Historia De Nova York

A historia da cidade de Nova York esténdese sobre varios séculos e comeza antes da chegada dos primeiros colonos no que é agora Manhattan, coa ocupación polas poboacións amerindias.

Os pasos que levan Nova York á súa configuración actual, unha división en cinco distritos, Manhattan, Queens, Brooklyn, o Bronx e Staten Island, son do fin do século XIX e a primeira metade do século XX. Antes, a cidade tivo numerosas crises, é foi o teatro de diversos conflitos, pero consegue non obstante mellorar progresivamente a súa importancia, no punto de constituír hoxe a maior cidade dos Estados Unidos de América e unha das metrópoles máis importantes e máis dinámicas do mundo, tanto pola súa demografía como tamén por ser centro de decisión de primeiro nivel e capital mundial da banca e da Bolsa.

Colonia holandesa : Nova Ámsterdan

Historia De Nova York 
Primeira poxa de escravos, 1655, por Howard Pyle.

A cidade de Nova York ten os seus inicios cando os holandeses elixen a illa de Manados, Manahata, Manahtoes ou Manhattos (Manhattan), que de todas estas maneiras era coñecida polos indios da rexión, como lugar para a capital da súa colonia de Nova Holanda .

O primeiro paso era a construción dun forte. Lévano a cabo en 1624, na punta meridional da illa, e chámanlle Fort Amsterdam. Naturalmente, o poboamento que medrou ao seu carón recibiu o nome de Nova Ámsterdan (Nieuw Amsterdam). Corría o ano 1626. .

Nova Ámsterdan foi deseñada segundo o modelo da súa metrópole europea, con peirao no río do leste (East River), e canais. Tamén había muíños de vento e unha rúa máis ancha (Broadway) que levaba do forte ao norte da illa saíndo fóra da muralla (Wall Street) . Así era a cidade cando foi traspasada ao poder dos ingleses en 1664 ,.

Colonia inglesa

Inmediatamente despois de conquistada, os ingleses renoméana New York polo duque homónimo. A cidade esténdese cara ao norte superando a muralla, que é derrubada.

Así se mantén sen grandes cambios ata a revolución e independencia dos Estados Unidos de América, dos que foi capital por un breve tempo .

O gran plan de 1811

Historia De Nova York 
Nova York en 1848

Coa expansión da fronteira cara ao oeste e a apertura do canal do Erie que abría a rexión dos Grandes Lagos en 1825, a chegada de inmigrantes vai ser progresivamente maior no século XIX, sendo a cidade o principal porto de arribada. O crecemento será espectacular. Para isto, prepárase un plano de expansión, visionario segundo algúns, pero que marcará definitivamente a forma da cidade: trátase do plan de 1807-11, unha retícula superposta á illa de Manhattan conformada por once avenidas na dirección norte-sur e máis de 15O rúas (street) que corren de leste a oeste . Nel, apúntase xa a idea da reserva dun espazo aberto no centro da malla que se converterá co tempo no famoso Central Park (1853-71) .

Unión dos cinco boroughs: Gran Nova York (1898)

Historia De Nova York 
Nova York desde o edificio Empire State

Dende a súa chegada, os holandeses fixeron outras fundacións ademais de Nova Ámsterdan (vg. Brookland, o actual Brooklyn), de tal maneira que para a metade do XIX os arredores da illa de Manhattan estaban xa moi poboados. Fíxose necesario a súa unión mediante pontes. Foi así como comezou a construción da Ponte de Brooklyn (1870-1883), verdadeira obra colosal na súa época (a maior ponte colgante do mundo), sendo alcalde William M. Tweed. Esa unión arrastrou consigo a administrativa e no 1898 creouse o Gran Nova York pola inclusión dos coñecidos cinco barrios (boroughs): Manhattan, Brooklyn e Queens en Long Island á outra beira do East River, Bronx no continente ao norte tras o pequeno Harlem River e Staten Island ao sur da baía . A cidade era xa unha puxante metrópole de tres millóns e medio de habitantes. De seguido comezou a construción de máis pontes que uniran as súas partes (Williamsburg en 1903, Manhattan e Queensboro en 1909) .

Aínda que a cidade na que apareceu o rañaceos contra 1880 como tipoloxía arquitectónica sexa Chicago, Nova York é sen dúbida a "cidade dos rañaceos". De seguido construíronse na cidade, un tras outro, os edificios máis altos do mundo. A década gloriosa para o tipo foi a dos trinta coa icona por antonomasia de todos eles, o Empire State Building.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • (en francés) François Weil, Histoire de New York, París, editor Fayard, 2005, ISBN 2-213-61856-9. Síntese polo director do Centro de estudos norte-americanos (CNRS-EHESS).
  • (en inglés)| Eric Homberger, The Historical Atlas of New York City' (a visual celebration of 400 years of New York City's History), editor Owl Books, 2005, ISBN 978-0-8050-7842-8.
  • (en francés) New York da colección Guide Vert, editor Michelin, 2000.

Outros artigos

Tags:

Historia De Nova York Colonia holandesa : Nova ÁmsterdanHistoria De Nova York Colonia inglesaHistoria De Nova York O gran plan de 1811Historia De Nova York Unión dos cinco boroughs: Gran Nova York (1898)Historia De Nova York NotasHistoria De Nova York Véxase taménHistoria De Nova YorkBolsa de valoresBronxBrooklynDemografíaEstados Unidos de AméricaManhattanNova YorkPobos indíxenas de AméricaQueensStaten Island

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Linguas altaicasA Dictionary of Greek and Roman AntiquitiesPrimeira guerra mundialCastro de BorneiroBeta-oxidaciónKylian MbappéRetrato de TenochtitlanCastro de San Cibrao de LasGarcía Pardiñas Vilar de FrancosFroufe, O IrixoAustraliaBearizApp StoreLingua checaCorrente do GolfoAllarizPosicións sexuaisWalt WhitmanMetabolismoRetrato de Adele Bloch-Bauer IAlbert LuqueVíctor DupláDavid BroncanoBalsa (árbore)Arcade, SoutomaiorDécada de 1170A CoruñaIsabella BirdAtaque de denegación de servizoPaís VascoAmazonHistoria da filosofía occidentalCronoloxía da segunda guerra mundialLámpada incandescenteVoo 140 de China AirlinesPreposicionalDiteaDólar estadounidensePragaSandra ÍnsuaLynx rufusLingua serbiaRoko (actriz)XeoloxíaBilurico comúnIphigénie en Tauride (Gluck)Air AustralCOVID-19Gran Premio de Bahrain de 2018Playoffs NBA 2021Costa da MorteFernando Salgado VarelaCarles PuigdemontGrafenoCervo virxinianoNADPHSantiago de CompostelaDinastía MingNiccolò MachiavelliAcuario (recipiente)PalabraMasturbación coas mamasPortadaEguaCrimeaCisma de OccidenteTangoRolls-Royce TrentSabuguido, Vilariño de ConsoMediana (xeometría)EspañaLanosterolTranscrición xenética🡆 More