As linguas atapascanas é o nome dun grupo de linguas indíxenas, faladas polas tribos coñecidas como atapascas ou atabascas, localizados en dous grupos principais, un no sur de Norteamérica, e o outro no noroeste do continente; e entón designase así tamén á súa familia lingüística.
A familia atapascana é unha das maiores familias lingüísticas de América do Norte, polo número de idiomas que agrupa e o número dos seus falantes —a familia uto-azteca, que se estende por México ten máis parlantes—. En tamaño de territorio, só as linguas álxicas cobren unha maior área.
Linguas atapascanas | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Dene | |
Falado en: | América do Norte | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Linguas atapascanas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | ath | |
Mapa | ||
Status | ||
A verba atapascano provén do nome cree, aðapaskāw (onde hai plantas unhas tras outras), en referencia ao lago Athabasca, no Canadá. O nome púxollo Albert Gallatin na súa clasificación de 1836 sobre as linguas do norte de América, escribindo explicitamente que fora unha denominación arbitraria.
As 31 linguas atapascanas do norte fálanse no interior de Alasca e o noroeste do Canadá, no Iukón dos Territorios do Noroeste, así como nas provincias canadenses de Columbia Británica, Alberta, Saskatchewan e Manitoba. Varios idiomas atapascanos son idioma oficial nos Territorios do Noroeste, entre elas a lingua chipewyan, o dogrib, o idioma gwich'in e o slave.
As sete linguas atapascanas da costa do Pacífico son faladas no sur de Oregón e o norte de California. Illadas das linguas da costa e das do norte, as seis linguas do sur, incluíndo aos diferentes grupos apache e navaho, son faladas no suroeste americano e na parte noroeste de México.
O eyak e as linguas atapascanas forman unha agrupación xenética chamada atapascano-eyak. A lingua tlingit está algo relacionada con este grupo, formando a agrupación de linguas na-dené (tamén coñecidas como atapascano-eyak-tlingit).
A familia de linguas atapascanas ten tres principais agrupamentos xeográficos: o Norte, a Costa do Pacífico, e o Sur. Discútese se as linguas da Costa do Pacífico forman realmente unha agrupación xenética válida. O grupo setentrional é particularmente problemático, moito máis que o sur, onde as linguas son moitos máis homoxéneas. Non están definidos ben os subgrupos, agás as do Sur, polo que o modelo de clasificación pode ser incorrecto.
A continuación móstrase un esbozo de clasificación de Keren Rice de 1999.
As ramas 1 e 7 son o grupo do Norte. Kwalhioqua-Tlatskanai considerouse parte da Costa do Pacífico, pero unha recente revisión por parte de Krauss non a atopa próxima a esas linguas.
Unha clasificación diferente, formulada por Jeff Leer, é a seguinte (Tuttle & Hargus 2004:72-74):
Debaixo segue unha lista coas linguas atapascanas e a súa localización xeográfica.
Unha reconstrución recente do proto-atabascano consta de 40 consoantes (Cook 1981; Krauss & Golla 1981; Krauss & Leer 1981; Cook & Rice 1989), segundo se detalla a continuación:
Fricativas ou constritivas | |||||||||||||
Bilabial | Alveolar | Palatal | Velar | Uvular | Glotal | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Central | Lateral | plana | Labial | plana | Labial | ||||||||
Oclusiva | Non aspirada | t | k | q | qʷ | ||||||||
Aspirada | tʰ | kʰ | qʰ | qʷʰ | |||||||||
Exectiva | t’ | k’ | q’ | q’ʷ | ʔ | ||||||||
Africada | Non aspirada | ʦ | tɬ | ʧ | ʧʷ | ||||||||
Aspirada | ʦʰ | tɬʰ | ʧʰ | ʧʷʰ | |||||||||
Exectiva | ʦ’ | tɬ’ | ʧ’ | ʧ’ʷ | |||||||||
Fricativa | Consoante xorda | s | ɬ | ʃ | ʃʷ | x | χ | χʷ | h | ||||
Consoante sonora | z | ɮ | ʒ | ʒʷ | ɣ | ʁ | ʁʷ | ||||||
Sonorantes | |||||||||||||
Nasal | m | n | ɲ | ||||||||||
Aproximante | j | w | |||||||||||
Vogal | |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Linguas atapascanas, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.