreiras máis populares do Reino Unido: a regata Oxford-Cambridge, que enfronta cada ano aos remeiros das universidades de Oxford e Cambridge.[Cómpre referencia]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Río Támese EtimoloxíaRío Támese CursoRío Támese HistoriaRío Támese A regata Oxford-CambridgeRío Támese NotasRío Támese Véxase taménRío TámeseInglaterraLingua inglesaLondres

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Número piElectrónicaCanle (comunicación)Os demostrativos galegosCela 211WikipediaVladimir PutinIlla de SálvoraBetanzosElvira RiveiroEmma CouceiroShōgunValenciaReino de GaliciaRaquel AtanesComarcas de GaliciaDiego VillaresMeg RyanAfonso X o SabioDelfínGala Murguía de CastroArco (arquitectura)Otelo Saraiva de CarvalhoDodroIsabel RiscoSilledaDiáspora galegaLalínCatedral de OurenseFillas de CassandraLola ÍndigoCharles DarwinApioSanta CompañaXunta de GaliciaBugalloHistoria de ArmeniaPortadaGame Boy Advance SPClub Deportivo ArenteiroMasturbaciónÁreas lingüísticas do galegoEllen DeGeneresCirrio comúnCarballoGalego-portuguésMaría Jesús MonteroCharo LopesHidacioChantadaJoan Manuel SerratPosición do canAmador Víctor GonzálezRocío LeiraAustraliaOs posesivos galegosMiss Vaca (certame)Wikipedia en igalaArceListenbourgDeus, porque es tan fato!FerroDaniel Castro GarcíaNino BravoVox populiAdolf HitlerDeadmau5Renfe OperadoraOcéano ÍndicoGoretti SanmartínFerrolPavillón Multiúsos Fontes do SarMatriz cadradaGoogle🡆 More