Ponte De Brooklyn

73°59′47″O / 40.705666666667, -73.996333333333

A Ponte de Brooklyn (oficialmente, en inglés, New York and Brooklyn Bridge, "Ponte de Nova York e do Brooklyn") é unha ponte na cidade de Nova York, unha das máis antigas pontes pénsiles nos Estados Unidos, cunha lonxitude de 1.834 metros, e sitúase sobre o río East, ligando os distritos (boroughs) de Manhattan e Brooklyn.

Ponte de Brooklyn
Ponte De Brooklyn
Localización
RíoEast River
CidadeNova York (ManhattanBrooklyn)
Características
Construción1883 (aberta ao público)
Lonxitude1825 m. (486 m. de van)
Ancho26 metros
TipoPénsil ou colgante
MaterialPedra (piares) e aceiro (taboleiro)

Cando foi finalizada era a maior ponte colgante ou de suspensión do mundo, e a primeira na que se empregaron cabos. Foi a primeira ponte de aceiro suspensa do mundo e as súas inmensas torres de soporte convertéronse nas estruturas máis altas de toda a cidade de Nova York.

Historia

A construción comezou en 1869. A ponte de Brooklyn ficou completa catorce anos despois, e foi aberta para os cidadáns o 24 de maio de 1883. O primeiro día, un total de 1.800 vehículos e 150.300 persoas a atravesaron. A construción da ponte custou 188 millóns de dólares e aproximadamente 27 persoas morreron durante os traballos.

Ponte De Brooklyn 
Impresión da Currier and Ives (1083).

Cando foi concluída, era a maior ponte por suspensión do mundo - 50% maior que a construción anterior - e converteuse nunha gran ponte de referencia turística. Adicionalmente, durante varios anos as torres foron as maiores esculturas dos Estados Unidos.

A ponte foi deseñada polo arquitecto John Augustus Roebling en Trenton, Nova Jersey. Roebling e a súa empresa construíran pequenas pontes suspensas, como a John A. Roebling Suspension Bridge en Cincinnati, Ohio e a Waco Suspension Bridge en Waca, Texas, estas serviran coma prototipos de enxeñaría para o deseño final.

Cando a construción comezou, o pé de Roebling sufriu unha seria lesión nun accidente, e nunhas poucas semanas morreu de tétano. Cando a ponte foi aberta, a esposa de seu fillo Washington, Emily Warren Roebling, foi a primeira persoa en atravesar; Washington non conseguiu saír da súa casa, por mor á depresión que sufría naquel momento, e asistiu a construción a través dun telescopio.

Na época na que a ponte foi construída, o sistema aerodinámico da ponte non estaba ben estudado e desenvolvido. Roebling deseñou unha ponte que foi seis veces máis forte e resistente.

O primeiro de marzo de 1994 o libanés Rasid Bazil abriu fogo nun coche cargado de xudeus ortodoxos, membros da Lubavitch. Baz foi acusado de asasinato e sentenciado a 141 anos na cadea. Nun principio a acción non foi clasificada como un atentado terrorista, pero máis tarde, o FBI clasificouna como tal. A pista de acceso á ponte no lado de Manhattan foi chamada de Ari Halberstam Memorial Ramp, en honra á vítima.

En 2003, un home chamado Iyman Faris foi condenado a vinte anos no cárcere por fornecer información a Al-Qaida, despois de se descubrir unha trama para facer caer a ponte de Brooklyn cortando os seus cabos metálicos con sopretes.


Ponte De Brooklyn 

A ponte de Brooklyn e o centro financeiro de Manhattan, Nova York, EUA.


Véxase tamén

Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Baby ReindeerSantiago de CompostelaGoretti SanmartínBilbaoCristina Pérez HerraizCanle (enxeñaría)Basketball Champions LeaguePaporroiboXHamsterViberFachada do ObradoiroBorder CollieBugalloO divino saineteCanle (comunicación)O Pedrouzo, Arca, O PinoA GuardaZarracós, A MercaMaría CastroCélula pancreática acinarXosé Manuel PiñeiroEspazo Común GaleguistaSonia MéndezSalgueiroEstudanteRubén BarajaPonteareasCártamoVacalouraPosición do misioneiro invertidaCarlos MoyáSam WorthingtonMaría RozasSimón BolívarPeter FondaCódice CalixtinoSandra Vázquez DomínguezRigoberta BandiniMasturbación coas mamasVilalbaXosé Luís Méndez FerrínEscáncerTorre EiffelRianxoContactCidade Vella da CoruñaClaudia SheinbaumAC-960Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingAlfonso Basterra CamporroTereixa NavazaMediaWikiAstorgaMónica González CondeBoiroSantiago RomayMaría Antonieta de AustriaBala (grupo musical)A Torre, A Illa de Arousa, A Illa de ArousaCastaneaFragas do EumeOsiris (deus)Jorge LorenzoLiigaA PeroxaManuel RomayJohn TurturroRimaRío MiñoLugoManu ChaoPanteón de Galegos IlustresNicole KidmanPoloniaA CoruñaPrimeira cruzada🡆 More