Pobo Búlgaro

Os búlgaros, grupo étnico eslavo sur que sobre todo viven na Bulgaria.

Búlgaros eran un nome herdado de pobos de Asia Central hoxe designados co nome de protobúlgaros. Entran na historia na Antigüidade tardía, con outros pobos migratorios, establecéndose entre o Danubio e os montes Haemus, no territorio dun Imperio romano de Oriente xa feble por outras invasións, a finais do século V. Liberados sobre o ano 632, crean daquela a Antiga Gran Bulgaria (Η παλαιά μεγάλη Βουλγαρία en crónicas bizantinas) baixo o khan Kubrat.

Pobo búlgaro
Pobo Búlgaro
Grupo de danza tradicional búlgaro.
Poboación
Poboación total:
7 millóns
Rexións principais:
Bulgaria Bulgaria6 000 000 (2011)
Turquía Turquía351 000–600 000
Grecia Grecia300 000
Ucraína Ucraína204 574–500 000
Alemaña Alemaña226 926
España España133 427–350 000
Estados Unidos de América Estados Unidos99 642–300 000
Moldavia Moldavia (incluído Transnistria)79 520
Pobo Búlgaro Arxentina70 000
Reino Unido Reino Unido65 000–150 000
Aspectos culturais
LinguaLingua búlgara
RelixiónIgrexa ortodoxa
Grupos
relacionados
Outros pobos eslavos sur, especialmente os macedonios.

Os protobúlgaros

Pobo Búlgaro 
A patria antiga dos protobúlgaros nos montes de Imeon (Pamir), segundo o mapa de Asia Central do atlas xeográfico armenio ‘Asxarhacoyc’ (séculos V-VII), reconstruída polo académico S.T. Eremian.

Os protobúlgaros migran das estepas do norte do Cáucaso e do mar de Azov. Propuxéronse moitas teorías sobre as súas orixes: as máis recentes líganos aos pobos que habitaban a Asia Central e de lingua irania, todos cuxos soberanos portaban nomes iranios. Con todo, algúns elementos turcófonos se foron xuntando a ele sen diversas épocas.

Crese que os protobúlgaros estableceron un imperio na beira do mar Caspio no século II. Este disgregouse, ao que parece, en razón do poderío dos kházaros no século VII. Os protobúlgaros dispérsanse entón cara a Europa Central. Así, a partir desta “Gran Bulgaria” das orixes, por ondas migratorias, constituíronse estados búlgaros máis ou menos duradeiros:

  • no alto Volga (chaira do Oka) que durou cinco séculos.
  • na actual Macedonia do Norte, pois unha parte dos protobúlgaros seguiu o khan dos ávaros (en realidade falsos ávaros e próximos aos protobúlgaros, que non deben ser confundidos cos ávaros do Cáucaso falantes do ávaro moderno) na actual chaira húngara.
  • e finalmente, na chaira ao sur do Danubio ondeo seu estado deu en converterse na actual Bulgaria.

Formación da etnia búlgara

Na chaira ao sur do Danubio, onde os protoeslavos deran entrado grazas ás invasións dos ávaros no século VI, os protobúlgaros fundan un primeiro reino no século VII, baixo o reinado do khan Asparukh. Este fai recoñecer a súa autoridade aos protoeslavos, moito máis numerosos, a cambio da súa axuda contra o emperador Constantino IV. Tras a súa vitoria, en 681, Asparukh atópase á cabeza das tribos protoeslavas.

Ao principio a aristocracia guerreira búlgara goberna apoiándose nos xefes (knias) destas última se pon en marcha as estruturas dun poder central do cal se ignora case todo. Con todo, os protobúlgaros do Danubio acaban por se asimilaren aos protoeslavos no plano cultural.

A fusión completa entre os dous elementos étnicos é especialmente froito da conversión deste primeiro reino búlgaro ao cristianismo, no século IX, coa instigación de Boris I (852889).

Así, se Bulgaria e os búlgaros actuais deben o seu nome a este pobo, na lingua búlgara actual, unha lingua eslava, un número relativamente pequeno de palabras provén da lingua dos protobúlgaros.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Shirakatsi, Anania (1992). The Geography of Ananias of Sirak (Asxarhacoyc): The Long and the Short Recensions. Introdución, trad. e comentario por Robert H. Hewsen. Wiesbaden: Reichert Verlag. (ISBN 9783882264852) (en inglés).
  • "Bulgarian language." In: Encyclopaedia Britannica. [1] (en inglés).
  • Wayles Browne Vyacheslav Vsevolodovich Ivanov. "Slavic languages." In: Encyclopaedia Britannica. [2] (en inglés).
  • Rashev, Rasho. 1992. "On the origin of the Proto-Bulgarians." In: Studia protobulgarica et mediaevalia europensia. In honour of Prof. V. Beshevliev. Veliko Tarnovo, pp. 23–33.[3] (en inglés).

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Pobo Búlgaro Os protobúlgarosPobo Búlgaro Formación da etnia búlgaraPobo Búlgaro NotasPobo Búlgaro Véxase taménPobo Búlgaro632Asia CentralBalcánsBulgariaEtniaHistoria dos eslavos do surImperio bizantinoKhanRío DanubioSéculo V

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ana PeleteiroVilalbaGarfieldGabriel García MárquezO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoRosario DúrcalDani PedrosaRelación sexual humanaManuel TurizoXogos Olímpicos de Inverno de 1988Concellos de GaliciaPaulo CarrilFruit NinjaBloque Nacionalista GalegoCSSFragas do EumeA poeta analfabetaLista das canles de YouTube máis subscritasSantiago AbascalLista de xentilicios de concellos galegosAlfabeto galegoNew BauhausCaliforniaCastelo da PicoñaArteixoRoberto Carlos (cantante)Jude BellinghamEnciclopediaGheadaVitoria Uxía de BattenbergAstorgaSeixoCandidatura d'Unitat PopularSuso de Toro163Salvador IllaMatemática aplicadaOs violentos de KellyCastaneaSabela López PatoAustraliaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoEl NiñoMaría CastroNacho VidalLista de voces dos animaisCopa do SarAdolf HitlerJosé Luis Rodríguez ZapateroMúsica tradicional galegaUniversidade de Santiago de CompostelaTorre de HérculesJosé María AznarDardanelosAgustín Fernández PazJesús Vázquez AlmuíñaMoinanteSica RomeroManuel MaríaCruceiroSexo analDereito de autoríaA CoruñaAl-KhwarizmiCórcores, Córcores, AviónLista de castelos de PortugalMaría LadoNelson MandelaIlustración en GaliciaOsiris (deus)Confederación Intersindical GalegaSergio RamosPaul KleeAlicia BorrásJavier GutiérrezAutocraciaM🡆 More