Pobo Apache: Pobo indíxena da zona actual de Arizona (Estados Unidos e Sonora (México)

Os apaches son un pobo indíxena da zona actual de Arizona (Estados Unidos e Sonora (México).

A palabra apache procede do zuni apachu ("inimigo"), mais eles chámanse a si mesmos Ndee ("a xente"). Para comunicarse entre eles empregaban unha serie de linguas atapascanas meridionais, que se clasificaron como o apache das chairas, o apache oriental e o apache occidental.

Pobo apache
Pobo Apache: Pobo indíxena da zona actual de Arizona (Estados Unidos e Sonora (México)
Membros dunha tribo apache.
Poboación
Poboación total:
56 060 (autoidentificados)
Rexións principais:
Arizona, Novo México e Oklahoma (USA)56 060
Aspectos culturais
LinguaChiricahua, jicarilla, apache lipan, apache das pradeiras, mescalero, apache occidental e sinais dos indios das chairas
RelixiónXamanismo, Cristianismo
Grupos
relacionados
Navajo e kiowas

A súa sociedade baseábase na pesca, na caza e na agricultura, convivindo en pequenos grupos familiares, de carácter matriarcal, ao igual que os síux e os cheyenne.

Cando chegaron os españois, os apaches habitaban o suroeste dos Estados Unidos, debido a unha migración anterior de cincocentos anos orixinaria do Canadá. Era unha tribo poderosa e guerreira, en loita continua cos brancos. A rendición da tribo tivo lugar en 1886, cando os chiricahuas foron enviados a Florida e Alabama, onde estiveron baixo confinamento militar.

No ano 1900 vivían uns 17.000 apaches en liberdade. O seu xefe máis coñecido foi Gerónimo (16 de xuño de 182917 de febreiro de 1909), Gokhlayeh na súa lingua, que significa "O Que Bocexa". Xerónimo fora elixido por Taza, fillo doutro xefe indíxena apache, Cochise, que morrera con 62 anos. Outro líder apache relevante foi Mangas Coloradas.

Actualmente o pobo apache vive en reservas de Arizona, Novo México e Oklahoma, nun número aproximado de 6.000 individuos. Un pequeno número de apaches, dúas decenas, subsisten na fronteira norte dos estados mexicanos de Chihuahua, Sonora e Coahuila. Este pequeno grupos de apaches son os coñecidos como os mescaleros.

Pobo Apache: Pobo indíxena da zona actual de Arizona (Estados Unidos e Sonora (México)
Nación Apache.

Notas

Tags:

ArizonaEstados Unidos de AméricaLinguas atapascanasMéxicoPobos indíxenas de AméricaSonora

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

A GuardaPardo de CelaNoelia ReyISBNLista de castelos de PortugalDoce homes sen piedadeIdade MediaIslandiaRicardo Carballo CaleroDominio de primeiro nivelÁnxel CasalSantoalla, Santoalla do Monte, PetínEva CárdenasPratos combinadosRosario Porto OrtegaCarlos MourizGuerra de CoreaUcraínaO incerto señor Don HamletAs crónicas do sochantreXosé Luís Méndez FerrínPremio Espasa de EnsaioDanza e contradanza de DarboHistoria do CairoLTomas K. DeLoreyJXulio CésarAlejandro Mon Landa Landa1994Facultade de Socioloxía da Universidade da CoruñaLareiraCarlos Fernández CastroRauw AlejandroFábrica Nacional de Moneda y TimbreRosalía de CastroAtenasEstatua de Che Guevara en OleirosTaiwánDiálogoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoMariña Pérez ReiMarge SimpsonConverxencia Nacionalista GalegaCroaciaLugoLeonardo da VinciQuecemento globalCapital (economía)Marta DacostaRamón Otero Pedrayo99Xosé BallesterosLobishomeInstituto de Montes do PennMelgaçoSanta Uxía de Asma, ChantadaFran AlonsoFilipe I de CastelaMucha e NuchaAntía OteroCachenaJosé Luis Sanmartín MatoGoogleMuimenta, Carballeda de AviaDiego AnidoRomaXohana TorresContinenteMaría KodamaMoecheJosé CoronadoCalcioRamón Pardo Arias🡆 More